"Cere" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 99.

  • GALICIA

    Parroquia do concello de Pobra do brollón, a. baixo a advocación de San pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Becerreá baixo a advocación de san Xosé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Quiroga baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • lumbrigante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou río da Briña Río afluente do Miño pola dereita. Nace na vertente oriental da serra da Groba, no límite entre as parroquias de Pinzás e Barrantes, do concello de Tomiño. O seu curso adopta en principio unha dirección O-L, coa que drena as parroquias de Tebra e Vilameán. No límite entre esta última e a de San Salvador de Tebra vira cara ao S e prosegue polos límites das parroquias de Taborda, Tomiño, Amorín e Forcadela; desemboca entre as dúas últimas, preto do lugar da Aldea (Forcada), logo dun percorrido duns 10 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de san Xurxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vimianzo baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu o concello da Estrada dende a súa constitución en 1836 ata o 8 de febreiro de 1841, data na que adoptou a denominación actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nun topónimo ou nun alcume. O étimo ao que remite é o latín vulgar cerĕsĭu, derivado do latín clásico cerăsĭu ‘cerdeira’. O alcume é o latín de tipo caracterizador e aplicóuselle a individuos que sobresaían pola cor rubia do seu cabelo ou por ter a cara redonda e con fazulas coloradas. Documéntase no s XV: “Johan Cereyjo” (doc ano 1454 en X. Ferro Couselo, A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol II, 1967, p 63). No s XVII tamén se documentaba en feminino, feito que demostra que, nalgúns casos, a súa orixe está nun alcume: “Maria Cereija” (doc ano 1609 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 545).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no concello de Vimianzo. É un edificio de planta en L cunha fachada enmarcada entre dúas torres ameadas. Construído a comezos do s XVI, conserva os brasóns dos Moscoso, Caamaño, Grisamonde, Montenegro e Carantoña; na fachada principal figura o escudo de armas dos Maceda e Taboada. Rehabilitado en 1987, é unha vivenda particular. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría que se celebra o 23 de abril na parroquia de Cereixo, no concello da Estrada. A sona de milagreiro de san Xurxo converteuno en protector do gando e propiciou a venda de varas benditas, empregadas tradicionalmente para intentar sandar os animais domésticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica situada en Vimianzo, construída na segunda metade do s XII. Consta dunha soa nave e ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón. O arco triunfal, decorado con distintas molduras, descansa sobre dous pares de columnas con capiteis vexetais de clara vinculación co foco románico compostelán. No exterior da nave e da ábsida consérvanse un gran número de canzorros con figuras humanas e de animais. No tímpano da porta sur hai un relevo no que se representa a translatio do corpo do apóstolo Santiago a Galicia. É unha imaxe pouco frecuente no románico galego, xa que só se repite nunha moeda da época de Fernando II atopada no Grove.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura de cousas desordenadas e revoltas.

    2. Cousa que se realiza sen ningún coidado.

    3. Situación ou asunto confuso que ten difícil solución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea ou de roupa vella gastado e roto.

    2. Porción de neve que cae.

    3. Excremento humano sólido e con forma cilíndrica.

    4. Trenza que se fai con moi poucos cabelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico ruso. Discípulo de S. I. Vavilov, en 1934 descubriu e estudiou exhaustivamente o efecto que leva o seu nome, a radiación de Čerenkov. Por este motivo recibiu, xuntamente con I. E. Tamm e I. M. Frank, o Premio Nobel de Física de 1958. No 1946 xa recibira, cos mesmos investigadores, o Premio Stalin polos seus traballos de radiación electrónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luz irradiada por unha partícula cargada que se despraza a través dun medio non condutor a unha velocidade superior á que tería a luz dentro do mesmo medio. Este efecto, observado por Pavel Čerenkov no ano 1934, foi interpretado por I. E. Tamm e I. M. Frank en 1937. A radiación de Čerenkov é especialmente visible nas piscinas de auga dalgúns reactores nucleares con coloración branca-azulada. Ten aplicación na detección de partículas de alta enerxía, como no contador de Čerenkov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Coristanco baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO