"Estevo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 86.

  • PERSOEIRO

    Rei de Serbia (1282-1321). Enfrontouse ao emperador bizantino aliado co seu sogro o duque de Neopatria e ocupou parte de Macedonia (1282-1285) e de Albania (1296). Mostrouse tolerante cos católicos e cos bogomilianos e favoreceu o desenvolvemento da cultura bizantina. Reiniciou a explotación das minas de ouro, prata, estaño e chumbo e desenvolveu o comercio de exportación de peles e trigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (928-931). Elixido polas intrigas dos condes de Túsculo, e de Marozia, marquesa de Tuscia, favoreceu o mosteiro de San Vicente en Volturno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (939-942). Elixido co apoio de Alberico II de Spoleto, gobernou sometido ás súas presións. Mediou no enfrontamento entre Luís IV e os príncipes francos que se negaban a recoñecelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Serbia (1321-1331), fillo ilexítimo de Estevo VI Uroš II Milutin. Obrigado polo seu pai a retirarse a un mosteiro, primeiro en Constantinopla e despois en Dioclea, conseguiu ser elixido rei dos serbios coa axuda do clero e dunha suposta curación milagrosa (1321). Estreitou as relacións con Occidente aínda que perdeu Zaclunia, o acceso de Serbia ao mar. Derrotados os búlgaros en Velbužd (1330), converteu a Serbia na primeira potencia balcánica e cedeulle Bulgaria á súa irmá Anna (1331). Destronado pola nobreza, morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Serbia (1355-1371), fillo de Estevo IX Uroš IV Dušan e derradeiro monarca da dinastía Nemanjič. Tras ser vencido polos turcos (1371) á beira do Río Marica, o seu imperio desmembrouse en principados independentes e autónomos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de cantería e escultor. Identificouse co mestre das Praterías e suponse que era fillo do mestre Bernaldo o Vello e pai de Bernaldo o Novo. Traballou tamén na porta do Perdón de San Isidoro de León e iniciou as obras da catedral románica de Pamplona (1001), onde o identificaron como mestre de obras de Santiago, aínda que a súa presenza en Compostela se relaciona co reinicio das obras da catedral baixo o goberno de Xelmírez, datadas segundo unha inscrición da porta das Praterías en 1103, polo que pode tratarse do mesmo mestre ou de dous diferentes con características estilísticas semellantes. Na catedral compostelá atribúenselle a finalización do deambulatorio, a realización do cruceiro e o deseño do programa iconográfico das portas de Praterías e da desaparecida porta do Paraíso. Nas Praterías atribúenselle as figuras de Eva, David, os monstros coa serpe enroscada e o mozo dacabalo dun león no tímpano esquerdo; o santo Andrés das xambas; os leóns na liña de impostas;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tracista. Entre as súas obras destaca o cadeirado do coro de San Domingos da Coruña (1791).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diácono e protomártir cristián. Acusado de blasfemia polos xudeus helenistas, foi condenado polo sanedrín e morreu apedrado. No libro dos Feitos dos Apóstolos reprodúcese un discurso apoloxético seu, fundamental para comprender a evolución misional do primitivo cristianismo. Represéntase como un mozo imberbe e vestido coa dalmática. A súa festividade celébrase o 26 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do latín Stephanus, nome testemuñado esporadicamente en Roma en era precristiá, pero usado só por gregos ou orientais, que reproduce, á súa vez, o grego Stéphanos, nome persoal moi antigo e tamén voz común stéphanos (στέ ϕ ανος) ‘coroa, gloria’. Presenta as variantes Esteve e Esteveíña. Deste nome deriva Estévez, un dos apelidos patronímicos galegos máis frecuentes. Co cristianismo espallouse, especialmente, este nome debido ao culto a santo Estevo, diácono e primeiro protomártir cristián, e un dos santos máis antigos no culto hispánico (s V); e invócase contra o mal da pedra e contra as dores de cabeza. Outros santos con este nome foron Estevo I de Hungría (969-1038), primeiro rei dos maxiares e celebrado o 16 de agosto, o Papa Estevo I (257-260), celebrado o 2 de agosto, ou Estevo Harding (1050?-1133), terceiro abade da orde do Císter. Entre os santos galegos, destaca un...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tipógrafo. Residiu en Viveiro, onde foi presidente da asociación mutualista Sociedad de Obreros. Ante os problemas de carestía e escaseza de produtos alimenticios e carburantes, que padeceu a comarca de Viveiro nos anos da Primeira Guerra Mundial, organizou unha cooperativa alimentaria para as persoas afiliadas á sociedade. De ideoloxía socialista, foi impresor de El Heraldo de Viveiro e, posteriormente (1919), redactor de El Defensor Obrero, voceiro de publicación quincenal do proletariado socialista da bisbarra. Colaborou na formación da Agrupación Socialista de Viveiro, creada en decembro de 1921.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Páramo. De orixe románica (s XII), reformouse en épocas posteriores. Ten nave única, capela maior de planta cuadrangular e unha sancristía pegada no N. A porta principal é de arco de medio punto con dúas arquivoltas baquetonadas e tímpano con dúas estrelas incisas. No muro S consérvase outra porta de arco de medio punto con dúas arquivoltas, a exterior baquetonada e erixida sobre columnas con fustes lisos e capiteis vexetais, e a interior de sección recta. No tímpano hai dous pequenos arcos cegos con motivos cruciformes incisos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Sarria. De estilo románico, ten planta e ábsida rectangulares e posúe un arco triunfal de medio punto con capiteis historiados con homes e animais. Destaca o retablo do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Sanxenxo. Consta dunha soa nave dividida en tres tramos, os dous máis occidentais cubertos con bóveda de cruzaría e o terceiro xunto á capela con bóveda de canón. A fachada presenta dúas arquivoltas apuntadas. No tímpano atópase un calvario do s XVIII. Conta cunha torre-campanario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Estrada. Construíuse en estilo románico durante o s XII, aínda que foi reformada durante o s XVIII. Consta de nave única e ábsida semicircular con cuberta abovedada e unida a un corpo rectangular do presbiterio. Destaca a decoración interior, cunha fileira de canzorros, que percorre a nave e a ábsida. A fachada foi reedificada en 1769, con porta arquitrabada, xambas lisas e lintel rectangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Oza dos Ríos. Datado xa en 868, documéntase tamén nos Tombos de Sobrado dos Monxes aínda que sen data.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Guitiriz. Construída no s XII en estilo románico, ten nave de planta rectangular e capela maior de planta cadrada. Posteriormente engadíuselle a sancristía e outro corpo no lateral esquerdo. Realizouse en cantaría e ten cuberta de lousa a dúas augas na nave e a catro no presbiterio. No interior destacan as pinturas murais con escenas da Paixón, Anunciación e Cristo en Maxestade e unha ara con inscricións romanas. A fachada é do s XVIII e ten a porta arquitrabada, unha ventá rectangular na parte central e remata nunha espadana de dobre corpo. No ángulo co muro lateral dereito hai un reloxo de sol. No adro consérvanse varios sarcófagos antropomorfos medievais e unha pía bautismal gótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Santiso. De estilo románico (s XII), ten unha soa nave de forma rectangular dividida por un arco de medio punto. No seu interior destaca a ábsida, construída en data posterior á nave. A porta principal está formada por un par de columnas acobadeladas sobre as que se apoia unha dobre arquivolta. No tímpano destaca unha cruz en forma de aspa inscrita nun cadrado. A fachada remata nunha espadana de dous vans. Na fachada meridional a cruz do tímpano está rodeada por unha moldura de pequenos arcos en forma de coroa. Consérvanse os canzorros románicos que sosteñen o beiril do tellado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pol. Tense noticia da súa existencia no s XIII, aínda que se puido construír con anterioridade, e foi reedificada no s XIX. Consta de nave rectangular cunha cuberta de madeira a dúas vertentes. A capela maior está a maior altura e o retablo maior é barroco (1763). Na fachada hai un óculo redondo e unha espadana dun só van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Samos. Construída en estilo románico no s XII, ten nave única e ábsida pentagonal con tres ventanais. Na fachada, moi reformada, presenta unha porta cun dobre arco de medio punto. Conserva varios canzorros na cornixa. No interior destaca o retablo maior, barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao). Pode tratarse do mosteiro de Santo Estevo en Vila Nazara que dependía de Samos. Pode datar do s X. Do antigo cenobio consérvase a igrexa, que se converteu en parroquial. Construída posiblemente a finais do s XII, consta de nave rectangular dividida en catro tramos, separados por arcos apuntados, cada un deles cunha fiestra con arco de medio punto; unha única ábsida formada por un tramo recto e outro semicircular separados por un arco faixón. A sancristía atópase no lado sur, pegada ao tramo recto da ábsida. O arco triunfal é de medio punto peraltado en aresta e apóiase en columnas pegadas. A fachada principal da igrexa divídese en dúas partes, a inferior coa porta principal flanqueada por dous arcos de medio punto cegos, e a superior presidida por un gran rosetón. A porta presenta catro arquivoltas abucinadas con decoración figurada e vexetal nalgúns capiteis e sete figuras de anciáns apocalípticos sobre unha das arquivoltas....

    VER O DETALLE DO TERMO