"ECA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 560.

  • Feito ou dito que demostra escasa intelixencia ou que carece de importancia e valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito ou dito que demostra escasa intelixencia ou que carece de importancia e valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade oficial de crédito a longo e a medio prazo fundada no ano 1872 en Madrid, promovida polo Banco de París e dende os Países Baixos. Dende a súa formación tivo como obxectivo os préstamos hipotecarios sobre inmobles situados no ámbito estatal español. No ano 1933 pasou a ser controlado totalmente por accionistas españois. Dende o 1962 depende do Instituto de Crédito oficial (ICO), integrado en Argentaria (Corporación Bancaria de España) en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comedia en catro actos, en prosa, de Caron de Beaumarchais, estreada en París en 1775. Beaumarchais creou un personaxe, Fígaro, descendente do Arlequín, de enxeño rápido e de criterio independente, que adquiriu complexidade con As vodas de Fígaro, do mesmo autor. O seu protagonista é o conde Almaviva, namorado de Rosina, rapaza con quen o seu titor ten pensado casar. Gracias ás artimañas do barbeiro Fígaro, o conde Almaviva consegue casar con Rosina. A obra foi musicada, entre outros, por Giovanni Paisiello (1782) e por Rossini (1816).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Traballou especialmente na determinación de pesos atómicos, de densidades e compresibilidades dos gases reais, e estableceu un método para calcular constantes químicas verdadeiras en substancias monoatómicas. Ocupou entre 1932 e 1963 a cátedra de Química Física na Universidade de Santiago, a primeira desta especialidade no Estado español. O grupo de investigación que se conformou no seu contorno foi un dos equipos que se dedicou, xunto cos de Xenebra e Madrid, á determinación precisa das masas atómicas tomando como base o isótopo do carbono 12. En 1955 foi designado membro titular da Comisión Internacional de Pesos Atómicos, da que foi presidente e na que xogou un papel relevante no establecemento dunha escala única de masas atómicas. Foi membro da Comisión Internacional de Táboas Constantes, académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, e en 1963 foi nomeado conselleiro de honra do CSIC.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción española baseada na novela homónima de Llorenç Villalonga, realizada en 1983 por Jaime Chávarri. Entre os actores figuran Fernando Rey, Ángela Molina, Amparo Soler Leal e Imanol Arias. As lembranzas do capelán Juan Mayol, protexido dos señores Bearn, na Mallorca de mediados do s XIX, serven para a análise da sociedade aristocrática da illa. Un asasinato, unha misteriosa muller, Xima, e uns papeis gardados na sala das bonecas da mansión dos Bearn fundamentan unha historia que procura a analoxía coa famosa Il Gattopardo (1963) de Luchino Visconti.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. estidura talar de cor negra que empregan os maxistrados e xudiciais en exercicio.

    2. Insignia consistente nunha banda de pano que atravesaba o peito de ombreiro a ombreiro e colgaba por detrás. Empregábana os universitarios como distintivo do colexio ao que pertencían. Mantense como prenda cerimonial en actos académicos, aínda que o seu uso vai esmorecendo. Nos estatutos e regulamentos da Universidade de Santiago de Compostela (1997 e 1998) regúlase a súa utilización polos colexiais de Fonseca, San Clemente e Rodríguez Cadarso. Os membros das diversas tunas incorporárona ao seu vestiario, como elemento tradicional que é, aínda que desprendida do sentido de adscrición colexial que tiña na súa orixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave dos xéneros Gallinago, Limnocryptes e Limnodromus, da familia dos escolopácidos, robusta, de peteiro longo e recto, e plumaxe críptica. Vive tanto en medios húmidos costeiros como en turbeiras de montañas, onde se alimenta principalmente de invertebrados que atopa no seo do terreo mol.

    2. Becacina de 26 cm de lonxitude, que habita en humidais de auga doce ou salobre con abundante cobertura herbácea, ambientes semellantes á tundra. Voa de xeito rápido e zigzagueante. Na época de cría practica un voo especial para marcar o territorio; consiste nunha ascensión en espiral que interrompe nun picado no que as plumas externas da cola producen un son peculiar semellante ao mear das cabras. Ten unha distribución holártica e está ausente da conca mediterránea. Na Península Ibérica é moi rara como aniñante e está limitada ás turbeiras da Serra de Gredos, do norte de Portugal e do sureste de Galicia. En época de paso migratorio ou de invernada son comúns os bandos de becacinas nos humidais galegos.

    3. Becacina de 30 cm de lonxitude, de voo recto, que aniña no norte e leste de Europa. En Galicia é de rara observación en época de paso migratorio.

    4. Becacina do xénero Limnodromus, da familia dos escolopácidos, que presenta na plumaxe unha cuña branca e estreita que ascende polo dorso, e ten o bordo posterior da á de cor branca. Aliméntase co peteiro en posición vertical. Orixinarias de norteamérica, en Galicia téñense observado como divagantes L. griseus e L. scolopaceus.

    5. Becacina de 19 cm de lonxitude que aniña no norte de Europa e Asia. En Galicia é rara como ave invernante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo italiano. Foi superintendente das antigüidades de Ostia (1938-1954) e catedrático de Arqueoloxía na Universidade de Roma dende 1964. Das súas publicacións destacan: Scavi di Ostia (Escavacións de Ostia, 1953-1969) e L’età classica (A idade clásica, 1965). Así mesmo, dirixiu a Enciclopedia dell’arte antico (Enciclopedia da arte antiga, 1958-1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositor francés. É autor de cancións de temas moi variados. Así mesmo, foi intérprete e compositor de música para o cine (Casino de Paris, 1957), e autor dunha cantata L’enfant à l’étoile (O rapaz na estrela, 1961) e da Opéra d’Aran (Ópera de Aran, 1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castaña oca que só presenta a casca e que non chegou a desenvolverse.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Servicio cultural que organiza e mantén o depósito, a clasificación, a conservación e a consulta ou lectura de documentos diversos (libros, revistas, material audiovisual, etc). Unha biblioteca pode constituír un organismo funcionalmente autónomo ou ser un servicio subordinado dunha institución, como por exemplo unha universidade, unha academia, etc. As bibliotecas poden ser obxecto dunha clasificación sumaria, segundo o réxime de posesión e o obxecto (estatal, nacional, municipal, universitario, corporativo, público ou privado) ou segundo o contido (xeral ou especializada). Como institucións de cultura, as bibliotecas constitúen unha peza clave no sistema educativo e de investigación científica e erudita dun país.
        Organización e funcionamento das bibliotecas
        Unha das funcións máis delicadas dunha biblioteca é a adquisición de novo material bibliográfico. Para esta tarefa imponse un criterio sistemático de selección en función do carácter da biblioteca ou dos campos...

      2. biblioteca ambulante

        Biblioteca instalada nun vehículo automóbil que percorre aqueles lugares que carecen de biblioteca co fin de proporcionarlles libros.

      3. biblioteca central

        Biblioteca cabeza dunha determinada rede de bibliotecas.

      4. biblioteca circulante

        Biblioteca que destina os seus libros a préstamos domiciliarios baixo determinadas condicións.

      5. biblioteca de libre acceso

        Biblioteca ou sección dunha biblioteca na que se poden coller os libros sen ningún permiso especial.

      6. biblioteca nacional

        Bibliteca pública oficial que ten o privilexio de recibir en depósito legal exemplares de todas as novas publicacións dentro do ámbito dun estado ou dunha cultura recoñecida e que exerce unha función de decanato e coordinación do sistema de bibliotecas existente nesa mesma zona.

      7. biblioteca popular

        Según a Federación Internacional de Asociacións Bibliotecarias (IFLA), biblioteca creada e financiada por un organismo público de tipo local ou central ou por algunha outra institución autorizada, utilizable por calquera persoa. A súa finalidade, tal como expresa o Manifesto da UNESCO sobre a biblioteca pública do ano 1972, é ser un instrumento ao servizo da educación, a cultura, a información e o ocio. A condición de biblioteca pública réxese polas directrices marcadas pola IFLA á Guidelines for Public Libraries (1985), institución que diferenza os seguintes tipos de biblioteca: pública xeral, hospitalaria, infantil, escolar, móbil, de cegos e de presos.

      8. biblioteca pública

        Biblioteca aberta ao público, aínda que pode pertencer a unha persoa ou institución privada.

      9. biblioteca xeral

        Sección xeral dunha biblioteca, especialmente cando esta está instalada en edificios separados.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Ribadeo no ano 1934. Tratábase dunha revista editada en Ribadeo pero patrocinada pola Biblioteca de Castropol (Asturias).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública con sede en Milán. Fundada no 1609 polo cardeal e bibliófilo italiano Federico Borromeo. Dispón de 850.000 volumes e de importantes coleccións de manuscritos gregos, latinos e orientais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fondo bibliotecario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela. Inaugurada en 1926, trátase dunha iniciativa de Gumersindo Busto. Foi recoñecida pola Real Orde do 11 de novembro de 1909. En 1910 comezou a editarse o seu Boletín. Estaba incluída no proxecto de creación dunha universidade iberoamericana en Compostela. Actualmente, o fondo consta de máis de 21.000 obras e 2.908 títulos de publicacións periódicas referentes á historia, xeografía, descricións de viaxes, medicina, dereito, dicionarios, poesía, ensaio e novela de autores americanos e españois dos ss XIX e XX. Así mesmo, posúe unha colección de exemplares de zooloxía americana, minerais e elementos da cultura material indíxena. A Biblioteca América tamén conta con máis de 1.200 medallas e moedas, 200 mapas e planos, bandeiras dos países americanos e bustos en bronce e mármore dos próceres americanos, xunto con reproducións de cadros históricos. Nun principio, os fondos foron adquiridos a través de doazóns particulares....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública do estado do Vaticano, herdeira da primitiva biblioteca papal. Iniciada propiamente despois da Cisma de Aviñón, cara ao 1376, a actual biblioteca fundada polo pontífice Sixto IV coa bula Ad decorem militantis Ecclesiae (15.6.1475) deriva, así mesmo, das primeiras recoleccións feitas por Nicolao V (1447-1475). Actualmente, malia a separación do Arquivo Secreto Vaticano da biblioteca, acontecida durante o pontificado de Paulo V, os manuscritos superan os 70.000, os incunables os 8.000 e os volumes impresos o 1.800.000. Durante o pontidicado de Pío XII (1939-1958) entraron varias coleccións de manuscritos como o Arquivo do Capitolio de san Pedro e o fondo musical da Capella Gioulia, a carón da Capela Sixtina. Na fin do pontificado de Pío XII e durante os de Xoán XXIII (1958-1963) e de Paulo VI (1963-1978) adquiríronse novas coleccións de mauscritos e códices. No que atinxe á tradición manuscrita da lírica galego-potuguesa o cancioneiro do códice de pergamiños Vat....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de cincuenta libros publicados pola Editorial Galaxia no ano 1995. Consta dunha serie de títulos onde se recollen aspectos da xeografía, de historia, de arte, de etnografía e de pensamento de Galicia, xunto a unha escolma das obras máis representativas da literatura galega. Foi distribuída por Ir Indo Edicións e patrocinada pola CRTVG.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública con sede en Sevilla. Fundada por Fernando Colón (morto no 1539), fillo de Cristóbal Colón e cóengo de Sevilla. Pasou posteriormente ao cabido de Sevilla. Aínda que se perderon e se espallaron moitos libros, consta de 6.257 pezas, algunhas de gran rareza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga Biblioteca Real, situada no lisboeta Palacio e Biblioteca da Ajuda. Fundada alá polo 1450, talvez coexistise en espazo e funcións coa Torre do Tombo do Paço da Alcáçova no Castelo de San Jorge. En 1811 a biblioteca foi transferida ao Brasil xunto da Corte; o espolio de preto de 60.000 volumes formaría a Bilblioteca Nacional de Rio de Janeiro. Logo de se manter espallada por distintas casas, en 1880 instalouse definitivamete na sala do palacio. Coa extinción das ordes relixiosas a biblioteca recibiu as incorporacións da Biblioteca dos Oratorianos ou das Necessidades e a Biblioteca dos Jesuítas do Colégio dos Nobres e Santo Antão, de onde proveu o Cancioneiro da Ajuda, ampla recompilación da lírica trobadoresca galego-portuguesa. Con respecto aos manuscritos esta biblioteca contén 2.320 códices (Symmita Lusitanica, Jesuítas na Ásia, etc) e preto de 33.000 documentos soltos datados entre os séculos XIII e XX (atlas, biblias, misceláneas, crónicas, xenelaoxías)....

    VER O DETALLE DO TERMO