"Ilan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 152.

    1. Que horripila.

    2. Que é moi feo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hsien de Taiwán (2.137 km2; 465.095 h [2000]). A súa capital é Ilan (81.751 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore perenne da orde das magnoliáceas. De orixe asiática, utilízase en perfumería, fitoterapia e farmacoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Brno 1.4.1929) Escritor checo. Exerceu como profesor de cinematografía en Praga, ata que en 1979 deixou todas as súas ocupacións e marchou a Francia. Obtivo prestixio internacional en base a coñecidos títulos de contos e novelas, como Žert (A broma, 1968), Směšne Lásky (Amores ridículos, 1968), Kniha smíchu a zapomně (O libro do rir e do esquecemento, 1981), Nesnesitelná lehkost byté (A insoportable levidade do ser, 1985), coa que realizou unha versión cinematográfica dirixida por P. Kauffman en 1987; Nesmrtelnost (A inmortalidade, 1989) e A ignorancia (1994). Editou tamén os ensaios L’art du roman (1986) e Les testaments trahis (1993). É doutor honoris causa pola Universidade de Michigan (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chileno. Doutorado en Economía pola Duke University, EE UU (1966), e profesor de economía na Universidad de Chile (1957-1972), tralo golpe de estado de 1973 exiliouse e traballou no programa de estudios de Posgrao en Ciencias Sociais da UNESCO (1975-1978). Volveu a Chile en 1978 como responsable do Programa Rexional de Emprego da ONU. Presidiu a Alianza Democrática (1983-1984) e o Comité de Izquierda por Elecciones Libres (1987). Entre 1990 e 1992 foi ministro de Educación no goberno de P. Aylwin Azócar e, posteriormente, de Obras Públicas no de Eduardo Frei. En 1998 renunciou ao cargo e dedicouse á candidatura presidencial. O 16 de xaneiro de 2000 foi elixido presidente de Chile para o período 2000-2006 pola Concertación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico italiano. Recomendou en casos de accidente e enfermidade o uso do cauterio para determinar tumores, a sutura dos nervios seccionados e a trepanación. Escribiu Chirurgia magna (1270) e Chirurgia parva (1296), que contribuíron ao renacemento da cirurxía empírica durante a Baixa Idade Media europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parroquia do concello de Malpica de Bergantiños baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen leva unha vida desleixada e descoida as súas obrigas e mesmo o seu aspecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Doutor en Filosofía e Teoloxía na Univesidade gregoriana de Roma e en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, estudiou no Seminario Conciliar de Lugo e ordenouse sacerdote en 1925. Da súa obra destacan Las oraciones gramaticales en los clásicos latinos (1928), Q. Tulii Ciceronis. Comentariolum Petitiones (1951) e Brevísima sinopsis de Prosodia y Métrica épica (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Da súa produción destacan 14 poemas (1976), Despacios (1980), Teaza de brétema (1994) e Por un presa de machacantes (1996). Gañador dun accésit no certame de narracións breves Modesto R. Figueiredo nos anos 1988 e 1991, conseguiu o primeiro premio en 1992 co relato “A Pin-Up de Beatiful Street”. Ademais gañou o IX Premio Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía coa obra Dende unha nada núa (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lugo. De estilo barroco, foi capela do antigo hospital de San Xoán de Deus. Tralo incendio do hospital en 1878, converteuse en igrexa parroquial baixo a advocación do patrón da cidade en 1893. Construíuse a finais do s XVII, e ten unha soa nave. No retablo maior destaca a imaxe de san Froilán; na fachada, a portada arquitrabada, a fornela coa imaxe de san Bertomeu e o ático coa imaxe de san Rafael. Nos extremos atópanse dúas torres xemelgas formadas polo corpo das campás e rematadas con cúpulas e bólas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do antropónimo Mánila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e historiador da arte. Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, foi crítico da arte en diversas publicacións. Escribiu Camilo Nogueira (1904-1982) (1996) e A pintura galega (1850-1950). Escola, Contextualización e Modernidade (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Pavia (1499-1512) e duque de Milán (1512-1515). Recuperou o ducado dos franceses pero fíxose impopular entre os seus súbditos polos impostos e a vida irresponsable que levaba. Despois da Batalla de Marignano (1515) tivo que ceder o seu ducado a Francisco I de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Conselleiro de Estado, catedrático emérito da Universidade da Coruña, foi secretario xeral técnico da Presidencia do Goberno (1969-1973) e conselleiro do Reino (1977). Foi presidente do Instituto Nacional de Reforma e Desenvolvemento Agrario (1976-1977), e do Banco de Crédito Agrícola (1978-1981), fundador e secretario do Partido Galego Independente e deputado pola UCD (1977-1982). Foi o primeiro reitor da Universidade da Coruña (1990-2003) e vicepresidente da Conferencia de Rectores de Universidades Españolas. Colaborou na redacción da Constitución de 1978, como autor da disposición transitoria segunda sobre as nacionalidades históricas, e na do Estatuto de Autonomía de Galicia. Publicou El mutualismo laboral: un estudo jurídico (1963), La distinción entre norma y acto administrativo (1967), La cláusula de progreso de los servicios públicos (1968), Escritos sobre la transición política española (1979), El Estatuto gallego. Por fin unha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Galeguista. En 1922 emigrou a Bos Aires onde foi o secretario da Organización Republicana Nacionalista Autónoma Galega, que se converteu na delegación do Partido Galeguista en Arxentina. Participou na fundación do xornal España Republicana e tivo unha columna chamada Rataplán, onde asinaba co pseudónimo Tatarí. Foi un activo participante das Irmandades Galegas. Participou na creación de Galeuzca, no Congreso da Emigración Galega (Bos Aires, 1956) e foi cofundador e presidente do Patronato da Cultura Galega (1968). Recibiu a Medalla Castelao (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lugo. Construída en estilo románico rural durante a segunda metade do s XII, foi reformada nos ss XVII e XVIII. Ten planta rectangular, con muros de cantería de granito e ábsida cuberta con bóvedas de canón e cuarto de esfera. Destaca a súa torre-campanario de dobre corpo, cuberta con cúpula en forma de esfera, os canzorros dos muros no exterior e o cruceiro da entrada, realizado en cantería. A fachada principal, con portada arquitrabada e frontón historiado cunha imaxe do Apóstolo Santiago, reformouse durante o Barroco (comezos s XVII). No interior destacan os retablos barrocos e as esculturas de Santiago Peregrino, san Xosé, san Pedro e da Inmaculada. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Lombardia e da provincia homónima, que está situada no sector N da chaira lombarda, a medio camiño entre Prealpes e o río Po, nunha encrucillada de rutas transalpinas que a comunican coa Europa industrializada e enlazan co Mar Mediterráneo por Xénova a través dos Apeninos (1.182.693 h [2001]). Presenta unha forte expansión demográfica paralela á crecente industrialización e á forte inmigración que procede de toda Italia. A periferia urbana engloba grandes barrios que se unen aos municipios veciños formando unha conurbación. É unha gran capital rexional con funcións múltiples que estenden a súa influencia a toda Lombardia e parte de Piemonte e Emilia. A industria está moi diversificada, da que destaca a téxtil, a metalúrxica, a química, a farmacéutica, a alimentaria, a papeleira, a construción e a mecánica. A influencia da función comercial esténdese a todo o país e é o principal centro financeiro de Italia. Foi fundada polos celtas, cara a 400 a C e dous séculos máis tarde foi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Lombardia, Italia (2.762 km2; 3.614.108 h [2001]). A súa capital é Milán.

    VER O DETALLE DO TERMO