"Duca" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 137.
-
DUCADOS
Título concedido por Afonso XIII en 1921 a María del Carmen Barrenechea y de Montegui, viúva de Eduardo Dato Iradier.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe grega que se estableceu en Moldavia e da que proceden diversos príncipes ou gospodares. Xurxo Duca (?-1683) accedeu ao trono en 1665 e explotou o pobo. Foi destituído en 1666 e, aínda que volveu ao goberno, os turcos encarcerárono (1672) e trasladárono a Valaquia (1674). Regresou ao poder en 1678 e conservouno ata que os polacos o destronaron. O seu fillo Constantino Duca , que tamén foi gospodar en dous períodos (1693-1696 e 1700-1704), continuou co goberno despótico.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e escultor siciliano. Activo en Roma, traballou con Michelangelo nos proxectos da tumba de Xulio II (1542) e na Porta Pia (1562). En San Giovanni Laterano realizou a tumba de Elena Savelli.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Título ou dignidade de duque.
-
gran ducado
Título ou dignidade dun gran duque.
-
-
-
gran ducado
Circunscrición territorial baixo a xurisdición dun gran duque.
-
Circunscrición territorial sometida á xurisdición dun duque (dux) dende o Baixo Imperio Romano. Logo dunha reforma do sistema administrativo, en que se produciu unha separación entre as funcións civís e as militares, o duque pasou a dirixir o mando das tropas romanas nas diversas gornicións dunha provincia. A consecuencia das invasións xermánicas, o termo modificouse e no reino visigodo o ducado coincidiu en extensión coas provincias romanas do Baixo Imperio e estaba sometido á xurisdición militar dun duque. A monarquía merovinxia implantounos como centros de administración, cun carácter civil e militar. Os lombardos, que se estenderon por Italia dende o 568 en bandas autónomas dirixidas por un xefe, repartiron o territorio en ducados independentes. Os primeiros reis carolinxios esforzáronse en facelos desaparecer, xa que representaban un elemento de autonomía fronte á soberanía real. Pero a decadencia do Imperio Carolinxio, acompañada dunha perda de poder do monarca, permitiu...
-
gran ducado
-
-
Goberno dun duque soberano.
-
Duración do goberno dun duque soberano.
-
-
-
-
Moeda de prata cuñada por Roxelio II de Sicilia a partir do 1140, coa imaxe de Cristo acompañada da inscrición latina SIT TIBI CHRISTE DATUS QVEM TV REGIS ISTE DVCATVS (‘séache dado, Señor, este ducado que rexes’).
-
Moeda veneciana de ouro de lei 22 3/4 quilates e un peso de 3,5 g creada no 1284. Inicialmente, compartiu a primacía no mercado co florín de Florencia e, posteriormente, co cruzado portugués. Non obstante , a finais do s XV impúxose como divisa internacional.
-
Moeda de ouro cuñada en diferentes estados como imitación do ducado veneciano. Na Coroa de Aragón cuñouse por primeira vez no reinado de Xoán II de Aragón, pouco antes do 1477, e de lei 23 3?4 quilates e 3,54 g de peso. Con Fernando o Católico toda a coroa adoptou o ducado. Este denominouse principat en Catalunya, real d’or en Mallorca, excellent en València e ferrandí en Aragón. Todas estas moedas tiñan o mesmo patrón e valor de cambio. Introduciuse na Coroa de Castela pola pragmática de Medina del Campo (1497) cun peso de 3,60 g, e recibiu tamén o nome de excelente de la granada (por aparecer este símbolo no escudo heráldico). Foi progresivamente substituído polo escudo de lei máis baixo (22 quilates) desde 1528. Carlos I cuñou o dobre ducado de 7 g e o florín, ou medio ducado. En 1528, cuñouse en Zaragoza a peza de 100 ducados, de 350 g e 81 mm de diámetro. Serviu como unidade de conta durante os ss XVI-XVII cun valor de...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito territorial que enfrontou a Austria e Prusia fronte a Dinamarca pola posesión dos ducados de Schleswig e Holstein en 1864. Trala rápida vitoria austroprusiana, na Convención de Gastein (1865) decidiuse que Schleswig quedase baixo administración de Prusia e Holstein baixo a de Austria. Non obstante , xurdiu o conflito entre os dous países administradores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao duque ou ao dux.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palacio situado en Venecia que foi residencia dos dux. A súa orixe remóntase ao s IX, aínda que foi reconstruído en numerosas ocasións. No s XIV adoptou o seu aspecto definitivo, ao edificarse a fronte que dá ao peirao, co balcón gótico, obra de Pier Paolo e Iacobello dalle Masegne en 1404, e a esquina do edificio de seis arcadas que mira á praza. A fronte do edificio que comunica coa basílica de San Marcos construíuse entre 1424 e 1457. Está formado por tres pisos: un pórtico baixo, unha loxa de arcos entrecruzados e un piso superior en que destacan as ventás oxivais. A decoración é obra de Matteo Raverti, Niccolo e Pietro Lamberti e Nanni di Bartolo. No punto de unión entre a praza e a basílica, Giovanni e Bartolomeo Bon realizaron a Porta della Carta (1438-1442) que dá acceso ao patio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palacio situado nun outeiro en Urbino que naceu como unha ampliación da residencia de Federico de Montefeltro. Luciano Laurana proxectouno en 1468 e distribuíuno ao redor dun patio de grandes dimensións, porticado na súa planta inferior. O edificio esténdese cara ao núcleo urbano; coa antiga residencia crea un novo patio, o do Pasquino, mentres que en dirección á catedral a fachada principal xira en ángulo. O resto das dependencias sitúanse cara ao val e unen a parte traseira do palacio cunha segunda fachada flanqueada por dúas torres cilíndricas. No interior destaca a decoración renacentista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe feudal do Imperio Bizantino documentada dende o s IX, cando Constantino Ducas , funcionario destacado na corte, morreu despois de tentar apoderarse do trono (913). Entre os seus descendentes figura Andrónico Ducas , pai do Emperador Constantino X Ducas (1059-1067) e de Xoán Ducas , que foi nomeado césar polo seu irmán e conselleiro do seu sobriño Miguel VII Ducas (1071-1078), contra o que se rebelou no 1073. O seu fillo, Constantino Ducas , estivo asociado ao trono co seu pai (1074-1078). Trala morte do seu pai, o seu padrasto Nicéforo III Botoniatos recluíno nun mosteiro ata que o Emperador Aleixo I Comneno o liberou e asociou ao trono (1081-1090). O prestixio da liñaxe fixo que algúns emperadores bizantinos adoptasen como apelido Ducas, como Alexis V Ducas e Xoán III Ducas Vatatzes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conde de Lautréamont.
-
PERSOEIRO
Almirante francés. Filibusteiro e gobernador de Santo Domingo (1691), durante a Guerra de Sucesión española (1701-1714) loitou a favor de Filipe V.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Estudiou con G. Fauré e sucedeu a P. Dukas como profesor de composición no Conservatorio de París. É autor de pezas para piano, obras sinfónicas e vocais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Moeda de prata co peso dun escudo de prata, moi corrente nos estados italianos dende o s XVI. O Emperador Carlos V cuñouna en Milán e noutros países europeos, especialmente nos Países Baixos.
-
PERSOEIRO
Xornalista e político. En 1868 imprimiu clandestinamente as proclamas da Junta Revolucionaria de Madrid. Fundou o diario El Heraldo de Madrid e foi empresario teatral.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Territorio independente que recibiu en 1333 Xoán de Anjou, fillo do Rei Carlos II de Nápoles e conde de Gravina, fundador da rama dos Anjou-Durazzo, cando renunciou ao principado de Acaia a prol de Caterina de Valois. Xunto coa cidade recibiu o título de rei de Albania. Sucedeuno o seu fillo Carlos (1335-1348) e a filla deste, Xoana (1348- 1387), que conservou o ducado ata que no 1383 a cidade foi ocupada polos serbios. Logo da perda da cidade, os dereitos do ducado pasaron á irmá de Xoana, Margarida de Durazzo e aos seus fillos.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Título da casa real británica concedido no ano 1866 ao príncipe Alfredo, fillo da Raíña Victoria I, que despois se converteu en Alfredo I, duque reinante de Saxonia-Coburg-Gotha. No ano 1947 concedéuselle ao príncipe Filipe de Grecia (Filipe Mountbatten), casado coa Raíña Isabel II.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bimestral aparecida en xaneiro de 1975 na Coruña. Dirixida por José L. Vázquez Dequit, tentaba consolidarse como un instrumento máis ao servizo da educación, ofrecendo información e colaboracións de diversos países. Incluíu numerosas reportaxes e artigos relacionados coa educación comparada, os recursos didácticos, a psicoloxía e a socioloxía da educación, a formación do profesorado, a educación especial, as técnicas de traballo nas aulas e a organización escolar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capacidade que os humanos teñen, como tales, de adquirir novas condutas, coñecementos e valores ao longo da súa existencia. A educabilidade susténtase na plasticidade ou capacidade de cambio ou de adquisición de novas condutas dos seres vivos, tanto máis canto máis complexa é a súa estrutura biolóxica; neste sentido considérase que os humanos son seres permanentemente inacabados. A educabilidade contémplase como un gradiente operativo que vai definindo o grao de educabilidade segundo a cantidade e calidade das aprendizaxes que o individuo vai realizando ao longo de toda a existencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Susceptible de ser educado.