"Lois" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 81.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribadumia baixo a advocación de san Fins.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome orixinal do concello de Ribadumia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo Luís/Luísa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Meteorólogo. Foi subdirector do Instituto Metereolóxico Central e colaborou en diversas revistas científicas. Publicou Recreaciones científicas (1881) e Lo accesible y lo inaccesible (1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Foi catedrático de Epistemoloxía das Ciencias Sociais e Xurídicas (1980) na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborador do Observatorio Astronómico da mesma universidade, construíu os primeiros ecuatoriais que se fixeron en España. Foi cofundador da Asociación Española de Filosofía del Derecho e director da revista Abrente. Escribiu Proceso y Forma (1947), Grandes problemas del Derecho Procesal (1954), Un libro sin nombre (1965) e Nueva versión sobre el Derecho (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Dirixiu o semanario O Galiciano e impulsou a creación dunha sociedade protectora para os obreiros que se expresou a través do xornal El Obrero. Das súas obras destacan Pelra... antre seixos (1888), con prólogo de José Echegaray, Contos e cantares (1893), a peza teatral A Cuba! (1898) e Remembranzas (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo. Especialista en análise xeográfica rexional, as súas principais liñas de investigación céntranse no proceso de urbanización e nas súas consecuencias, na morfoloxía e planificación urbanas, nas actividades pesqueiras e na ordenación dos espacios mariños. Das súas obras destacan A gandería na Ulloa. Repercusións nas paisaxes agrarias (1988) e, en colaboración, Manual de Historia Contemporánea Universal (1988-1990), Viveiro: achegamento á realidade dun núcleo urbano galego (1986), A Montaña galega: o home e o medio (1993), Xeografía de Galicia (1988), Dicionario de Geografía, urbana, urbanismo y ordenación del territorio (2000) e Galicia (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto barroco. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e en Roma, a onde marchou pensionado en 1753. Durante a súa formación asistiu ás obras do Palacio Real de Madrid e foi delineante do convento da Visitación, tamén en Madrid. Desde 1765 traballou na catedral de Santiago, onde colaborou nos proxectos para a capela da Comuñón e dirixiu as obras da fachada da Acibechería. Tamén traballou no pazo dos Marqueses de Bóveda, en Lugo. Marchou de Santiago de Compostela e continuou traballando con Ventura Rodríguez en Santa Fe (Granada), onde realizou a colexiata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación privada, de carácter cultural e sen ánimo de lucro, constituída en 1998. Naceu como iniciativa dalgúns dos funcionarios do concello de Redondela para contribuír á extensión do uso do galego nos procedementos administrativos en todos os ámbitos de Galicia. Entre os seus obxectivos inclúense rescatar a figura de destacados galeguistas vinculados á administración. Outorgan anualmente os premios Lois Peña Novo, que pretenden recoñecer e apoiar as iniciativas a favor da normalización lingüística nas administracións públicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Coñecido como Silo, colaborou nas publicacións Galicia humorística e O Galiciano (1888). Trasladouse a Madrid e escribiu en Enciclopedia Jurídica, El Ejército Español (1888) e El Correo Militar (1902). Publicou Páginas de actualidad (1895), en colaboración con E. Alonso Orera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e realizador cinematográfico. Na década de 1920 marchou a Madrid co seu irmán Manuel e traballou como pintor, debuxante e colaborador en distintas publicacións cinematográficas. Mediada a década, escribiu a adaptación para a pantalla do poema de Curros Enríquez “A Virxe do Cristal”, coa pretensión de iniciar unha serie de películas de temática galega. A rodaxe do filme La Virgen del Cristal iniciouse en 1925, pero suspendeuse antes do seu remate. En 1926, co apoio da produtora Ediciones Raza, tentaron adaptar o poema “El milagro del Cristo de la Vega de Toledo”, de José Zorrilla, tamén sen éxito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e escritor. Colaborou en O Tío Marcos da Portela e O Galiciano, e foi autor de Horas perdidas (1889) e Brisas gallegas (1890), publicada postumamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e eséxeta francés. Promoveu o modernismo e a súa actitude independente valeulle a perda da cátedra no Instituto Catholique en 1893 e, en 1908, a excomuñón. Coa obra L’Evangile et L’Église esbozou unha nova apoloxía do catolicismo, que foi condenada. Cunha actitude máis polémica destacan tamén Religion d’Israël (1901), Les Évangiles Synoptiques (1907-1909) e La naissance du Christianisme (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Alençon, raíña de Navarra, condesa de Armagnac e escritora, filla do conde Carlos de Angulema e de Luísa de Savoia, e irmá do Rei Francisco I de Francia. Casou en 1509 co duque Carlos de Alençon e en 1527 co Rei Enrique II de Navarra. Escribiu o Heptaméron e varios poemas que foron recollidos en Miroir de l’âme pécheresse (1531).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Ten publicado diversos textos dramáticos, entre os que destacan Un día na vida de Vladimiro e o seu can Trotsky, do que é coautor o seu irmán Carlos Paulo, e Carne de estatua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Alcalde do concello de Oleiros (1979-1983), foi membro do consello de redacción da revista Obradoiro e membro da xunta de goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Da súa obra destacan As galerías da Mariña. A Coruña: 1869-1884 (1987), Catálogo de arquitectura: A Coruña, 1890-1940 (1989) e A praza de María Pita: 1859-1959 (1993). Recibiu o I Premio COAG de Arquitectura, na modalidade de vivenda unifamiliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e ensaísta, neto de Eugeni d’Ors i Rovira e fillo de Alvar d’Ors i Pérez-Peix. A súa obra recolle influencias moi variadas, desde clásicos casteláns ata poetas ingleses. Publicou Vida y poesía de Alonso de Ledesma. Contribución al estudo del conceptismo español (1974) e os libros de poesía Del amor, del olvido (1972), Ciego en Granada (1975), Codex 3 (1981), Chronica (1982), Es cielo y es azul (1984), Curso Superior de Ignorancia (1987), Canciones, oraciones, panfletos, impoemas, epigramas y ripios, o cajón de sastre (...) (1990), Hacia otra luz más pura (1999) e 2001 (Poesías escogidas) (2001). Recibiu o Premio Nacional de la Crítica (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, xurista e político. Comezou os estudos de filosofía no Seminario de Mondoñedo (1907), ata que en 1910 marchou a Santiago de Compostela para ingresar no Instituto Xeral e Técnico. Posteriormente, como alumno libre, licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, nunha etapa en que coñeceu o catedrático Lois Porteiro Garea. Durante esta época asistiu a un mitin ofrecido por Alfredo Vicenti en Vilagarcía de Arousa, en que se trataba o tema do galeguismo e as reivindicacións dos máis necesitados. O impacto daquel discurso foi tal que en breve se incorporaba a Solidariedad Gallega (1910-1912). A partir de 1916 instalouse na Coruña, onde se constituíu nun dos impulsores das Irmandades da Fala en toda Galicia, inicialmente como secretario e conselleiro primeiro da Irmandade da Fala da Coruña, e logo participando na fundación da Irmandade de Vilalba. Na organización tentou acentuar un carácter máis político fronte á liña cultural que defendeu Vicente Risco. Na IV...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Colaborador das revistas Dorna e Ólisbos, publicou As horas de cartón (1985, Premio Xerais de Novela 1985 e Premio de la Crítica Española 1986), en que narra a historia dunha muller que lembra a súa vida nos días da morte de Franco; e A vida vexetal (1992), onde se reflicte unha historia de amor nun espazo imaxinario e cheo de símbolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lois Sánchez Pereiro.

    VER O DETALLE DO TERMO