"ECU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 293.

  • Espacio de estado aplicable ao vapor de auga sobrequentado, baixo o punto crítico e fóra da rexión líquido-vapor; V-b=RT/P-a/Tn onde V é o volume, P a presión, T a temperatura, R a constante dos gases e n (arredor de 10/3), a e b constantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Período de preparación para o bautismo e conxunto de elementos rituais e xurídicos que o configuran como unha institución eclesiástica. Coñecido por documentos dos ss I e II (Dιδαχή ‘ensinanza’ de Xustino, Tertuliano), aparece institucionalizado na Tradición apostólica de Hipólito (s III). Comprendía dúas etapas: a primeira podía durar diversos anos, normalmente dous ou tres, e a segunda estaba formada por aqueles que se ían bautizar na próxima Pascua (“iluminados”) e que, durante a Coresma, recibían unha instrución doutrinal e litúrxica. O catecumenado institucional foi desaparecendo ao facerse normal a práctica do bautismo dos nenos. Non obstante , o ritual do bautismo dos adultos de 1972 outorgoulle unha vixencia plena á práctica do catecumenado.

    2. Período no que se imparte esa instrución.

    3. Condición de catecúmeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar nas igrexas antigas destinado aos catecúmenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se educa nos principios da doutrina católica para recibir o sacramento do bautismo.

    2. Persoa que se está a instruír na doutrina dunha agrupación ou dun partido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de primates catarríneos cinocéfalos da familia dos cercopitécidos, de 35 a 70 cm de lonxitude e coas extremidades posteriores un pouco máis longas ca as anteriores. Viven en grupos familiares pouco numerosos e esténdense por todo o continente africano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación de estado dos gases. É unha corrección da ecuación de Van der Waals: [P+(n2a/T(V+c2))](V-b)=RT, onde P, V e T son a presión, o volume e a temperatura do gas, n é o número de moles, R é a constante dos gases perfectos, a é un parámetro que depende da temperatura, b é unha constante e c é función de a e b.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que describe o cambio de fase dunha substancia: dp/dT=DH/TDV, onde p é a presión, T a temperatura na que se produce o cambio de fase, DH a variación de entalpía e DV a variación de volume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de conseguir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Resultado que se deriva dun feito ou evolución razoable dunha cousa.

    2. Disposición dunha corrente ou dunha rede fluvial con augas que seguen a estrutura xeolóxica, principalmente cando circulan no mesmo sentido ca a inclinación dos estratos, aínda que non necesariamente co mesmo ángulo.

      1. Conclusión dun razoamento.

      2. Expresión dun consecuente nun condicional, tal como q en “se p, entón q”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é o resultado directo dunha cousa.

    2. Que non cambia das súas convicións e actúa de forma que non contradí as súas ideas.

    3. Segundo elemento dunha relación binaria.

    4. Segundo termo dunha correlación gramatical que segue o antecedente.

    5. Motivo melódico que nunha fuga ou nun canon responde ou imita a proposición chamada antecedente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dependencia ou interrelación temporal que se dá na oración composta latina. O tempo verbal da oración principal pode esixir un tempo concreto no verbo da oración subordinada, con exclusión doutras, segundo se trate de expresar simultaneidade, anterioridade ou posterioridade, e seguindo unhas determinadas regras de concordancia. O galego non segue regras tan precisas como o latín, mentres que este si obedece ás seguintes normas: a) se a oración principal está en presente (rogo) ou futuro (rogabo) e se quere indicar que a subordinada está en relación de simultaneidade, esixe un presente de subxuntivo (rogo/rogabo quid facias ‘pregunto/preguntarei qué facías’); se está en relación de anterioridade, pretérito perfecto de subxuntivo (rogo/rogabo quid feceris ‘pregunto/preguntarei qué fixeches’); e se está en relación de posterioridade, participio futuro + sis (rogo/rogabo quid futurus sis ‘pregunto/ preguntarei qué vas facer’);...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sucede ou segue inmediatamente a algo. OBS: Normalmente, úsase en plural.

      1. Que expresa consecuencia.

      2. conxunción consecutiva

        Conxunción que introduce a claúsula que indica o efecto ou consecuencia do expresado na cláusula antecedente. En galego son conxuncións consecutivas, entre outras, que, logo, entón, pois, conque, etc, e locucións conxuntivas así que, de modo que, de maneira que, de xeito que, polo tanto, xa que logo, etc (

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de igrexas cristiás recoñecida en Utrecht (1938) e definitivamente constituída na asemblea de Amsterdam (1948), onde se reuniron 351 delegados de 147 igrexas. Xurdiu como expresión do movemento ecuménico contemporáneo, do que chegou a ser unha peza fundamental. A Asemblea Xeral é o seu órgano supremo: toma as decisións, dá as directrices xerais e elixe un comité central e outro executivo. Posteriormente, celebráronse as seguintes asembleas: Evanston (Illinois, EE UU, 1954), con 502 delegados de 160 igrexas; Nova Delhi (India, 1961), con 577 delegados de 181 igrexas, na que entraron a formar parte todos os ortodoxos; Uppsala (Suecia, 1968), con 702 delegados de 202 igrexas; Nairobi (Kenya, 1975), con 747 delegados de 271 igrexas; e Vancouver (Canadá, 1983), con 784 delegados de 301 igrexas. En 1979 celebrouse a Conferencia Mundial sobre “Fe, Ciencia e o futuro” en Cambridge (Massachusetts, EE UU). No ano 1980, na asemblea celebrada en Melbourne, ampliou o seu traballo evanxelizador....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Posición do corpo en estado de repouso sobre un plano horizontal.

    2. Posición na que o corpo está deitado sobre un lado.

    3. Posición na que o corpo está deitado sobre o peito e o ventre.

    4. Posición que presenta un corpo cando está deitado sobre as costas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás terras que pertencían ao Estado romano e nas que se asentaban os colonos, que pagaban o décimo sobre as súas colleitas.

    2. ía transversal, orientada de O a L, que se trazaba nas cidades e nos campamentos romanos. Estaba deseñada segundo o antigo plan etrusco e cruzábase no foro co cardo maximus.

    3. Porta que nos campamentos romanos se situaba no extremo oposto ao inimigo. Nas cidades estaba situada no extremo do decumano e permitía o acceso ao exterior da muralla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio situado entre a beira dereita do Rin e o Danubio, anexionado polo Imperio Romano durante o s I d C, na época dos Flavios. Os emperadores Domiciano, Adriano e Antonino defenderon esta rexión fronte aos ataques dos bárbaros, construíndo unha liña defensiva dende Koblenz no N e a través da rexión do Alto Main ata Ratisbona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que xace na cama.

    2. Aplícase ao talo das plantas que están inclinadas sobre a superficie do chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer que unha cousa sexa dez veces maior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén dez veces unha cousa.

    2. Cantidade que é dez veces maior ca outra.

    VER O DETALLE DO TERMO