"Diego" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 108.

  • PERSOEIRO

    Frade capuchino. Predicou por toda a Península, especialmente por terras andaluzas, e foi beatificado por León XIII no 1894. Escribiu numerosos sermóns, opúsculos e estudios ascéticos e morais; entre eles, cómpre destacar Afectos de un pecador arrepentido (1776) ou El soldado católico en guerra de religión (1794). Na iconografía represéntase como un ancián de longas barbas brancas, vestido co hábito dos capuchinos e cunha cruz na man. A súa festividade celébrase o 24 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e contista. Pertenceu ao grupo de escritores que se formou arredor da revista Orígenes. Algunhas das súas obras son En la calzada de Jesús del Monte (1944) e Nombrar las cosas (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de clasificación dos grupos sanguíneos baseado na presenza ou ausencia dun antíxeno detectado en eritrocitos humanos, do que se encontrou o seu anticorpo específico por primeira vez en Venezuela, e que se considerou o causante da eritroblastose fetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta chileno. Realizou estudios de dereito na Universidad de Chile e foi embaixador de Chile en Francia, Brasil, Austria e Ecuador. Colaborador dos diarios El Sur e La Ley de Santiago baixo o pseudónimo de The Ripper, foi un dos fundadores do grupo literario Los Diez e da Sociedad de Escritores de Chile. Da súa produción destaca Veinte años (1898), Del mar a la montaña (1903), El caracol (1903) e Fontana cándida (1953). Foi membro correspondente da Real Academia Española de la Lengua, membro de número da Academia Chilena de la Lengua e recibiu o Premio Nacional de Literatura (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista e clérigo. Foi conselleiro de Enrique IV de Castela, a quen apoiou na guerra civil castelá. Detivérono e condenárono a morte, pena que non chegou a ser executada porque escribiu a crónica do seu reinado, publicada en 1787 co título de Crónica del rey don Enrique, el cuarto de este nombre, de gloriosa memoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Fiscal e conselleiro do Consello Supremo da Inquisición. Foi bispo de Mallorca (1656-1660), de Tarazona (1660-1664), de Segovia (1664-1668) e de Granada (1668-1672). Difundiu a orde dos servitas e publicou escritos piadosos, pastorais e xurídicos, e unha Epístola contra a rebelión dos mouriscos de Las Alpujarras (1667, 1671).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e eclesiástico. Foi profesor de dereito na Universidad de Salamanca e oidor en Sevilla, antes de se converter en presidente do Consello de Castela (1565). Posteriormente foi xefe do Consello do Estado, xefe do consello privado e encargado das negociacións dos asuntos italianos. Bispo de Sigüenza (1566) e inquisidor xeral (1566), foi nomeado cardeal en 1568.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Francelos, Ribadavia 1754 - Bimaley, Filipinas 27.4.1805) Sacerdote dominicano. Formado no convento de San Esteban de Salamanca, ordenouse en 1776 e exerceu como profesor de filosofía deste convento ata 1786 en que se trasladou a Filipinas, onde exerceu como catedrático de Filosofía da Universidad de Manila. Destinado á provincia de Pangasinan, foi vicario de Paniqui e Barug antes de volver en 1795 á Universidad de Manila como catedrático de Teoloxía. Superior do convento de Manila desde 1802, renunciou aos seus cargos para retornar á misión en Pangasinan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo italiano. Foi autor de obras nas que se nota tanto a influencia de Luigi Pirandello como unha deriva relixiosa, espiritual e moral, por veces existencialista, que reflectiu en textos como Inquisizione (1950), Processo di familia (1953) ou Processo a Gesù (1955). Ademais da súa actividade dramática, que o levou a ocupar a presidencia do Ente Teatral Italiano (ETI), tamén destacou como adaptador para teatro e televisión de obras de escritores como Dostojevskij, François Mauriac ou Graham Greene.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, marqués de Guadalcázar. Vicerrei de Nueva España (1612-1621), fundou durante o seu goberno as vilas de Córdoba (1618), Guadalcázar (1620) e Lerma (1620), e reprimiu a sublevación dos tepehuanes. Como vicerrei de Perú (1621-1629) acabou coas loitas entre familias en Potosí e defendeu Lima dos ataques dos piratas franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Activo en Santiago de Compostela, na catedral realizou o relevo do descendemento para o retablo da Prima, o retablo da capela de San Fernando (1728) e a estatua do Apóstolo Santiago a cabalo destinada a coroar a fachada da Quintana. Das obras realizadas fóra da catedral, destacan o antigo retablo maior de San Fiz de Solovio (1726) e o retablo de san Ramón Nonato na igrexa do Pilar (1727).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Ourense (1471-1484). De orixe galega, para algúns descende dos condes de Monterrei mentres que para outros foi fillo de Alonso II de Fonseca. Durante o seu bispado restaurou a capela de San Xoán e incorporou nunha das portas da catedral o escudo dos Fonseca. Atribuéselle o traslado dos corpos de san Facundo e san Primitivo á catedral ourensá. Escribiu Constituciones Sinodales (1491) e mandou elaborar un libro tumbo para levar nota das rendas do bispado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e lexicógrafo. Catedrático de latín e lingua castelá do Instituto de Pontevedra (1902-1907), do de Burgos (1907-1917), do de Zaragoza (1917-1919) e do Instituto Cardenal Cisneros de Madrid, que tamén dirixiu. Ademais deu clases de latín e dialectoloxía castelá na facultade de Filosofía e Letras da Universidad de Madrid. Fundou no CSIC a sección de Tradiciones Populares (1942), e a Revista de dialectología y tradiciones populares (1944), onde se recollen varios traballos sobre a etnografía e lingüística galegas. Como dialectólogo estudiou, ademais das outras linguas do dominio hispánico, o galego (Elementos de gramática histórica gallega (fonética y morfología), 1909, e Dicionario etimológico español e hispánico, 1954). Dirixiu o Seminario de Lexicografía da Real Academia Española (1964-1969), o Dicionario histórico de la lengua española e a corrección e preparación da décimo novena edición do Dicionario de la lengua española da RAE....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de cantería. Dirixiu as obras de Santa María a Grande de Pontevedra dende 1520. Traballou cos mestres Xácome García, Alonso Mariño e Rodrigo de Riboo (1520), e en 1522 comezou a construción da capela de San Miguel. Realizou a casa de Ares García de Raxoo na Ferrería (1536) e atribúeselle o palacio de Suero Gómez de Soutomaior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diego Gómez de Giráldez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Diego de Giráldez, tratou de conxugar o naturalismo, a abstracción e o surrealismo. O seu realismo caracterízase pola perfección formal, a exquisita factura, o tratamento lumínico e unha póetica misteriosa e onírica coa que representa uns obxectos que, aínda que son inanimados, parecen ter vida. Os temas das súas obras son sinxelos; cultivou o bodegón, con froitas, produtos hortícolas e animais de granxas, a pintura relixiosa e o retrato, no que reflicte o seu interese pola anatomía. Comezou a expoñer en 1976 en Vigo e desde 1977 fóra de Galicia, especialmente en Catalunya, onde acadou un gran prestixio. A súa obra está, entre outros, no Museo Provincial de Lugo, no Museo de Pontevedra, no Museo de Ciudad Real, no Museo de La Rioja, no Museo de la Academia de Infantería de Toledo e no Museo de Arte Contemporánea do Cairo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Activo en Lugo (1623-1666?), mantivo o estilo herreriano. Traballou nos claustros de San Domingos (1628) e San Francisco (1645) de Viveiro, San Domingos de Lugo (1642) e da catedral de Mondoñedo (1636), onde tamén realizou un sepulcro na capela da Concepción (1635).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. De orixe vasca e activo en Galicia nos anos finais do s XVI, traballou en Santo Estevo de Ribas de Sil nas obras do claustro (1595) e doutras dependencias, no colexio de Nosa Señora a Antiga de Monforte de Lemos e no mosteiro de San Paio de Antealtares en Santiago de Compostela (1599).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta e teólogo. Foi un dos primeiros compañeiros de santo Ignacio de Loiola, co que fixo voto en Montmartre en 1534. Foi profesor en Roma e destacou a súa intransixencia sobre a doutrina da xustificación no Concilio de Trento. En 1558 sucedeu a santo Ignacio de Loiola como xeneral da Compañía de Xesús. Pío IV enviouno a Francia para participar no coloquio de Poissy (1561). En 1885 publicáronse as súas Disputationes tridentinae.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Líder da revolta irmandiña, fillo de Alonso López de Lemos e Balboa, señor de Sober e Pantón. Capitaneou a Segunda Guerra Irmandiña (1467-1469), xunto con Alonso de Lanzós e Pedro Osorio. Enfrontouse a Pedro Álvarez Osorio, conde de Lemos, e destruíu algunha das súas fortalezas. Acudiu a Pontedeume en axuda de Alonso de Lanzós, pero este xa abandonara a batalla, e Pedro Madruga convidouno a abandonar a loita. Quedou libre e regresou a Ferreira de Pantón. En 1471 o seu pai instituíu no seu favor o morgado de Ferreira e Sober. Na loita sucedida entre o II Conde de Lemos, Rodrigo Enríquez de Castro, e a casa de Benavente, actuou como xuíz. Exerceu a xurisdición sobre o mosteiro de Valverde ata que en 1486 os Reis Católicos lle propuxeron abandonala.

    VER O DETALLE DO TERMO