"Chan" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 202.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘vaxina’.
-
-
-
Calzado de coiro, con piso de madeira, que chega ata o nocello e que se ata con amallós.
-
Calquera tipo de calzado coa sola de madeira.
-
-
Calquera tipo de calzado vello e moi gastado.
-
-
Calzado de gran tamaño.
-
Pé grande. OBS: Emprégase xeralmente en plural.
-
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paso de gran lonxitude.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura precolombina de Perú que se desenvolveu nos vales de Chancay, Ancón e Rimac, na rexión costeira do Perú, entre o ano 1300 e o 1400. Produciu unha cerámica de formas sinxelas con debuxos xeométricos negros sobre fondo branco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Burlarse de alguén con chanzas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreo extenso e sen desniveis.
-
PUNTA
Punta que constitúe o extremo NO da illa Sisarga Grande, no litoral do concello de Malpica de Bergantiños.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado en Santa Baia de Lueiro (Negreira). Ten planta en forma de L con dúas alturas nun dos seus lados e cunha soa noutro. Conserva unha torre ameada. Na parte posterior da á longa construíuse un novo corpo onde se situou a cociña. O conxunto está rodeado dunha muralla de pedra. O arco de acceso ao patio conserva os brasóns dos vizcondes de San Alberto, donos da casa. No xardín consérvanse dous hórreos e un pombal circular.
-
PRAIAS
Praia da beira setentrional da ría de Pontevedra, no litoral da parroquia de Combarro (concello de Poio), situada ao O da punta Vixía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Alto funcionario ou ministro responsable, antigamente, do selo, do arquivo ou da correspondencia real ou papal. Os seus antecedentes sitúanse na burocracia imperial romana, na que o cargo de cancellarii intra cancellos se identificaba coa función de secretario e conselleiro da administración de xustiza. No Baixo Imperio designou os funcionarios que desempeñaban tamén as secretarías da administración de xustiza. Posteriormente, na organización estatal carolinxia, era un cargo onde se situaban os principais colaboradores do emperador, e que exercían os eclesiásticos da corte. En Castela, o chanceler ou canciller mayor era un dos oficiais maiores da corte, xefe da chancelería real e quen tiña ademais a misión de ordenar o envío de documentos e gardar o selo secreto do monarca, co que ratificaba a súa correspondencia. Afonso VII estableceu a chancelería en Castela e confioulle o cargo a Diego de Xelmírez, arcebispo de Santiago. Trala morte do rei e coa separación dos reinos...
-
Título que recibe o ministro de Asuntos Exteriores nalgúns países sudamericanos.
-
chanceler do Exchequer [ingl: Chancellor of the Exchequer]
Ministro de Finanzas do Reino Unido. O cargo apareceu no s XIII e adquiriu importancia co paso dos anos. Posteriormente, foi perdendo as anteriores atribucións xudiciais e no s XVIII chegou a ocuparse da facenda nacional.
-
chanceler do selo da puridade
Oficial encargado do selo particular do rei. Ocupábase do selado das cartas que pasaban polo monarca. O oficio desapareceu en 1496, cando este selo pasou ás secretarías do despacho e da cámara.
-
chanceler maior
Secretario que gardaba o selo real e que se ocupaba de poñelo nos documentos, ou ben delegaba nos seus tenentes.
-
gran chanceler das Indias
Funcionario encargado de expedir e referendar os privilexios, mercés e títulos para as posesións de Indias. Tiña ao seu cargo os selos reais para autorizar as cartas e provisións das Indias. O chanceler presidía o Consello cando faltaba o presidente ou o gobernador. Foi un cargo de escasa duración que Carlos V refundiu no Consello de Indias.
-
lord chanceler [ingl: Lord Chancellor]
Membro do gabinete británico que ten o cargo de voceiro da Cámara dos Lores.
-
-
Funcionario da curia diocesana, encargado de redactar e conservar as actas.
-
Funcionario que, nunha misión diplomática (embaixada, legación, consulado), desempeña o cargo máis importante despois do xefe da misión. Xeralmente, o cargo ocúpao o conselleiro nas embaixadas ou o primeiro secretario nas legacións e consulados importantes.
-
...
-
-
-
Cargo ou oficio de chanceler.
-
Oficina encargada de expedir ou copiar documentos reais, de dignatarios nobres ou eclesiásticos e dirixida por un chanceler. A chancelería organizouse por vez primeira no Imperio Romano, durante o mandato de Claudio (41 d C-54 d C). Dirixida por libertos, dividíase en catro despachos ou oficinas segundo os asuntos a tratar. Este modelo modificouno o Emperador Adriano, que empregou equites en lugar de libertos. Documentada a súa presenza na curia papal dende o s V, no s IV converteuse no órgano esencial de goberno. Os monarcas carolinxios reconstruíron as chancelerías segundo o modelo romano, pasaron a organización estatal a mans dos membros eclesiásticos da corte. Constituídas por notarios e escribáns, ocupábanse da elaboración de actas da autoridade pública e da recepción e envío de documentos. A chancelería pontificia que organizou Urbano II no s XI serviu de modelo ás novas chancelerías que apareceron nos estados europeos, agás no caso da francesa, organizada por Filipe Augusto...
-
Centro diplomático desde onde se dirixe a política exterior dun estado.
-
Oficina ou tribunal da curia romana, encargado de expedir as letras apostólicas e as bulas, e da custodia do selo de chumbo e do anel do Pescador. Foi modificada varias veces ata que Pío X a reorganizou coa constitución Sapienti Consilio (1908), e posteriormente coa constitución apostólica Regimini Ecclesiae Universae (1967) e co motu propio Quo aptius (1973).
-
Tipo de escritura empregado por unha chancelería. Caracterízase polo uso de formas ornamentais, que lle dan distinción e elegancia, e o desexo de perdurar, afastado da evolución normal das escrituras coetáneas. Destacou a escritura reservada á chancelería imperial romana nos ss IV e V, derivada da cursiva común clásica, coñecida co nome de litterae caelestes, longariae ou syrmatae. No 367 prohibiuse o seu uso nas chancelerías provinciais do Imperio, que adoptaron entón a cursiva común nova, pero alongada, para obter un aspecto decorativo similar ao das litterae caelestes imperiais. Das chancelerías do Baixo Imperio pasou ás dos reinos xermánicos, cunha considerable degradación das formas. Os soberanos carolinxios continuaron usando a escritura da chancelería merovinxia para a primeira liña dos seus diplomas ata finais do s X.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio situado en Berlín, construído polos arquitectos Alex Schlutes e Charlotte Frank. Símbolo da Alemaña reunificada, inaugurouse en abril de 2001. No seu patio de entrada está situada a escultura Berlín, de Eduardo Chillida, inaugurada polo chanceler Gerhard Schröder o 25 de outubro de 2000.
-
PERSOEIRO
Escritor e animador teatral. Logo de colaborar con Jacques Copeau, Charles Dullin e Louis Jouvet, formou unha compañía non profesional coa que investigou a improvisación, a dramatización e o xogo dramático, procedementos que utilizou nas súas propostas de creación de grupos de teatro para a infancia e a mocidade. Foi un dos promotores da regularización da docencia da Expresión Dramática, mesmo publicou en 1936 un libro pioneiro no ámbito do teatro e da educación: Jeux dramatiques dans l’éducation. Introdution a une mêthode (Xogos dramáticos na educación. Introdución a un método).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de chanchar.
-
Porción de alimento que se pode arrincar dunha soa vez cos dentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coller con forza algo entre os dentes.
-
-
Cada un dos paos laterais do xugo entre os que vai metido o pescozo dos animais de tiro.
-
Pao que se emprega, na matanza, para pendurar o porco polas patas de atrás co fin de que arrefríe e airee antes de partilo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano colexiado supremo da administración de xustiza no Reino de Castela, creado por Enrique II en 1371 co nome de Audiencia. Xoán I de Castela, no 1387, dotouna de oito xuíces letrados ou oidores, dous prelados e os chanceleres de graza e xustiza. A chancelería foi itinerante ata mediados do s XV, cando se estableceu en Valladolid. Os Reis Católicos crearon unha nova chancelería en Ciudad Real, que en 1505 trasladaron a Granada. As novas chancelerías estaban compostas por 16 xuíces do civil ou oidores e tres alcaldes do criminal. Presididas por un gobernador ou rexente, agrupábanse en catro salas do civil, unha do criminal e outra dos fidalgos. As sentencias podían recorrerse en casos de moita gravidade ao Consello de Castela. Perdurou ata a constitución da audiencia borbónica ao longo do s XVIII.
-
-
Calzado co talón descuberto ou dobrado que se suxeita ao pé pola parte dianteira, usado, sobre todo, no interior da casa.
-
Calzado que deixa case todo o pé ao descuberto e suxéitase ás dedas grazas a unhas tiras de pel ou plástico, usado sobre todo en praias e piscinas.
-
Calzado de goma co que se cobren as zapatillas ou os zapatos para illalos da auga.
-
chanca.
-