"Cis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1012.

  • PERSOEIRO

    Poeta. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do Círculo de Escritores e Poetas Iberoamericanos de Nova York, cidade na que residiu traballando como correspondente. É autor dunha considerable obra poética que en galego conta cos títulos Lexanías (1980), Maruxía (1989), co que foi finalista do II Certame da Casa Cultural Dominicana de Nova York en 1987, e Máis aló de Fisterre (1991), Alén da fronteira (1999), Para abril e amantes (2003) e Un neno na emigración (2014). En castelán publicou os poemarios Poemas del verbo amar (1981), Soliloquios del silencio (1982), Para el amor pido la palabra (1987), Circunferencia de la palabra (1989), Sombra de luna (1990), Desde la otra orilla (1994), Entre dos aguas (1995), Nueva York en nueve...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escultor e retablista que traballa na diócese de Tui no século XVIII. Destaca a súa proposta do altar relicario da Capela de San Telmo (Tui).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Ingresou en 1976 en Reforma Democrática e Alianza Popular. Foi senador por Asturias (1982) e deputado tamén por Asturias dende 1986. Trala celebración do VIII Congreso Nacional de AP, foi membro do Cómite Executivo Nacional. No IX Congreso Nacional do PP, foi elixido secretario xeral, cargo no que foi confirmado nos congresos de Sevilla (1990) e Madrid (1993 e 1996). Dende o 5 de maio de 1996 foi Vicepresidente Primeiro do Goberno e Ministro da Presidencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de regularidade na métrica dos versos dun poema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito de producir novos xuros aos xa vencidos, é dicir, xuros dos xuros. Prohibido na lexislación canónica e romana, non foi admitido ata o código de Napoleón. Asumido con restricións nas modernas lexislacións, na española admítese cando se reclaman de xeito xudicial ou se está así pactado no contrato. Está prohibido entre os comerciantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plantas que teñen froitos espiñentos, propios para a diseminación epizoócora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de andaluz.

    2. Idiotismo peculiar na fala dos andaluces.

    3. Palabra ou modismo lingüístico propio do andaluz introducido nunha lingua peninsular, especialmente no castelán, por exemplo juerga.

    4. Movemento político que reivindica algunha forma de autogoberno para Andalucía. Xurdiu de elementos da pequena burguesía federal, intelectuais e profesionais opostos á gran burguesía oligárquica e centralista andaluza. Xa en 1883 a Asemblea de Antequera aprobou un proxecto de Constitución para Andalucía. Blas Infante publicou El ideal andaluz (1915), decantado cara á esquerda. No ano 1918, o Congreso de Ronda fixou a bandeira, o himno e o escudo de Andalucía e, no 1930, o Infante creou a Xunta Liberalista, que se esforzou inutilmente por tratar de sacar adiante un Estatuto de Autonomía. En 1973 naceu a Alianza Socialista de Andalucía, que daría lugar ao Partido Socialista de Andalucía. O andalucismo foi asumido polos diferentes partidos do ámbito político andaluz dende o 1977 e, en 1981, foi aprobado o Estatuto de Autonomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e cronista maior do Reino portugués. Entre as súas obras históricas sobresae a Crònica do muito alto D. João III (1613); como poeta, é autor do poema épico Primeiro cerco de Diu (1589).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e dourador. Entre as súas obras máis salientables cómpre destacar a súa intervención no retablo de San Sebastián na Capela de San Roque de Santiago (1678), a pintura e dourado do retablo das Reliquias do convento de Vilanova de Lourenzá (1679), o retablo da desaparecida capela de San Roque en Pontedeume (1684) e o antigo altar da capela dos Remedios de Mondoñedo (1700), que pintou xunto con Alonso Canedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador aragonés autor, xunto con Diego José de Dormer, de Progresos de la Historia en el reino de Aragón y elogios de Jerónimo Zurita, su primer cronista (1680), única obra sobre Zurita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vocábulo inglés ou o seu calco semántico incorporado noutra lingua. O alto nivel demográfico de anglofalantes, a expansión comercial, política e científica do mundo anglosaxón, a profusión dos deportes de raíces anglosaxoas, determinaron a introdución de numerosos anglicismos nas principais linguas da cultura occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e xornalista. Membro do grupo coñecido como Os Precursores. Figura destacada do Rexurdimento cultural galego do s XIX, deixou unha obra moi popular. Cursou estudios no Seminario de Santiago e posteriormente licenciouse en Xurisprudencia na Universidade Compostelá. O final tráxico do Alzamento Provincialista do 1846, no que toma parte, obrígano a marchar a Lisboa. Na capital lusa compón o poema titulado Hymno dos povos, o que lle vale a expulsión de Portugal. Viaxou por Francia e Italia, transcorrendo a maior parte da súa vida fóra de Galicia, afastamento que fai da súa terra un tema recorrente na súa produción en galego. Co seu poema “A Galicia”, composición exaltadora da identidade nacional galega, acada un accésit nos Xogos Florais da Coruña do 1861, sendo logo publicado en El Álbum de la Caridad, volume compilatorio de todos os poemas premiados. Coa súa composición “Recordos da infancia” forma parte do grupo escollido de voces presentes no Mosaico de vates...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entallador e escultor barroco coñecido pola súa obra como retablista. Foi mestre titular das obras da Catedral de Santiago de Compostela (1639-1664). Na súa etapa de formación pódense identificar as seguintes obras: o retablo da capela de San Xacinto no Convento de San Domingos de Bonaval (1618); o trazado do cadeirado do coro baixo do mosteiro de San Paio de Antealtares, así como os entalles, que realizou xunto con Bertomeu Delgado (1619); o retablo para a capela maior da Igrexa de Santa María a Grande, en Pontevedra, -substituído posteriormente por un retablo gótico de Maximino Magariños-; e dous retablos colaterais na Igrexa da Nosa Señora de Fisterra (1640). A súa formación clasicista faise efectiva na actividade que desenvolve na Catedral de Santiago de Compostela, tanto no retablo da capela da Purísima Concepción (1637) como na decoración da capela maior ou no tabernáculo, traballos realizados baixo a dirección de Vega Verdugo. Tamén é o autor de varias obras menores para a Catedral...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina ou movemento que se opón ao fascismo.

    2. Heteroxéneo movemento político que xurdiu en Europa contra 1933-1934 para facer fronte á extensión do fascismo, que acadou forte pulo a partir do acceso ao poder de Benito Mussolini en Italia (1922) e, sobre todo, de Adolf Hitler en Alemaña (1933). Foi evidente a paternidade comunista do artellamento dun proxecto antifascista a nivel global, derivada en boa medida dunha nova política exterior da URSS, o que ocasionou suspicacias á hora de pretender amalgamar a todos os contrarios ao fascismo. Con todo, socialistas e republicanos de esquerda, demócratas e progresistas en xeral, defenderon a necesidade de artellar un amplo movemento social en contra do fascismo, contando nesta tarefa con moi variados apoios, fundamentalmente entre a intelectualidade, como foron os casos de Francia e España. Deste xeito, na década de 1930, na maioría dos países da Europa Occidental, grupos políticos do amplo espectro da esquerda reuníronse en Frontes Populares co obxectivo de frear o perigo fascista,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao antifascismo.

    2. O que é partidario do antifascismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen está en contra do racismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de apolítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altar da paz de Augusto que foi mandado construír polo Senado romano para conmemorar a paz instaurada por Octavio Augusto logo da Batalla de Accium. Erixido no campo de Marte (Roma), entre os anos 13 e 9 a C, foi reconstruído preto da súa localización orixinal. Está concibido como un espazo de planta case cadrada (10,50 m por 11,50 m), a ceo aberto, que rodea unha ara situada no centro. As paredes, tanto a exterior como a interior, teñen relevos nos que se realiza unha auténtica glorificación da familia de Augusto e da sociedade romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominico. Foi lector de Filosofía (1601) e ensinante de Teoloxía en San Pablo de Burgos e Alcalá de Henares, e catedrático de Teoloxía na Universidade de Salamanca. Toda a súa obra xira arredor da súa dedicación á Teoloxía e recolle títulos como: Comentarios a la Suma Teológica del Doctor Angélico (1636), Variae et selectae decisiones morales ad statum ecclesiasticum et civilem partinens (1664), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico cirurxián. É autor de De recta vulnerum curandorum ratione (Anveres, 1574), que foi traducida ao alemán, ao inglés e ao holandés. A súa vixencia chega ata as edicións do s XVIII (1717).

    VER O DETALLE DO TERMO