"ECL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 108.
-
-
-
Separarse ou desviarse dunha dirección determinada.
-
Estar un astro a unha certa distancia angular do ecuador celeste.
-
Formar, unha agulla imantada ou un plano vertical, un certo ángulo co meridiano.
-
-
-
Diminuír unha cousa ou unha calidade en forza, intensidade ou valor.
-
Ir algo cara á súa fin ou extinción.
-
-
-
Rexeitar ou non aceptar algo, xeralmente de xeito cortés.
-
Refusar algo para cederllo a alguén.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incidente procesual que consiste en achegar unha solicitude dirixida ao xuíz ou tribunal, que unha das partes considera incompetente, para que se absteña de saber dun determinado asunto e o remita ao xuíz ou tribunal competente. É unha cuestión de competencia que constitúe unha excepción dilatoria e que se tramita na forma prevista para os incidentes. Pode ser presentada polas partes ou polo Ministerio Fiscal.
-
-
Que declina ou rexeita, especialmente unha xurisdición.
-
-
Que serve para medir a declinación.
-
declinador.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello que serve para medir a declinación magnética dun lugar. Baséase na medición directa do ángulo que forma o eixe dunha agulla imantada, moi sensible, co meridiano do lugar.
-
-
Pendente ou inclinación dun terreo ou dunha superficie en relación a un plano horizontal.
-
Perda progresiva de vigor, forza ou calidade de algo ou de alguén cara á súa destrución.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia de circuítos integrados que se converteron nos máis rápidos dos constituídos por transistores bipolares, en competencia coas series rápidas da familia de circuítos TTL. O seu funcionamento baséase nun amplificador diferencial cun par de transistores axustados polo emisor.
-
-
Termo xeral dado por Hipócrates para designar a enfermidade que se caracteriza por ataques convulsivos, aumento da presión arterial, edema e perda do coñecemento, e que aparece xeralmente en nenos e mulleres preñadas.
-
Afección propia das xestantes que se caracteriza por ataques convulsivos, inicialmente tónicos, nos que se produce unha diminución da frecuencia respiratoria e contraccións dos músculos da caluga, dos brazos e do tronco, que pode producir a morte por asfixia, seguidos de convulsións clónicas, con convulsións violentas dos membros. Na última fase, as convulsións cesan e a muller entra nun estado de coma. Outros síntomas da enfermidade son transtornos visuais, urinarios, cardíacos, dixestivos e respiratorios. A eclampsia aparece ao final do embarazo, durante o parto ou no puerperio. Vai precedida dun cadro chamado preeclampsia, que se caracteriza por diversos graos de albuminuria, hipotensión arterial, edemas, oliguria e transtornos como vertixe, diplopía, vómitos e cefalea, que aumentan progresivamente ata que se desencadea a crise. A eclampsia é máis frecuente nos embarazos de xemelgos e nas mulleres obesas, diabéticas ou de idade avanzada.
-
-
-
Relativo ou pertencente á eclampsia.
-
Persoa que padece eclampsia.
-
-
-
Actitude ecléctica.
-
Teoría que consiste en extraer diferentes principios de varias doutrinas de pensamento para fusionalas nun sistema único, e para recuperar de cada unha delas o máis positivo. É unha actitude de oposición ao dogmatismo e ao radicalismo, ao reivindicar a tolerancia e o diálogo entre posturas distintas. Valorouse de diferentes maneiras ao longo da historia da filosofía. Cicerón foi un dos pensadores eclécticos clásicos. Esta corrente colleu pulo durante a introdución do cristianismo na filosofía ao asimilar algúns autores cristiáns os sistemas filosóficos de Platón e Aristóteles. Deste xeito, son actitudes eclécticas as filosofías de santo Agostiño de Hipona e san Tomé de Aquino. No Renacemento, a escolástica do fin do medievo tentou asimilar as actitudes eclécticas dos sistemas filosóficos gregos.
-
Tendencia arquitectónica desenvolvida no s XIX que mestura diversos elementos estilísticos. Foi favorecida polas prospeccións arqueolóxicas e a publicación das primeiras historias universais ilustradas de arquitectura. Relacionada co historicismo na súa inspiración nos estilos do pasado, aproveitou os avances tecnolóxicos da arquitectura do ferro e integrou no marco arquitectónico as demais artes, especialmente a escultura. Foi o estilo empregado na construción de edificios institucionais, como deputacións, concellos e ministerios, e tamén en estacións, mercados, teatros, casinos, bancos e entidades culturais. O edificio máis representativo foi a Ópera de París (1861-1874) de Charles Garnier. En España adaptárono, nalgunha das súas obras, L. Doménech, A. Gaudí, J. Puig i Cadaflach, E. Rodríguez Ayuso, E. Rogent e R. Velázquez Bosco, entre outros. En Galicia cómpre salientar a obra de F. Domínguez Coumes-Gay e A. Rodríguez Sesmero.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao eclecticismo.
-
Aplícase á persoa que profesa o eclecticismo.
-
Que ou quen combina elementos de varios estilos, teorías ou ideas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos psitácidos, de ata 35 cm de lonxitude. Caracterízanse estas aves porque presentan machos de cor vermella cos ombreiros de cor azul e femias de cor verde. Viven en parellas ou pequenos grupos nos bosques das illas do L de Indonesia, Nova Guinea, illas Salomón e o extremo NL de Australia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea do pobo ateniense formada por todos os homes maiores de dezaoito anos e dirixida polo epístato (presidente) dos maxistrados prítanos, asistido por un heraldo. Posuía todos os poderes (lexislativo, deliberativo e xudicial) e ocupábase das redaccións dos decretos, das declaracións de guerra, da dirección das operacións militares e nos tempos de paz da vixilancia aos maxistrados que nomeaba en cada pritanía. Nos tempos de Solón reuníase dúas veces ao ano e na época clásica aumentou as súas reunións e dividiuse en diversas asembleas: unha regular, en cada unha das pritanías, e dúas ou tres de carácter legal; ademais podían producirse asembleas extraordinarias. A presenza dos cidadáns nestas asembleas viuse retribuída dende o s IV a C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á Igrexa, entendida principalmente como comunidade de fe, animada polo Espírito Santo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro sapiencial, escrito probablemente a mediados do s III a C. O seu título Qohèlet (o home da asemblea, ou un do pobo) é o pseudónimo do seu autor, un hebreo veciño de Xerusalén. A obra argumenta contra algunhas ideas aceptadas naquel momento, denuncia as inxustizas sociais e proclama a vaidade de todo. O libro tivo dificultades para ser aceptado no canon xudeu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro do Antigo Testamento coñecido tamén co nome de Sabedoría de Ben Sírah. Segundo os datos da versión grega, o autor (Xesús, fillo de Sírah) foi un escribán que sobre o 190-175 a C escribiu a obra en hebreo; un dos seus netos traduciuna ao grego e fíxolle un prólogo. É un compendio da doutrina relixiosa-moral do xudaísmo.
-
-
Relativo ou pertencente á Igrexa.
-
Relativo ou pertencente ao clero.
-
Membro do estamento integrado por clérigos, relixiosos (ordenados ou non), novicios, postulantes e seminaristas. Cara á fin do Antigo Réxime, os eclesiásticos posuían inmunidade persoal e estaban exentos de pagar impostos, privilexios que se estendían a un gran número de laicos, parentes, criados ou familiares e, sobre todo, aos numerosos funcionarios da Inquisición.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘igrexa’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina teolóxica sobre a orixe e a finalidade da Igrexa. Como disciplina específica non apareceu ata a Baixa Idade Media. Anteriormente, os pais da Igrexa concibírana a partir das imaxes bíblicas, distinguíndoa como elemento do proxecto trinitario de salvación da humanidade e establecendo os aspectos básicos da súa organización e estrutura, aínda que de forma ambigua e dispar. No II Concilio de Nicea (687) xa se concibía a Igrexa como corpo universal. O cisma coa Igrexa oriental e a reforma gregoriana potenciou a potestade e a infabilidade do papa, aspectos sobre os que versaron os primeiros tratados da doutrina eclesiolóxica (s XIV). No s XVI a Reforma cuestionou a organización e estrutura xérarquica da Igrexa, e puxo en dúbida o papel intermediario do papa. Preguntáronse se o verdadeiro proxecto de Xesús, cando fundou a Igrexa, predeterminaba unha estrutura xerarquizada e dependente. A Contrarreforma e posteriormente os postulados do concilio Vaticano I (1870) insistiron na concepción...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome con que se designan lugares de culto, como as catedrais, igrexas, mosteiros, capelas, sinagogas, mesquitas, santuarios, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento topográfico que se emprega para medir a pendente dun terreo. Os eclímetros miden ángulos verticais por medio dun índice graduado.