"López" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 371.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Ocupou o cargo de arquitecto provincial de Ourense. A súa obra inscríbese no movemento ecléctico da segunda metade do s XIX. Entre as súas obras destacan a casa Fábrega (1881), a ferraxería Villanueva (1881-1891), a casa de Saco e Arce (1882) e o Instituto de Bacharelato Otero Pedrayo (1885-1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Participou coa Compañía Luís Seoane en Forzas eléctricas (1986) ou Aquela historia de Bly (1987). Posteriormente, formou parte do elenco da montaxe da Escola Dramática Galega en Como as camisas de liño, sobre textos de Ramón Otero Pedrayo. Tamén traballou coa compañía Uvegá Teatro na obra Trínguili Trángala, de Vicente Montoto. En 1992 actuou en Tatuaxe, de Manuel Lourenzo, e en 1993 en Saxo Tenor, de Roberto Vidal Bolaño. Participou, así mesmo, nas montaxes de Teatro do Atlántico Vellos tempos (1998), sobre un texto de Harold Pinter e O cerco de Leningrado (1999), a partir do texto de José Sanchís Sinisterra, interpretación esta última pola que recibiu o Premio María Casares á mellor actriz protagonista no ano 2000. Tamén para esta compañía foi axudante de dirección no espectáculo Solo para Paquita (2000), de José Sanchís Sinisterra. A súa colaboración co Centro Dramático...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, é intérprete xurado de galego. Foi tradutor de galego no Servicio de Tradución da Xunta (1989-1997), profesión que tamén exerceu fóra desa institución e, dende 1993, funcionario do corpo superior da Xunta de Galicia. Foi subdirector xeral de Política Lingüística (1998-2000), cargo no que levou a cabo varias iniciativas, entre as que destacan a creación da sección de Asesoramento Lingüístico, coa dobre finalidade de dar resposta a calquera consulta relativa á lingua galega e de atender, en materia de lingua, as organizacións públicas e privadas; potenciou a presenza dos profesionais da lingua na Administración de Xustiza e mais nos ámbitos comarcal e local; e levou a cabo outras actuacións, como a dinamización social, o ensino, a investigación e as novas tecnoloxías aplicadas á lingua. É autor de Maiúsculas e abreviacións (1996) e Palabras novas e nomes propios (1997); e publicou, en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor, coñecido polo pseudónimo de Pucheiro. Director do semanario A Nosa Terra. Estudiou no seminario de Lugo e foi membro cofundador da agrupación Lumieira, que se formou en Chantada a partir de 1973. Comezou no eido periodístico na sección de deportes de El Progreso de Lugo con 14 anos, labor que compaxinaba cos seus estudios no instituto de Chantada. Aos 16 anos dirixiu a revista xuvenil O Cabeceiro. Logo continuou a súa formación na facultade de Ciencias de Información en Madrid. Trala finalización dos seus estudios formou parte do equipo da TVE en Galicia, ata que a partir de 1977 entrou na redacción de A Nosa Terra. Despois dunha crise no seo do semanario, no ano 1981 organizou o seu traslado da redacción dende Santiago de Compostela a Vigo, e modificou o seu equipo directivo. En setembro de 1983 foi elixido director. Membro da comisión técnica de prensa do Consello da Cultura Galega, foi o redactor das primeiras ponencias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantautor e profesor. Diplomado en maxisterio na especialidade de música e idiomas modernos. Coautor de libros de música para educación primaria, da súa discografía destaca Sentimentos, Amiga, amada, Na miña fala, Eu voute amar, Azul, Amores ei e Lelías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico. Estudiou na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na de Madrid en 1896. En 1898 obtivo a cátedra de Materia Farmacéutica Vexetal na Universitat de Barcelona; trasladouse en 1900 á Universidade de Santiago de Compostela, onde ocupou a mesma cátedra e o decanato da facultade de Farmacia dende 1918 ata a súa xubilación en 1941. Inventou un microscopio panorámico que posteriormente fabricou a casa Reichert. Foi membro da Reial Acadèmia de Medicina de Barcelona, cofundador do Laboratorio Farmacéutico Militar e fundador da Revista de farmacia, que dirixiu ata 1936. Publicou traballos sobre microbioloxía e botánica aplicadas á farmacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pediatra e educador. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e, unha vez licenciado, trasladouse a Madrid para especializarse en pedagoxía e hixiene escolar. Obtivo o título de mestre nacional e dirixiu a escola Vicente Fraiz. Foi membro de diversas sociedades, e participou en numerosos congresos relacionados coa medicina e a pedagoxía. Entre as súas obras destacan La visita del médico. De crianza infantil (1915), Las rebeldías de la infancia escolar. Normas para una educación biológica (1931) e Biología de la edad escolar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe beneditino dende 1705. Ocupou, entre outros cargos, o de mestre de obras e prior maior de San Martiño Pinario e o de prior de Barosa, Cambre, Santo Antonio e Vilagarcía de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e compositor, fillo de Mauricio Farto Parra. Estudiou no Conservatorio da Coruña e profesionalmente foi pianista. Establecido en Ferrol, exerceu a docencia e dirixiu varias orquestras. Compuxo numerosas rondallas e cancións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse na Escuela de Bellas Artes de San Fernando. As súas primeiras obras eran figurativas e achegadas ao surrealismo, pero dende 1953 adoptou o informalismo. Foi un dos fundadores de El Paso (1957-1960). Na súa pintura creou un contraste entre a superficie branca da tea e as formas case circulares da materia, obtidas mediante a cor. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio da UMAM na I Bienal de París (1959) e o Premio David Bright na XXX Bienal de Venecia (1960). En 1985 nomeárono oficial da Ordre des Arts et Lettres de Francia e en 1997 elixírono membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Psicopatóloga. Estudiou medicina e especializouse en psicoloxía, psicoloxía médica e psicopatoloxía experimental. Obtivo a cátedra de Psicopatoloxía da Universidad Complutense de Madrid. Foi asesora, guionista e presentadora do programa de Televisión Española Hablemos de sexo (Premio Ondas 1990). En 1994 trasladouse a Cambridge para dar clases de psiquiatría nesa universidade. É autora de Doscientas preguntas sobre sexo (1991) e La depresión (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro, empresario e filántropo. Despois de titularse como enxeñeiro de camiños, canais e portos (1931), traballou para a Compañía Ferrovial e proxectou os túneles do ferrocarril entre Ourense e Santiago de Compostela. Despois da morte de seu pai, Antonio Fernández Fernández, xunto con algúns de seus irmáns botaron man da herdanza empresarial. Neste sentido, fundaron a empresa Zeltia SA (3.8.1939), localizada no Porriño, Frilugo (1941), Transportes Ferroviarios Especiais (TRANFESA, 1942) e Cementos Noroeste SA (1958). Pero, ademais de empresario, foi o patrocinador de numerosas iniciativas culturais e docentes. Así, o 1 de febreiro de 1948 inaugurou a Escola Agrícola da Granxa de Barreiros en Ortoá (Sarria), baixo a dirección do mestre Avelino Pousa Antelo, que tiña como obxectivo a transformación social e económica de Galicia a través da educación. Tamén, para impulsar o desenvolvemento rural de Galicia, promoveu e organizou cursos de formación agropecuaria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Estudiou maxisterio e foi correspondente de El Ideal Gallego, Faro de Vigo e El Progreso; neste último xornal publicou parte das súas crónicas e artigos. Colaborou tamén coa COPE e coa SER, e presentou en Radio Foz o espazo cultural Os teus libros. En 1962 fundou a revista A Rapadoira, e posteriormente os periódicos Rompeolas e Despertar. Promoveu e dirixiu a Feira de Arte Popular Galega. Escribiu San Martín de Mondoñedo: Guía histórica y artística (1976), Foz, un lugar de ensueño (1991) e Foz: o mar e as xentes (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e filántropo. Licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid, continuou o labor empresarial familiar e fundou as empresas Zeltia, Industrias Frigolouro, TRANFESA (Transportes Ferroviarios Especiales), e Pescanova, entre outras, e patrocinou numerosas iniciativas socioculturais. Foi distinguido coa Gran Cruz del Mérito Agrícola, a Gran Cruz y Encomienda de la Orden del Mérito Civil, a Medalla de Plata del Mérito al Trabajo e coa Medalla de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xefe de deseño de El Correo Gallego. Realizou estudios de bioloxía e ciencias da educación. Foi xefe de deseño do dominical de El Periódico de Catalunya en Barcelona. Ilustrou os libros Cantigas de Amor Vilao, de Darío X. Cabana, O camaleón solteiro, de Camilo J. Cela, e Sonetos ao outono e Compendio de orballos e incertezas, de Manuel María. Recibiu o primeiro premio de fotografía no concurso Patrimonio Artístico de Galicia do COAG (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor, músico e director. Emigrado a Montevideo, exerceu a docencia e dirixiu a Banda Municipal de Montevideo, a Orquestra Sinfónica do SODRE (Servicio Oficial de Difusión Radio Eléctrica) e foi promotor da Orquestra Sinfónica Municipal de Montevideo. Da súa produción destaca Intermezzo sinfónico, Platense e Canción del sauce llorón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Dereito, foi alcalde do seu concello e deputado do PSOE no Congreso por Pontevedra na VI lexislatura (1996-2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante humorístico e crítico taurino. Coñecido como K-Hito, colaborou no semanario Cucut! (1914-1915). Instalado en Madrid, debuxou para diversas publicacións periódicas e dirixiu Macaco, Gutiérrez e Dígame. Publicou, entre outras obras, Yo, García. Una vida vulgar, Manolete ya se ha muerto e De la Ceca a la Meca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e pintor. Coñecido como Xosé M. García Albeos, é médico especialista en obstetricia e xinecoloxía. Membro da Asociación Española de Médicos Escritores e Artistas (ASEMEYA), foi conselleiro do Consello Social da Universidade de Vigo. Como pintor centrouse na paisaxe, fundamentalmente na paisaxe rural e na natureza galega, tratando de reflictir o paso do tempo na paisaxe. Xunto coa paisaxe física, retrata tamén unha paisaxe humana, a que se desenvolve nese medio físico. Mostrou a súa obra dentro e fóra de Galicia. Destacan, entre outras exposicións, no Concurso Artes da Raia de Monçao (Portugal, 2003), onde acadou unha mención honorífica; no Concurso de Pintura do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra en 2003, onde acadou un accésit, e en 2005 onde acadou o primeiro premio; e a Exposición Arte Celta Contemporánea da Galeríe la Rotonde de Lanester na Bretaña francesa (2007). De xeito individual mostrou a súa obra en diversos lugares de Galicia e en Madrid e Milán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e cronista de Viveiro. Iniciou o seu labor xornalístico no Faro Asturiano de Oviedo, e dirixiu La Revista Ovetense e La crónica de Asturias. Posteriormente, dirixiu o periódico conservador El Baluarte, de Mondoñedo. Na súa localidade natal exerceu como bibliotecario e colaborou na prensa local, no Álbum Histórico, Científico y Literario de Galicia, e nas revistas Galicia e Vida Gallega. En moitos dos seus artigos amosou o seu interese polos aspectos etnográficos, sobre todo as tradicións e as lendas. Como dramaturgo escribiu, entre outras obras, De balcón a balcón, e como poeta, Fuego del alma (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO