"Icía" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

  • Organización fundada en Santiago de Compostela en 1985 co nome de Asociación de Actores de Galicia. Está presidida por Mabel Rivera e integrada ademais por Gonzalo Uriarte, o seu primeiro presidente, Vicente Montoto, Lino Braxe, Casilda García, Xosé A. Porto Josito, Avelino González, Celso Parada e Cándido Pazó. Se a creación en 1984 do Centro Dramático Galego supuxo o recoñecemento institucional da actividade teatral e dos oficios teatrais propios da realización e da produción teatral, coa posta en marcha de asociacións sectoriais iniciouse un longo período de traballo na procura do recoñecemento e da lexitimación social e profesional dos traballadores da escena. A asociación desenvolve actividades moi diversas, desde aquelas orientadas á defensa dos dereitos profesionais dos seus asociados ou á promoción de melloras no exercicio profesional, ata a organización dun importante número de cursos de formación e reciclaxe, en colaboración co Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade creada en Santiago de Compostela o 12 de xaneiro de 1980 por Lorenzo Martínez e por un grupo de anticuarios galegos. Presidida por Víctor Manuel Rodeiro Montenegro, esta asociación naceu co fin de defender, promocionar e revalorizar os intereses dos seus asociados e das antigüidades, en xeral. Anualmente organiza en Santiago de Compostela e na Coruña o Salón de Anticuarios Gallegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constituída o 1 de decembro de 1990 en Santiago de Compostela, o seu ámbito de actuación céntrase, fundamentalmente, na Comunidade Autónoma Galega. O seu labor desenvólvese facilitando información aos seus asociados, organizando xornadas técnicas, visitando empresas, mantendo xuntanzas coas administracións públicas, facilitando viaxes a congresos e encontros nacionais e internacionais, e tamén formando a traballadores e mandos. Ten como obxectivos coordinar criterios diante dos problemas comúns do sector e crear servicios de interese común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundouse en xuño de 1905 na Habana co obxectivo de financiar e apoiar a creación dunha Academia Gallega. En 1905 publicouse nos xornais da illa de Cuba un artigo de Manuel Murguía no que incitaba á fundación da Real Academia Gallega, co fin de evitar a desaparición do idioma galego, e que esta se encargase da elaboración dun dicionario e dunha gramática. Tal iniciativa foi acollida con aceptación por parte das asociacións e galeguistas da illa, especialmente Manuel Curros Enríquez e Xosé Fontenla Leal. Ao mesmo tempo traballaba dende América na recuperación da cultura galega recollendo cantos e tradicións populares, e contemplando no seu regulamento a creación de tres seccións culturais dentro da asociación (Historia, Literatura e Belas Artes, e Ciencias). A achega da asociación cubana foi tan importante que, en outubro de 1905, se formalizou a constitución da Real Academia Gallega, con sede na cidade da Coruña. Na súa declaración estatutaria, a asociación declaraba non ter ideoloxía política...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade de carácter privado creada en 1991 como froito da iniciativa conxunta das principais empresas da industria téxtil e da confección de Galicia co gallo de apoiar o sector. Os seus socios fundadores son as empresas: Florentino, Unicén, Antonio Pernas, Volvoreta, Roberto Verino Difusión, Géneros de Punto Montoto, Creaciones Toypes, Jealfer, Pili Carrera, D’AQ, Caramelo e Adolfo Domínguez, aos que logo se engadiron Mafecco e Selmark. O cargo de presidente desta asociación rota entre os distintos membros: José Fernández Valencia (Unicén, 1991-1996), Ramón Lavandeira Muiños (Caramelo, 1996-1998); dende 1998 está presidida por Adolfo Domínguez. O seu fin prioritario é o fomento e desenvolvemento das actividades a prol do sector téxtil e da confección de Galicia, así como a representación, defensa e promoción dos intereses profesionais, sociais e culturais dos seus asociados, incluíndo a organización dun constante labor formativo e de promoción profesional dos seus afiliados. Neste sentido,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido en Santiago en 1853 e subtitulado “Periódico de intereses materiales y morales, de literatura, modas y anuncios”. De periodicidade bisemanal, figuraban como director Abelardo Carballo e como redactor Ramón Segade Campoamor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada en México no ano 1962, divulgadora da cultura e lingua galegas nese país. Colaborou coa Universidade de México e produciu unha serie de programas de información cultural en Radio Metropolitana e Radio Universidad. Publicou tamén a revista Compostela. Nesta institución participaron numerosos intelectuais e políticos da sociedade mexicana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de libros que leva como subtítulo “Aproximación á distribución dos Vertebrados de Galicia durante o quinquenio 1980-1985”. Realizado pola Sociedade Galega de Historia Natural e publicado polo Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela en 1995, consta de dous tomos, un dedicado ás aves e outro aos mamíferos, réptiles e anfibios. Emprega para a distribución das especies a cartografía UTM que converte Galicia en 360 cuadrículas de 10x10 km. Reproduce 60 mamíferos, 146 aves, 15 anfibios, 24 réptiles e 11 peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro de Xosé Manuel Beiras Torrado, publicado pola editorial Galaxia en Vigo no ano 1972, no que se enuncia a teoría do atraso como modelo explicativo da estrutura económica de Galicia. Segundo a obra, as transformacións económicas que se estaban a producir daquela no país non se acompañaban dun desenvolvemento e dun crecemento parello, polo que incidían na permanencia dunha economía dependente e caracterizada por niveis de produtividade, renda per cápita, consumo, porcentaxe da poboación activa, etc, inferiores aos dos países do seu contorno, eis o atraso. Dende esta perspectiva, o país sufría un proceso de desartellamento territorial (éxodo rural), esmorecemento demográfico, crise agraria, proletarización da poboación e desastre ecolóxico pola xestión anárquica do hábitat. A obra conclúe que o atraso de Galicia é responsabilidade de factores como a emigración secular, o raquitismo burgués, a insolidariedade institucional ou a colonización financeira, e que o minifundismo, as deficientes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Empezou a súa carreira literaria publicando traducións do inglés e do francés en El Diario de la Habana. Moitas das súas obras, entre as que destacan Mauricio (1845), Úrsula (1848) e Una venganza (1850), apareceron como folletíns dominicais no Diario de la Marina. Asinaba co pseudónimo de Felicia. Escribiu os ensaios Luisa Siged e La Mujer Ilustradora, reivindicando unha educación sistemática para a muller e o voto feminino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palacio de Música, Teatro e Congresos da cidade de Santiago de Compostela, inaugurado o 20 de outubro de 1989 cun concerto da Orquestra Nacional de España baixo a dirección de Odón Alonso e cunha exposición antolóxica de Laxeiro. O convenio para a súa construción asinárono o 15 de xuño de 1988 o ministro de Cultura, o Presidente da Xunta de Galicia e o alcalde de Santiago. O proxecto técnico redactárono os arquitectos Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos. Dende os seus comezos, exerce as funcións de xerencia do Auditorio Xosé Denis Hombre. O contorno do edificio inscríbese nun espazo exterior á cidade histórica e combina o urbano co paisaxismo natural, contrastando o granito, as galerías acristaladas e o cobre. Consta dunha sala de exposicións no nivel inferior; unha sala para música e teatro cunha capacidade de 1.032 prazas aproximadamente, destinada ás representacións teatrais, ópera, concertos e ballets; unha sala cunhas 600 butacas e un escenario máis reducido, axeitada para concertos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de tendencia moderada aparecido o 8 de maio de 1845, que cesaría aos tres meses de saír. Fundado por Xosé Mª Posada, foi dirixido por Íñigo García Jiménez. Contou coas colaboracións de Francisco Añón, Xosé Mª Carracido, Alberto Camino, Posada e Xosé María Gil. Incluía informacións sobre a industria, o comercio, a moral pública e contiña tamén páxinas de literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago no ano 1871, dirixida por Valentín Lamas Carvajal na súa época de estudiante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de auspiciar. Ex: Auspiciado o seu destino, comprobou que non era tan desastroso como pensaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer auspicio, predicir algo que vai acontecer.

    2. Favorecer algunha iniciativa ou empresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido en 1894 en Ferrol, que desapareceu en breve tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desexo excesivo e desordenado de adquirir riquezas para gardalas, privándose mesmo do imprescindible. Patoloxicamente se atopan casos de avaricia en demencias e delirios presenís, nos que teñen un valor sintomático comparable aos trastornos da memoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coller un vicio ou un mal costume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apoderado da Xunta do Reino de Galicia destinado na Corte como interlocutor diante do Consello de Castela (ss XV-XIX). O novo sistema político liberal, deseñado polas Cortes de Cádiz (1812), supuxo a desaparición definitiva en 1834 do axente do Reino de Galicia substituído polos xefes políticos de cada unha das catro provincias e os correspondentes funcionarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista gratuíta aparecida en xaneiro de 1988 e subtitulada “Revista técnico informativa de los municipios gallegos”. Foi editada e dirixida por Xosé R. Pampín Bermúdez e por Mª Teresa Castro Corgo. Tratábase dunha publicación dirixida aos funcionarios municipais con información sobre festas locais, homenaxes, nomeamentos, orzamentos e outros datos. Cada exemplar soía ser monográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO