"Dión" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 96.

  • Divindade grega de orixe frixia ou tracia. É o deus do viño, da viña e do delirio místico. Fillo de Zeus e Semele, pertence á segunda xeración dos olímpicos. Embarazada de seis meses, Semele pediulle a Zeus que lle mostrase o seu poder, pero, ao non poder aguantar a visión dos relampos que rodeaban o deus, caeu fulminada. Zeus, entón, extraeulle o neno do ventre e coseuno na súa propia coxa ata que cumpriu os nove meses de xestación; por esta razón, recibiu o alcume de δι ϴ ύραμβος ‘nado dúas veces’. Durante a súa infancia criárono os reis de Orcómeno, Atamante e Ino, ata que Hera, celosa dos amores adúlteros de Zeus, volveunos tolos. Despois Zeus levouno a Nisa, onde, metamorfoseado en cabrito, foi custodiado polas ninfas. Xa adulto, descubriu a vide e a súa utilidade, pero Hera enloqueceuno. En Frixia, a deusa Cibeles purificouno e iniciouno nos ritos do seu culto. En Tracia protexeuno a nereida Tetis da constante persecución do Rei Licurgo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado aos pés da Acrópole de Atenas, formou parte dun santuario dedicado a Dióniso Eleutéreo, do que se conservan restos de dous templos. A primitiva construción tiña as bancadas de madeira pero reconstruíuse en pedra no s IV a C e reformouse en tempos de Nerón. A cávea tiña capacidade entre 14.000 e 17.000 espectadores. Consérvanse as bases das estatuas que decoraban a cávea e o inicio da escena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre situada en San Tirso de Cornado (Touro). Construído no s XVIII, ten planta rectangular e construcións adxectivas. Dedícase á explotación agrícola. No exterior, destacan os muros encalados e a galería que serve de protección ao balcón da planta superior. Na portada que se abre ao xardín destaca un escudo circular cos brasóns das familias Torres e Aguiar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manual de preceptos ou ensinanzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Adoptou o nome de Dionisio Fierros, apelido de seu pai. En 1841 comezou de aprendiz de xastre no obradoiro do seu tío e despois traballou como mordomo ao servizo do marqúes de San Adrián, don José de Mangallón, onde comezou a súa andaina pictórica ao dedicarse a copiar a colección do marqués. Este introduciuno en 1842 no obradoiro de José de Madrazo. En 1844 ingresou no taller de Federico de Madrazo e completou a súa formación coa asistencia á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e ao Museo del Prado. En 1855 trasladouse a Santiago de Compostela, onde comezou a pintar cadros costumistas. Foi o primeiro pintor que recreou nun lenzo as escenas populares. Durante os tres anos que pasou en Santiago realizou obras de xénero, como Una romería en los alrededores de Santiago e De ruada, que presentou na Exposición Agrícola e Industrial de Santiago (1858), na que obtivo unha medalla, e na Exposición Nacional de 1860, na que obtivo a medalla de primeira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dionisio Fernández Álvarez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia anarcosindicalista aparecida na Capela en 1977. Subtitulouse “Portavoz da CNT da Capela”. Trátase dun boletín interno da federación comarcal da CNT que entre 1973 e 1977 realizou o seu labor social e político na clandestinidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e crítico literario. Exerceu a docencia e colaborou en Faro de Vigo, Vida Gallega, Revista de Occidente e Nordés. Da súa produción destaca Una estirpe de escritores colombianos: los Caro (1943) e Páginas abandonadas de Gustavo Adolfo Bécquer (1948). Membro da Real Academia Galega, obtivo o Premio Pérez Lugín en 1943 por Galicia a través de sús poetas, en 1945 obtivo o I premio nos Xogos Florais de Santiago de Compostela pola súa composición Fachada del Obradoiro e en 1951 o I premio nun certame internacional celebrado en La Habana en honor de Curros Enríquez por Seda en el cardo (Vida y obra de Curros Enríquez).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ajmag de Mongolia (165.400 km2; 46.200 h [estim 1998]). A capital é Dalan-Dzadagad (10.000 h [1979]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Asia Menor á beira do río Sangarios, a uns 80 km de Ancara. Foi a capital do Reino de Frixia ata que os cimerios a incendiaron no s VIII a C. Reconstruída polos aqueménidas (547 a C), foi destruída de novo polos gálatas (189 a C). Alexandre o Grande visitouna en 333 a C e, logo de desfacer o nó gordiano, afrontou o oráculo que prometía, para quen o desfixese, o dominio de Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Democrática Popular de Corea (18.970 km2; 2.547.000 h [estim 1987]). A capital é Hamhŭng.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Países Baixos (3.446 km2; 3.397.744 h [2000]). A súa capital é A Haia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Democrática Popular de Corea (8.002 km2; 1.914.000 h [1987]). A súa capital é Haeju (229.172 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Kazakstán (117.300 Km2; 1.976.689 h [1999]). A capital é Symkent (360.100 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República de Corea (10.512 km2; 2.970.929 h [2000]). A súa capital é Masan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritora. Foi profesora de Comunicación audiovisual na facultade de Ciencias de Información de Barcelona, decana da facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela e catedrática de Comunicación audiovisual e Publicidade da mesma universidade Exiliada en Portugal (1974-1976), exerceu como lectora de lingua galega na facultade de Letras de Porto. Foi redactora de El Ideal Gallego (1977-1980) e de El Noticiero Universal e dirixiu o semanal A Nosa Terra (1977-1980). Impulsou a creación das revistas Escrita, da AELG, Festa da palabra silenciada e A Trabe de Ouro. É autora dos libros de poesía Parolar cun eu, cun intre, cun inseuto (1970) e O corvo érguese cedo (1973), das obras de narrativa Mamá-fe (1983), Trasalba ou Violeta e o militar morto (1985), Porta blindada (1989), Línguas mortas, serial radiofónico (1989) e Historias como Barcelona...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes teleósteos da familia dos móridos. En Galicia está presente a especie L. aeques, que ten unha barbela no queixo e unha longa aleta dorsal (co primeiro radio moi alongado), o corpo de cor parda e as aletas escuras. Vive illado ou en cardumes, entre os 127 e 1.850 m de profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feto morto que permanece no útero, procedente dun embarazo ectópico que presenta os tecidos infiltrados por sales calcarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo. Entre as súas obras destacan Estrutura y morfología agraria en la Terra Cha (1979), Estrutura agraria y economía rural en la Galicia interior: la Terra Chá y el centro de la meseta lucense (1990), e, en colaboración, La Ganadería bovina en Galicia a finales del siglo XX: distribución espacial y condicionantes geográficos (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato destinado a estudar o equilibrio dos corpos somerxidos nos líquidos. Consta dun recipiente de vidro, cheo de auga e pechado por unha membrana elástica, que ten no interior unha pequena bóla baleira e furada, da que colga unha figuriña, denominada diaño de Descartes. Ao facer presión sobre a membrana, baixa a figuriña e, ao suprimir a presión, esta volve subir.

    VER O DETALLE DO TERMO