"España" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 58.

  • Organismo constituído por decreto do 8 de decembro de 1937. Con sede en Madrid, depende do ministerio de Educación e Cultura. Está formado polo conxunto de académicos das reais academias Española, de Historia, Bellas Artes de San Fernando, Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, Ciencias Morales y Políticas, Nacional de Medicina, Jurisprudencia y Legislación e Nacional de Farmacia, reunidas en corporación estatal. As súas actividades diríxense á celebración de ciclos de conferencias, cursos de terceiro ciclo e publicacións especializadas. Dende 1986 son academias asociadas a Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario e a Real Academia de Medicina de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política de carácter trostkista, organizada en Galicia dende finais de 1930 coa denominación inicial de Federación Gallega de Grupos de la Organización Comunista de España. Integrou un reducido círculo de traballadores e intelectuais das cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense e dalgunhas vilas como Padrón, Ribeira ou Noia. Rebautizada en 1932 como Izquierda Comunista de España (ICE), dos seus membros destacan aos irmáns Granell, C. Fernández Mazas e E. Fernández Sendón, L. Fersen, un dos principais teóricos do seu voceiro Comunismo. A finais de 1935, fusionouse co Bloc Obrer i Camperol (BOC) para conformar o Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo unitario dalgúns sectores da oposición antifranquista, creado en 1947 baixo o impulso básico do PCE e coa adhesión gradual de CC OO, Partido Socialista Popular, PTE, Alianza Socialista de Andalucía e independentes. En 1976 fusionouse coa Plataforma Nacional de Convergencia Democrática, na denominada Platajunta ou Coordinación Democrática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que se publicou en Pontevedra a partir do 15 de abril de 1885 e que cesou no mesmo ano (nº13). Apareceu co subtítulo “Periódico quincenal de primera enseñanza” e entregouse cos cadernos dunha obra publicada co mesmo nome e que se dedicaba aos mestres españois máis distinguidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movimiento Comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que se editou en Santiago de Compostela a partir de maio de 1937. Promovida pola Unión Diocesana e co patrocinio das mulleres de Acción Católica de Santiago de Compostela, saíu cada mes e incluíu artigos de opinión sobre a muller, a familia e a moral católica, a liturxia e unha relación das actividades da diocese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • icerreinado dependente da monarquía hispánica e que correspondía co actual México. Constituíuse despois da conquista por Hernán Cortés (1535), e del dependían as audiencias de Guadalajara, Guatemala e México, ata que en 1810 se iniciou a loita pola independencia, conseguida en 1821, polo plan de Iguala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político creado en 1973 a partir dun grupo escindido do Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC). Defendía para o Estado español unha república democrática e federal. Despois de numerosos cambios, incorporouse ao PCE-PSUC (1989). Das súas publicacións destaca Política Comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político que naceu a finais da década de 1960 en Francia, aínda que se firmou a súa constitución en Bruxelas en 1968. Estivo formado por diferentes grupos, dos que destacan os relacionados co xornal Mundo Obrero Revolucionario e a Organización Comunista Marxista-Leninista. Dos seus obxectivos destaca a igualdade da muller, a separación Igrexa e Estado e a liberdade dos presos políticos. Creou comisións obreiras de barrio en París, e en España operou en Cádiz, Madrid e Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sen ánimo de lucro creada en 1938 en Burgos co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos cegos e deficientes visuais. Ten escolas de ensino xeral e laboral e os seus afiliados están autorizados para a venda de cupóns para un sorteo diario, con premios en metálico. Creou, en 1988, a Fundación ONCE para la Cooperación e Integración Social de las Personas con Discapacidad e, en 1993, a Corporación Empresarial ONCE (CEOSA), para buscar obxectivos de financiamento distintos ao cupón, e emprego para persoas cegas ou con outra discapacidade. Pon a disposición dos seus afiliados unha biblioteca que conta con máis de 11.000 obras en braille, máis de 1.700 en soporte informático, máis de 20.000 en formato de son, ao redor de 3.600 partituras musicais en braille e máis de 30.000 obras en tinta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa sucesora da Anglo-española de Electricidad, constituída en 1921. Desde 1973 é unha filial da multinacional xaponesa Matsushita Electric Industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político orixinado dunha primeira escisión do PSOE en 1920 e dunha segunda de 1921, de onde xurdiu o Partido Comunista Obrero Español (PCOE), que tivo na publicación Guerra social o seu voceiro e a A. García Quejido, M. Núñez de Arenas, Daniel Anguiano, Virginia González e F. Perezagua Pérez como dirixentes. Aquel mesmo ano a Terceira Internacional celebrou unha conferencia de fusión entre o PCE e o PCOE que deu lugar ao PCE. M. Primo de Rivera prohibiu o partido en 1923 e o PCE pasou unha época de clandestinidade que favoreceu a súa desarticulación. O III congreso houbo de reunirse en París (1929) pero o cambio máis importante produciuse no IV congreso (1932), cando asumiu a dirección José Díaz Ramos, Isidora Ibárruri Gómez (a Pasionaria), Vicente Uribe Galdeano, Pedro Checa e Antonio Mije García, entre outros, e consagrou a submisión do PCE á política de Stalin. A súa presenza no goberno republicano durante a Guerra Civil Española foi moi importante e posteriormente participou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político procedente, en 1967, dunha escisión esquerdista do Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC). Esta escisión deu lugar ao PCE (internacional) que, despois de sufrir a separación do sector máis radical (1971), se converteu en PTE (1975). Propugnaba unha Fronte Democrática para a ruptura co Franquismo. Promoveu a Confederación de Sindicatos Unitarios de Trabajadores (CSUT) e creou a Joven Guardia Roja. En 1977 absorbeu o Partido Comunista de Unificación. Dirixido por Eladio García Castro, fundiuse coa Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) no Partido de los Trabajadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político xurdido en 1971 como facción trotskista do Grupo Comunismo. En 1973 converteuse en Organización Trotskista e en agosto de 1974 constituíuse no PORE, que desde 1976 se considera a Sección Española da IV Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado na Coruña a partir de marzo de 1811. Cesou en 1814. Apareceu baixo os lemas “Rex in sempiternum vivere” e “Vita tamen vinces aversque Troja resurges”. Editada polo frade Xoán Chacón, saíu tres veces á semana. Estaba relacionado co Exacto correo de España en La Coruña, tamén editado polo mesmo relixioso. Os dous xornais atacaban o liberalismo, aínda que o Postillón facíao dun xeito máis violento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadea privada de emisoras de difusión nacional. Como Cadena Ibérica foi a primeira emisora que comezou a funcionar en España, o 10 de novembro de 1924, baixo o indicativo EAJ-2. Emitiu desde Madrid ata o 5 de abril de 1925, data en que suspendeu as súas emisións. Reiniciou a programación a partir de 1927. Tras numerosas dificultades económicas, pasou a ser xestionada pola sociedade Unión Ibérica de Radio, sociedade titular de Radio España. O 20 de setembro de 2001, a sociedade xestora da cadea e Onda Cero chegaron a un acordo para a difusión da programación de Onda Cero a través das 19 emisoras de Radio España, complementando os seus contidos coa programación de Onda Cero Música e Europa Fm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo de radiodifusión do Estado español creado o 19 de marzo de 1937. Tivo os primeiros estudios en Salamanca, ata que foron trasladados a Burgos. Por orde ministerial, entre 1940 e outubro de 1977 foi a única que ofrecía noticias, polo que o resto das emisoras tiñan que conectar con ela. Tras a absorción doutras emisoras do franquismo comezou a diversificar a súa oferta coa Segunda Programación de RNE (1957), logo Radio Clásica, Radio Exterior (1977) e Radio 3 (1979). A oferta completouse con Radio 4, para Catalunya, e Radio 5, dedicada só á información. En 1964 comezou un período aperturista e de abandono da rixidez, sobre todo nos informativos. De ser propiedade estatal, pasou a sociedade anónima estatal (1980) e abriu correspondencias nas principais cidades do mundo. Constituíu a Orquesta Sinfónica de RNE (1947) e o Coro (1950), e a partir de 1972 os seus estudios establecéronse en Prado del Rey (Madrid).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal eclesiástico colexiado, ordinario, con sede en Madrid, constituído principalmente para recibir as apelacións contra as sentenzas eclesiásticas pronunciadas en España. Tivo a súa orixe no Tribunal del Nuncio que,a instancia de Carlos V, o Papa Clemente VII concedeu a España en 1529 como tribunal de apelación onde, amodo de privilexio, puideran terminarse as causas españolas sen necesidade de acudir a Roma. Este tribunal reformouno Clemente XIV en 1771 mediante a constitución Administrandae iustitia zelus e concedeulle unha organización similar ao da Rota Romana, polo que a partir de entón se denominou Rota de la Nunciatura Apostólica ou Tribunal de la Rota de la Nunciatura Apostólica. No s XIX suspendeuse en 5 ocasións, a causa das persecucións políticas contra a igrexa española. Pío XI suprimiuno o 21 de xuño de 1932, debido ás circunstancias particularmente antieclesiais creadas durante a Segunda República. Pío XII restableceuno o 7 de abril de 1947 mediante o motu...

    VER O DETALLE DO TERMO