"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
PERSOEIRO
Bispo e teólogo, discípulo e sucesor de Eusebio de Cesárea (340-366). Defendeu un arrianismo extremo polo que foi deposto (343). Propuxo a fórmula homoiúsios (‘o fillo é só semellante ao Pai’) aceptada nos sínodos de Seleucia (359) e Constantinopla (360). O Emperador Xoviano obrigouno a asinar o Credo de Nicea (363), pero achegado novamente ao arrianismo puro foi deposto por segunda vez (365). Escribiu comentarios ao Eclesiastés e a outros libros bíblicos, dos que só se conservan fragmentos. Un grupo de teólogos seguidores seus denomináronse acacianos durante algún tempo (357-361).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca de Constantinopla (471-489) que promoveu o cisma acaciano na Igrexa de Oriente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada o 23 de marzo de 1967 por iniciativa do decano do Colexio de Avogados da Coruña, Manuel Iglesias Corral, e de varios membros da xunta de goberno do mesmo. Entre os primeiros académicos que a formaron cómpre sinalar a Paulino Pedret Casado, Pío Cabanillas Gallas, Carlos Martínez Barbeito, Isidoro Millán Mariño e Antonio Rosón Pérez. Estrutúrase en cinco seccións: Dereito Administrativo, Urbanístico e Agrario; Dereito Civil Mercantil e Canónico; Dereito Fiscal e Laboral; Dereito Penal e Procesal e Dereito Foral Galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización fundada no ano 1960 en París. Depende da Federación Internacional de Astronáutica e está encargada de organizar as actividades científicas da Federación e da publicación da Acta Astronáutica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
National Academy of Sciences.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Academia Nacional de Medicina.
-
-
Relativo ou pertencente á cidade de Accium ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da cidade de Accium.
-
Xogos celebrados en Accium na honra de Apolo. Octavio ordenou que se celebrasen con maior solemnidade co gallo de conmemorar o éxito da batalla de Accium (31 a C).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento político catalanista creado no ano 1922 con elementos da Joventut Nacionalista da Lliga Regionalista, da Unió Federal Nacionalista Republicana e intelectuais independentes disconformes coa actuación da Lliga Regionalista, que cualificaban de pouco nacionalista. No verán de 1923 pactou cos nacionalistas vascos e galegos a Triple Alianza. Caída a Ditadura de Primo de Rivera, participou no pacto de San Sebastián (1930). En marzo de 1931, ao fusionarse con Acció Republicana de Catalunya, converteuse en Acció Catalana Republicana. Ao se proclamar a Segunda República Española (1931), un dos seus líderes, Lluís Nicolau d’Olwer, foi nomeado Ministro de Economía do Goberno Provisional presidido por Niceto Alcalá-Zamora, participando Acció Catalana na redacción do Estatuto de Autonomía de Catalunya. Acadou representación nas Cortes Españolas e foi integrante da Fronte Popular nas eleccións do 1936; durante a Guerra Civil Española...
-
PERSOEIRO
Poeta dramático latino. É autor de traxedias inspiradas en orixinais gregos, das que se conservan corenta e cinco títulos e varios fragmentos. Destacou tamén na redacción das fabula praetexta, obras de carácter exclusivamente romano.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Efecto producido pola actividade dunha cousa sobre outra.
-
O que alguén fai.
-
Dinamismo, actividade continua que se produce ao realizar algo.
-
Posibilidade, liberdade para actuar.
-
-
Movemento do corpo que manifesta un estado de ánimo, unha intención.
-
As actitudes e os xestos que acompañan a palabra dun orador ou actor cando está desenvolvendo o seu rol.
-
-
Acto de outorgar o obxecto do documento segundo o desexo do peticionario.
-
Feito de armas; especialmente, combate entre forzas pouco numerosas. O termo aplícase a operacións militares de magnitude intermedia entre un combate e unha batalla. Pode ser ofensiva, cando leva a iniciativa no ataque, defensiva, cando se agarda a acometida do inimigo, ou retardadora, cando o que se intenta é evitala ou, cando menos, retardala.
-
Capacidade que teñen os vexetais para reter os tratamentos antiparasitarios.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista relixiosa aparecida o 15 de abril de 1928 que cesou, o 31 de maio de 1930, no número 48. Foi subtitulada “Órgano de la Juventud Católica”. Fundada por Xosé Sesto López e dirixida por Xosé Muíños González, introducíronse nela artigos en galego de Losada Diéguez, poemas en galego de Xosé Mª Cabada, Casimiro Cubela e M. García García. Xunto a estes, textos en castelán de Antonio Rey Soto, Xoán B. Andrade, Xacobe Rey Porto e Xerardo Álvarez Limeses, entre outros. Ademais da creación literaria contiña información xeral da igrexa e opinións dende unha óptica conservadora.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en maio de 1966 e subtitulada “Órgano de las Juventudes Comunistas de Galicia”. Atendía as reivindicacións máis importantes da xuventude en toda Galicia nos últimos anos da ditadura.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario agrarista aparecido en Caldas de Reis o 15 de agosto de 1917 como “Órgano de la Federación del partido judicial de Caldas de Reis”. Nel introdúcense comentarios anticaciquís de interese para as 16 sociedades agrarias federadas e publicidade sobre cultivos, maquinaria agrícola, feiras e mercados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación quincenal aparecida en outubro de 1920 na vila de Ortigueira, e que cesou en 1926. De tendencia católica-agraria, foi dirixida por Vázquez Gundín e continuou o labor emprendido polo Boletín de los Sindicatos Católico-Agrarios de Ortigueira (1919). Terá constantes enfrontamentos con La Voz de Ortigueira por diferencias ideolóxicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación política católica, fundada en Madrid en xuño do 1900. No 1891 produciuse un cambio fundamental no catolicismo europeo coa publicación da encíclica Rerum Novarum, na que León XIII establece as bases para unha maior penetración social das agrupacións de carácter confesional, diante da preocupación vaticana pola inexistencia dun partido católico que defendera os seus intereses alí onde a nova organización do estado liberal reducía a tradicional influencia da Igrexa. Neste contexto nace Acción Católica (AC) que, ao igual que moitas outras agrupacións confesionais da época, participa da nova organización institucional e administrativa liberal. Acción Católica mantivo os seus principios sabendo acomodalos á dinámica social de cada momento; así, na época de Pío XI, que loitou polo seu desenvolvemento, definiuse como un movemento de encadramento do laico dentro da tarefa apostólica da Igrexa, respaldando o interese da xerarquía eclesiástica por manter organizacións...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación relixiosa da Arquidiócese de Santiago de Compostela aparecida nesa cidade en 1941.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación relixiosa aparecida en Santiago a principios do s XX, subtitulada “Revista quincenal de ciencias, literatura y propaganda religiosa” que foi dirixida polo sacerdote e xornalista Francisco Suárez Salgado, editou 18 números. Colaboraron nela Barcia Caballero e o propio director. No número 17 inclúese un poema de Aurelio Ribalta titulado “Consagración”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política de carácter conservador e católico, constituída oficialmente en Ourense o 8 de novembro do 1931, nunha xuntanza celebrada no Círculo Católico da cidade por iniciativa de destacados membros da burguesía local (comerciantes, propietarios, militares retirados, etc). Tiña como obxectivo o agrupamento do movemento conservador provincial baixo unhas únicas siglas, introducíndose no recén estreado xogo democrático da Segunda República como partido eminentemente católico, social e agrario, unificador de todas as clases sociais, sen restricións económicas ou laborais. Foi o primeiro grupo de significación dereitista aparecido en Ourense, e non tivo intención de estenderse polas demais circunscricións galegas. No seu programa político defendeu a liberdade de ensino e a pervivencia do sistema bicameral, empregando o Senado como a Cámara gobernativa representativa da vella organización política, protagonista política antes da proclamación da República. Sen dúbida, o obxectivo...