"Itacio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 72.

    1. Acción e efecto de ingurxitar.

    2. Repleción dos tecidos ou condutos producida por unha estase sanguínea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de inhabilitar.

    2. Pena que consiste na incapacitación para exercer os cargos públicos e na restrición dos dereitos civís ou políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de invitar.

    2. Escrito ou tarxeta cos que se invita a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de irritar ou irritarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo da diocese Ossonobense en Lusitania. No Concilio de Zaragoza de 380, acusou a Prisciliano polas súas prácticas e foi o encargado de levar a cabo os editos acordados. Apoiou os ataques dos bispos Magno e Rufo contra a doutrina de Prisciliano no Sínodo de Burdeos (384), e conseguiu a súa condena a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de levitar.

    2. Estado dun corpo sometido a unha forza sustentadora que equilibra o seu peso, de xeito que se mantén en suspensión a unha certa distancia dunha superficie de referencia. Determinadas técnicas metalúrxicas empregan a fusión en levitación para evitar os contactos materiais do metal co contorno. A levitación magnética é o principio dalgúns transportes avanzados.

    3. Fenómeno polo que algo ou alguén se eleva sobre unha superficie sen que ningunha forza visible o sosteña.

    4. Sensación de manterse no aire sen ter ningún punto de apoio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de licitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de limitar ou limitarse.

    2. Aquilo que limita ou impide o desenvolvemento de algo ou de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de meditar.

    2. Reflexión profunda sobre a propia persoa ou a existencia en xeral en que participan as facultades psíquicas, afectivas e intelectuais, e corporais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de musitar.

    2. Movemento dos labios simulando a palabra en voz baixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • lei da atracción universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. nititación.

    2. Pestanexo debido á contracción espasmódica dos músculos das pestanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción provocada polo pestanexo debido á influencia dunha luz de grande intensidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de palpitar.

    2. Sensación consciente do latexo do corazón percibida na área precordial como unha sensación molesta para o paciente. OBS: Adoita empregarse en plural.

      1. Estado de arritmia cardíaca cun mínimo de 300 impulsos por minuto, sen que todos provoquen necesariamente unha contracción muscular polo fenómeno da refracción do nódulo, e que producen diferentes graos de bloqueo.

      2. palpitación auricular

        Onda que atravesa o nódulo aurículo-ventricular en todas as ocasións. No electrocardiograma obsérvanse ondas en dente de serra, rítmicos e regulares.

      3. palpitación nasal

        Dilatación do vestíbulo nasal en dispnea pola acción muscular dos elevadores da aleta do nariz.

      4. palpitación ventricular

        Situación semellante á fibrilación ventricular, de contracción rápida e débil dos ventrículos e inefectiva como bomba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Promesa realizada, pero aínda sen aceptar, que, como non obriga xuridicamente, pode ser retirada, agás no caso en que concorra unha causa xusta, como por exemplo o comezo de execución dunha promesa, ou que esta se dirixa a unha comunidade ou a Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparición lenta dunha segunda fase de precipitación, constituída por un produto diferente do que se intenta precipitar, e que sucede con posterioridade á precipitación primaria. Este fenómeno é unha causa corrente de impurificación de precipitados, e só pode ter lugar cando o líquido que aboia está sobresaturado respecto dun composto que cristaliza lentamente. Adoita darse cando, superado o produto de solubilidade dun composto, a concentración dun dos seus ións constituíntes é moi pequena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de precipitar ou precipitarse.

    2. Présa excesiva na realización de algo.

    3. Auga que procede da atmosfera e que en forma líquida ou sólida se deposita sobre a superficie da terra.

    4. Separación dunha disolución en forma de precipitado. A precipitación dun composto a partir dunha disolución pode conseguirse por diversos métodos, tanto físicos como químicos. Dos primeiros cómpre salientar tanto a concentración por evaporación de disolvente como o rozamento, que poden conducir a unha sobresaturación (solubilidade). Dos métodos químicos, o máis empregado é a adición dun reactivo coñecido como precipitante, que pode actuar formando un composto insoluble cos ións ou moléculas existentes no medio considerado, ou ben variando a polaridade deste medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de premeditar.

    2. Circunstancia que agrava a responsabilidade nos delitos de homicidio e de lesións persoais. Xuntamente coa aleivosía constitúe o fundamento da perversidade do culpable e non desaparece en condicións de embriaguez nin mingua no caso de traizón e de abuso de autoridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte e espectáculo de habilidade e enxeño que consiste en producir, artificialmente, efectos de aparencia marabillosa e inexplicable, onde o espectador descoñece as causas que os producen.

    VER O DETALLE DO TERMO