"IBE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 465.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cambre baixo a advocación de san Cibrao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro que estivo situado en Cambre. Non hai datos sobre o momento da súa fundación, pero coñécese a súa existencia por un documento de 1154, data na que o Papa Anastasio IV lle confirmaba a súa pertenza á igrexa de Santiago, certificación que ratificou en 1178 o Papa Alexandre III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo do Emperador Claudio e de Mesalina, e presunto herdeiro do Imperio. A segunda muller do emperador, Agripina, fíxoo desherdar en favor de Nerón, fillo do seu primeiro matrimonio. Posteriormente Británico foi envelenado, favorecendo a Nerón coa súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Membro dunha familia de arquitectos. Desenvolveu a súa actividade no reinado de Luís XIV. Realizou o Hospital dos Inválidos e a súa igrexa (1670-1676), na que despois traballou Jules Hardouin Mansart, e a igrexa de San Luís no asilo de Salpetriére (1670?). Nas súas construcións predominan as estruturas sobre a decoración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radio España.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cálibes.

    2. Individuo do pobo cálibe.

    3. Pobo que habitou a zona oriental do Ponto Euxino. Segundo a tradición grega, os cálibes foron os primeiros que traballaron o ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi o líder do grupo Nou Ambient, creado en 1919 seguindo o modelo dos evolucionistas. A súa pintura presenta influencias de Nonell, con derivacións cara ao surrealismo e ao expresionismo. Tamén cultivou o collage. Entre 1939 e 1980 estivo exiliado en México onde escribiu diversos traballos sobre arte mexicana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo ou ás linguas caribes.

    2. Individuo do grupo étnico dos caribes.

    3. Tribos amerindias que desde pouco antes do descubrimento de América ocupaban as Pequenas Antillas e parte das terras veciñas do continente, anteriormente poboadas polos arauacos. Os primitivos caribes insulares, que posuían trazos característicos da cultura amazónica, destacaron polo seu canibalismo e pola súa belicosidade nos primeiros contactos cos europeos. Desapareceron case totalmente das Antillas e os superviventes foron relegados por Francia e Inglaterra á Dominica e á illa de Saint Vincent. Mesturados coa poboación negra da illa, os denominados caribes negros foron deportados a Honduras no 1795, onde hoxe habitan uns 30.000. Actualmente o núcleo principal dos caribes localízase nas zonas montañosas das Guaianas e de Venezuela, na súa fronteira con Brasil. Tamén habitan na beira dos ríos Negro e Amazonas e nos Andes colombianos.

    4. Familia de linguas pertencente ao grupo je-pano-caribe. O seu centro de dispersión foi a rexión comprendida entre a conca alta do río Xingu e o río Tapajós, desde onde se estendeu ata a costa nordés do continente e ás Antillas. Está constituída por un centenar ou máis de falas, entre vivas e extinguidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • As Antillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar das Antillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Caribe ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Caribe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado na chaira aluvial da confluencia dos ríos Xúquer e Albaida (7.089 h [1996]). A agricultura de regadío e a gandería, sobre todo porcina, son as principais actividades económicas, aínda que tamén hai industria de conservas, de papel, de mobles e de materiais de construción. De orixe islámica, foi lugar real desde a conquista e Xaime I de Aragón incorporouna a Xàtiva. Foi independente, administrativamente, entre 1587 e 1708, data na que perdeu esa condición ata 1731 por apoiar o candidato austríaco durante a Guerra de Sucesión. A igrexa parroquial da Asunción, probablemente do s XV, reconstruíuse despois do terremoto de 1748. En 1901 inaugurouse o asilo de Sant Domènec cunha igrexa neogótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está libre de ataduras.

    2. Aplícase á persoa, pobo ou nación que non está sometido ao poder doutros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oceiro da Asamblea Nacional Popular Galega (ANPG), que comezou a súa edición en 1977. Trátase dun boletín de tendencia nacionalista no que as seccións varían segundo o número. Trata todo tipo de temas, xa sexan relacionados coa política, coa cultura ou coas noticias internacionais ou nacionais sobre emigración, mar ou agro. Dá conta tamén das xuntanzas e das actividades internas da Asamblea. Na última folla aparece unha viñeta que trata un tema de actualidade. No número de abril de 1980 publicou as “Coplas contra o decreto do bilingüismo”, compostas polo Gaiteiro de Ventosela para o Día das Letras Galegas de 1980. Tanto os debuxos como as citas de Castelao están sempre presentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen non casou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión da Península Ibérica na que se asentaron os pobos celtiberos desde a segunda metade do I milenio a C. Comprendía dous bloques espaciais: o primeiro englobaba a conca central do río Ebro e as terras que avanzaban ata os límites de Aragón e Nafarroa, e tiña a súa fronteira norte no Pireneo axial e nos vales transversais, desde o de Salazar ata o alto Sobrarbe. O Sistema Ibérico serviu de límite e territorio de transición entre a depresión do Ebro e o segundo bloque constituído polas dúas mesetas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos celtiberos.

    2. celtibero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Celtiberia ou aos celtiberos.

    2. Individuo deste pobo.

    3. Grupo de pobos prerromanos establecidos na Celtiberia. Neste territorio distinguíanse dúas grandes rexións: a Ulterior, onde se situaban, entre outros, os territorios dos arevacos e dos pelendóns, e a Citerior, ocupada por numerosos pobos, entre os que destacaban os belos, titios e lusóns. As súas orixes están nos grupos de pobos indoeuropeos (hallstáticos), que chegaron á Península Ibérica na Primeira Idade de Ferro, que dominaron a metalurxia deste material. Pola súa parte, os celtas chegaron posteriormente, durante o período de La Tène, feito polo que os celtiberos non se poden considerar celtas. A súa cultura desenvolveuse durante a Segunda Idade de Ferro, entre o 500 a C e a conquista romana. Establecían os poboados en lugares estratéxicos de fácil defensa e de difícil acceso. A súa economía dependía fundamentalmente da gandería, aínda que nos pobos da zona do Ebro existiu unha importante agricultura cerealista. A poboación agrupábase ao redor de grandes núcleos de poboación, tales...

    4. Lingua pertencente ao grupo céltico, da familia indoeuropea. As primeiras documentacións (ss II-I a C), tanto en alfabeto ibérico coma latino, localizáronse no territorio dos cursos altos dos ríos Ebro, Duero e Tajo (lugares nos que os escritores antigos situaban a Celtiberia). Algunhas inscricións máis temperás, como a que procede de Botorrita (ó redor do 100 a C), leva un texto xurídico de 114 palabras en 11 liñas e unha lista de antropónimos de 60 palabras en 9 liñas. Están en escritura ibérica epicórica que non distinguía oclusivas sonoras e xordas, e engadía a ambiguedade de usar caracteres silábicos para estes sons (Pa, Ca, Ta, Pe, etc); por exemplo, o símbolo Ti podía denotar /ti/, /di/, /t/ ou /d/. Outras inscricións máis tardías están en alfabeto latino, como a de Peñalba de Villastar (s I ou II d C). Fronte ás características tradicionalmente atribuídas ao celta, o celtibero presenta como trazo propio a desinencia de xenitivo singular temático -o (lubos...aualo...

    5. Arte desenvolvida no ámbito cultural da Celtiberia. A súa arquitectura empregou a pedra e o adobe. As casas, de planta rectangular, presentaban unha división do espazo interior en estancias separadas por tabiques de adobe, como as do poboado de Los Castellares. Outro tipo de construcións eran as casas escavadas en roca branda, como as da cidade de Contrebia Leukade (Aguilar del Río Alhama, La Rioja). A defensa dos poboados realizábase por medio de murallas (castro de la Mesa de Miranda, en Chamartín de la Sierra, Ávila), fosos e liñas de pedras chantadas. Non se conservan restos de edificios de carácter relixioso, aínda que parece ser que os cultos se realizaban ao aire libre. Na arquitectura funeraria destacan as estelas, que sinalaban o lugar de enterramento e, ás veces, formaban rúas (necrópole de Luzaga) e outras cubertas en forma de túmulo. Entre as construcións tumulares destacan as situadas en La Osera (Chamartín de la Sierra). Das representacións escultóricas cómpre salientar a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico brasileiro. Autor de estudios básicos sobre enfermidades tropicais, descubriu en 1919 o Trypanosoma cruzi, axente causante da tripanosomiase americana ou enfermidade de Chagas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do apelido galego Civeira.

    VER O DETALLE DO TERMO