"Ibi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 264.

    1. Calidade de coercible.

    2. Atributo da norma xurídica que lles outorga aos órganos xurisdicionais do Estado a posibilidade de impoñer a observancia da sentencia coactivamente e de establecer a sanción correspondente no caso de que esta fose violada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de cognoscible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cohibir ou cohibirse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de cohibir.

    2. Que é tímido e pouco desenvolto. Ex: É tan cohibido que nunca pregunta nada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Influír algo ou alguén sobre o ánimo dunha persoa impedíndolle obrar libremente.

    2. Sentirse presionado mentalmente ata o punto de non poder actuar.

    3. Conterse de realizar algunha cousa. Ex: Cohíbese de comer pan porque está gordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de combustible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de compatible.

      1. Calidade de dous ordenadores pola que un deles pode executar correctamente un programa do outro ordenador sen necesidade de ningunha corrección.

      2. compatibilidade cara a adiante

        Capacidade dun equipo ou aplicación para seren ampliados.

      3. compatibilidade cara a atrás

        Capacidade de traballar un programa ou un accesorio dun ordenador con equipos ou aplicacións máis antigos que para os que foi deseñado.

      4. compatibilidade Hayes

        Capacidade dun módem para responder ao mesmo conxunto de comandos de marcado automático que o Hayes Smartmodem. Case todos os módems da actualidade son compatibles co estándar Hayes.

      5. compatibilidade PC

        Capacidade dun ordenador para executar o mesmo programa e utilizar os mesmos accesorios de hardware do estándar coñecido como PC IBM e de ordenadores máis recentes do mesmo tipo. Algúns ordenadores poden emular por software eses modelos e executar software de PC nunha unidade central de proceso completamente diferente, como unha RISC de Sun ou un chip Power PC. Se un ordenador só necesita intercambiar datos cun PC IBM, non necesita ser compatible co estándar de IBM; só lle cómpre un medio de comunicacións axeitado, como as liñas telefónicas ou unha rede de área local co software axeitado.

    2. Calidade dos sistemas de ecuacións que teñen solución.

    3. consistencia.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de composible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de comprensible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de compresible.

      1. Propiedade dunha substancia ou corpo pola que reduce o seu volume cando se somete a un aumento de presión. Mídese co coeficiente de compresibilidade.

      2. coeficiente de compresibilidade [k]

        Cociente entre a diminución relativa do volume dunha substancia e o aumento de presión que a produciu: k=dV/VdP. Mídese en m 2 /N=Pa -1 . Pódese distinguir o coeficiente de compresibilidade isoterma, k<J>T</J>=(-1/V)(ðVP)<J>T</J>, e o coeficiente de compresibilidade adiabática, k<J>S</J>=(-1/V)(ðVP)<J>S</J>. O coeficiente de compresibilidade é o inverso do módulo de compresibilidade. OBS: Tamén se denomina compresibilidade.

      3. factor de compresibilidade [Z]

        Factor adimensional relativo a un gas, dado pola expresión Z=PV/RT, onde P é a presión, V é o volume molar, R é a constante dos gases perfectos e T é a temperatura. Introducido na ecuación de estado dun gas, dá unha idea da desviación do comportamento deste respecto ao do gas ideal, polo que tamén se coñece como factor de desviación do gas.

      4. módulo de compresibilidade [K]

        Coeficiente inverso do coeficiente de compresibilidade: K=1/k. Mídese en N/m 2 =Pa. Dá idea da presión que debe aplicarse sobre a unidade de superficie do corpo en cuestión para producir unha determinada diminución relativa do volume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode concibir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de concibir.

    2. Feto humano no período que media entre a concepción e o momento do seu nacemento, sempre que este chegue a ser legalmente perfecto. Para adquirir a perfección legal téñense que cumprir dous requisitos: que o feto teña figura humana e que viva polo menos vinte e catro horas despois de ser separado do seo materno. Carece de personalidade xurídica ata o momento do seu nacemento, sen embargo, establécese un réxime especial de tutela e protección.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar existencia dentro de si a un novo ser a través da fecundación.

      1. Comezar a experimentar un sentimento.

      2. Darlle forma a algunha cousa a través da imaxinación.

      3. Formar a idea ou o concepto de algo.

      4. Comprender o significado ou crer posible algo.

    2. Quedar fecundada unha femia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propiedade dun corpo para conducir a electricidade ou a calor.

    2. Capacidade dunha fibra muscular de transmitir a unha fibra contigua os impulsos que lle chegan. É máxima nas fibras do sistema de condución do corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de convertible.

    2. Calidade dunha moeda de poder cambiarse por outras, mediante o emprego de procedementos internacionais de compensación multilateral de pagos. O réxime de absoluta convertibilidade presupón un sistema de patrón monetario internacional, sexa o patrón ouro (gold standard) ou o patrón troco-ouro (gold exchange standard). Pódese falar tamén de convertibilidade limitada, cando está restrinxida a operacións con persoas ou estados determinados. A convertibilidade favorece o comercio internacional, mentres que a non convertibilidade obriga a acordos bilaterais ou ao establecemento de mecanismos de compensación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de corrixible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de corruptible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de crible.

    2. Calidade da revelación cristiá. A Igrexa Católica concibe a credibilidade como unha esixencia lóxica previa ao acto de fe.

    VER O DETALLE DO TERMO