"Ede" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 837.

  • Procedemento continuo de desfibración da madeira, inventado polo enxeñeiro sueco Arne Asplund en 1931, baseado no feito de que a temperaturas suficientemente elevadas (165-200°C) a lamela intercalar que liga as fibras celulósicas abrándase bastante para que estas se poidan separar mecanicamente. A pasta obtida emprégase para taboleiros de fibra, táboas illantes, filtros de saturación, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jules-Améde Barbey de Aurevilly.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Fred Astaire (Omaha, Nebraska 10.5.1899 - Los Ángeles 22.6.1987) Actor, cantante e bailarín de teatro, cine e TV. Figura habitual nas comedias dos anos trinta como parella ideal de Ginger Rogers, cambiou cara a un novo estilo interpretativo baixo a dirección de Stanley Donen, Charles Walters e Vicente Minnelli. A fama veulle dada por unha forma de actuar elegante, acompañada de grandes dotes para a danza e o canto, amais de contar cunha capacidade prodixiosa para o baile. Participou nos filmes Fanchon the cricket (1915), Dancing lady (A muller bailarina, 1933), The story of Vemon and Irene Casel (A historia de Vemon e Irene Casel, 1939), The belle of New York (A bela de Nova York, 1952), Daddy long legs (Papá pernas longas, 1955), The notorius landlady (A misteriosa muller de negro, 1962), Imagine (Imaxina, 1973), The towering inferno (O coloso en chamas, 1974), pola que obtivo unha nominación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Home polifacético que combinou a súa profesión de mestre coa literatura, a fotografía, a música, a pintura e a política. Participou activamente no eido musical como profesor e compositor de pequenas pezas, e na fundación da Banda Municipal de Fisterra (1924); en 1928 fundou Ecos de Sil, orfeón e rondalla de Petín (Valdeorras) e no 1932 a Banda Municipal de Viana do Bolo, da que tamén foi director. No 1925 acadou a alcaldía de Fisterra, mantendo o cargo ata 1927. Colaborou en publicacións da época (Revista Gallega e Finisterre) con escritos e fotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Conde de Quaregna e de Cerreto. Dende o 1820, catedrático de Física na Universidade de Turín. As leis formuladas por Gay-Lussac (1805-1810) suxeriron a Avogadro o seu modelo dos gases, presentado no Journal de Physique (1811). As leis de Avogadro deron solución ao conflito entre a teoría atómica de Dalton e as experiencias de Gay-Lussac. As súas conclusións foron o inicio da química cuantitativa posterior. Se ben Ampère, independentemente, publicou no 1814 conclusións similares, a teoría de Avogadro non foi aceptada ata que Cannizzaro a presentou, no 1860, no congreso de química de Karlsruhe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, primeiro dos fillos de Johann Sebastian Bach, ao que considerou o máis dotado de todos e que recibiu unha educación musical profunda. Nas súas obras, pouco coñecidas, encóntranse elementos prerrománticos unidos a formas plenamente clásicas. Destaca a súa Misa alemá en re menor; ten tamén sinfonías, pezas para órgano e piano, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor e escritor alemán que ideou e publicou unha serie de guías turísticas coñecidas co seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federico Martín Bahamontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e xornalista. Publicou Dolores (1889), conxunto de poemas elexíacos escritos á morte da súa muller nos que se refire á súa crise persoal, ao amor e á dor. É o autor da escolma poética Horizontes (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico canadense. É autor de estudios básicos sobre a fisioloxía do páncreas que o levaron, xunto con C. H. Best e J. Macleod, ao descubrimento da insulina (1921). En 1923 compartiu o Premio Nobel de Medicina con Macleod.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liga nobiliaria polaca constituída en 1768 baixo a dirección de Michal Krasinskii Kazimierz Pulaski. Loitou, co apoio de Francia, contra a intromisión rusa no goberno do país e foi feito prisioneiro polo Rei Estanislau II Poniatoeski (1771), pero foi vencida en 1772. Non puido evitar a primeira repartición de Polonia (1772).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romántico francés. Atraído polo misterio, a súa obra reflicte unha imaxinación sombría, mestura de sensualismo e misticismo, e unha constante evocación do pasado. En Les diaboliques (1874), o sobrenatural chega a dominar os trazos psicolóxicos das personaxes. Dentro desta liña, publicou ademais: L’ensorcelée (A embruxada, 1854) e Un prête marié (Un crego casado, 1865). Os seus artigos periodísticos foron recollidos en Oeuvres et Hommes du XlXe siècle (Obras e homes do s XIX).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abolicionista, tamén coñecido co nome de Frederick Douglass. Foi un escravo fuxitivo que dedicou a súa vida á loita pola emancipación dos escravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor británico. Realizou estudios en Cambridge, no Royal College of Music e posteriormente foi profesor na Universidade de Newcastle. Partiu dun romanticismo inicial cara a un serialismo lírico. Entre a súa produción destaca o Cuarteto de Corda (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federico Firoi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Autor de A liberdade iluminando o mundo (1886) do porto de Nova York; a estrutura metálica é obra de Gustave Eiffel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trala morte do xeneral Francisco Franco, Xefe do Estado, o 20 de novembro de 1975, e diante da perspectiva dunha posible ruptura constitucional do réxime que encarnaba, o Consello de Forzas Políticas Galegas -integrado polo Partido Galego Social-Demócrata, o Partido Socialista Galego e a Unión do Povo Galego- acordou plasmar nun documento os puntos mínimos irrenunciables para a súa participación no proceso de reforma. O Consello aprobou o 7 de abril de 1976 as Bases Constitucionais para a participación da Nación Galega nun Pacto Federal e de Goberno Provisorio Galego e o Proiecto de Medidas Económicas para un Programa de Goberno Provisório Galego. A UPG preparou en abril de 1976 unha edición dos documentos co obxectivo de someter o seu contido á máis ampla discusión. O Proiecto pretendía trazar un esquema xeral dos principios e obxectivos que deberían presidir e orientar, respectivamente, a concepción dunha política de desenvolvemento para Galicia e, máis en concreto,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista francés da escola “optimista”. Entre as súas obras destacan Cobden et la ligue (Cobden e a liga, 1845), Sophismes Économiques (Sofismas económicas) e, sobre todo, Les Harmonies Économiques (As harmonías económicas, 1850). A súa concepción do mundo está baseada nunha harmonía deísta que evita toda tensión entre os diversos sectores económicos. A súa teoría básica é a do valor-servicio, fundamentada no traballo aforrado ao consumidor. No estado español influíu, a través de Joseph Garnier, en todos os librecambistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de aixada con forma ancha e curta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. En 1862 marchou a París, onde traballou no taller de Charles Gleyre, e no que coñeceu a Monet, Renoir e Sisley. Formou con eles o Grupo dos Catro, primitivo grupo impresionista. A súa obra é luminosa e ten moitos puntos de contacto coa pre-impresionista de Manet. Realizou pintura figurativa máis que paisaxe, como no Bosque de Fointanebleau (1865) ou Reunión de familia (1867), a súa obra máis coñecida. Morreu na guerra franco-prusiana.

    VER O DETALLE DO TERMO