"Múnic" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 96.

  • Ciencia que estudia os medios de comunicación social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista cultural en galego aparecida en Santiago de Compostela a partir do 27 de marzo de 1984. Cesou a súa edición en 1986 e tirou do prelo 22 exemplares, xunto cun especial dedicado a Carlos Velo. Editada pola Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, dirixiuna Luís Álvarez Pousa. Composta por números monográficos, atendeu temas como as artes plásticas, o teatro, o cine, a fotografía e as bibliotecas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación Europea de Axencias de Comunicación fundada en 1959 co nome de European Association of Advertising Agencies (EAAA). Con sede en Bruxelas, agrupa as asociacións nacionais de axencias publicitarias e de mercadotecnia de trinta estados europeos. Subdivídese na National Association Council (NAC), na International Agencies Council (IAC) e na Media Agencias Council (MAC). A Asociación Española de Agencias de Publicidad (AEAP) está integrada nesta entidade paneuropea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia de satélites de comunicacións da ESA, explotados por EUTELSAT. O primeiro destes satélites lanzouse en 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de entidades locais (concellos, deputacións, consellos e cabidos insulares) fundada en 1980 en Madrid, onde radica a súa sede. Os seus fins son: o fomento e a defensa da autonomía das entidades locais; a representación e defensa dos intereses xerais das entidades locais ante outras Administracións públicas; a prestación de toda clase de servicios ás entidades locais; o desenvolvemento e consolidación do europeísmo no ámbito local, baseado na autonomía e solidariedade entre todas as entidades locais; a promoción e favorecemento das relacións de amizade e cooperación coas entidades locais e as súas organizacións no ámbito internacional, especialmente o europeo, iberoamericano e árabe; e a xestión de programas gobernamentais destinados ao ámbito local. O 12 de xaneiro de 1980 celebrouse en Madrid unha xuntanza de alcaldes da que xurdiu unha xunta xestora presidida polo alcalde de Málaga, Pedro Aparicio Sánchez, que tramitou a constitución formal da Federación Española de Municipios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación das corporacións locais galegas (todos os concellos e as deputacións provinciais) fundada o 7 de outubro de 1988. Os seus obxectivos son: o fomento e a defensa da autonomía das entidades locais; a representación e defensa dos intereses xerais das entidades locais ante outras Administracións públicas e, especialmente, a reivindicación das súas competencias; a promoción e o desenvolvemento da cultura e da lingua galega no ámbito local; o fomento da participación cidadá na vida local; o desenvolvemento e consolidación do europeísmo no ámbito local, baseado na autonomía e solidariedade entre as entidades locais; e a prestación de toda clase de servicios ás entidades locais. Na súa asemblea constituínte, celebrada o 7 de abril de 1989, ratificouse como presidente a José Castro Álvarez, alcalde de Ponteareas, que en 1992 foi substituído por Xosé Luis Torres Colomer, alcalde de Ribeira. En 1995 accedeu á presidencia o alcalde de Quiroga, Xulio Álvarez Núñez, ao que sucedeu, en 1999,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en outubro de 1992 na Coruña. Editada por Gestiplan SL, da súa dirección encargábase José Mª Rey Montes. Subtitulouse “Revista de información económica y política”. Tal e como sinala o seu subtítulo, incluíu datos sobre a política que se desenvolvía nas distintas administracións galegas e artigos de carácter económico, centrados nas principais industrias de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo empresarial formado en xuño de 1998 para a xestión dun holding relacionado co mundo da comunicación. Presidido por Xavier Godó e dirixido por Carles Godó, en prensa escrita, o holding dispón dos diarios La Vanguardia e Mundo Deportivo, así como das revistas Vanguardia Dossier, Magazine, Què Fem?, Qué Más!, Escape, Interiores, Historia y Vida, La Revista dels Súpers, Club e Guia del Treball. Dentro do ámbito radiofónico, xestiona unha cadea de radiofórmula (RAC 105) e unha convencional (RAC 1), dispón do 50% de Antena 3 Radio e participa cun 20% en Unión Radio. Ademais, posúe unha licenza de radio dixital en España. En Internet está presente con La Vanguardia Digital, Mundo Deportivo On-line, Los Clasificados.com, e no proxecto Viápolis, entre outros. No campo da produción audiovisual conta con GDA, e desde o 23 de abril de 2001 coa canle local Citytv. No eido da publicidade dirixe Publipress. Ademais do seu mecenado en actos culturais,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa de comunicación creada en Vigo e na que se integraron os xornais mensuais e de distribución gratuíta A Rúa Vigo, A Rúa Val Miñor e A Rúa Condado Paradanta. Está presidida por Felipe Gutiérrez Estévez. Todas estas publicación autofináncianse mediante a publicidade e inclúen noticias locais sobre actos culturais e sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada por IMACO, I & Co na Coruña a partir de finais de 1999. Dirixida por Uxío Fernández, trátase dunha publicación profesional orientada ao mundo do deseño gráfico e a comunicación. Nos seus diferentes apartados inclúe información sobre novas producións televisivas e cinematográficas, deseño industrial e fotografía industrial e publicitaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de incomunicable.

    2. Incapacidade para comunicarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode comunicar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de incomunicar.

    2. Falta de comunicación cos demais.

      1. Situación provisional e transitoria que pode acordar o xuíz a fin de impedir que os presos traten, de palabra ou por calquera outro medio, con outra persoa.

      2. Separación acordada polo xuíz a fin de illar temporalmente das testemuñas o presunto autor dun delito para evitar a posible confabulación entre eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de incomunicar.

    2. Que sofre incomunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Privar a algo ou a alguén de comunicación

    2. Afastarse alguén do trato coa xente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade que se encarga de establecer estándares nas novas tecnoloxías relacionadas coas telecomunicacións para que se poidan empregar sen problemas en todos os países europeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comunicación recíproca.

    2. Comunicación telefónica entre os distintos lugares dun mesmo edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que permite a comunicación en forma de conversa en voz alta entre dous ou máis lugares dun mesmo edificio, mediante un ou máis aparatos análogos, conectados con cables. A instalación adoita constar dun aparato central e un conxunto de aparatos secundarios ou terminais. OBS: Tamén se denomina interfono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do land de Baviera, Alemaña (1.194.560 h [estim 2001]). Está situada sobre unha das terrazas da ribeira esquerda do Isar, que domina unha ampla chaira sedimentaria. En 1885 Múnic tiña máis de 250.000 h, 500.000 en 1900 e en 1956 alcanzou xa o millón de habitantes. Destruída nun 40% polos bombardeos da Segunda Guerra Mundial, durante os anos de posguerra tivo un período marcado pola reconstrución e por unha nova e rápida expansión. En 1972 foi sede dos Xogos Olímpicos, circunstancia que favoreceu un novo embelecemento da cidade e a construción do metro. Múnic é un gran centro industrial, cultural e de comunicacións. É o maior produtor de cervexa de Alemaña e destacan as industrias de electrónica, maquinaria, automóbiles (BMW) e editoriais. Turisticamente destacan as festas arredor da cervexa, especialmente o Oktoberfest. A cidade fundouna cara a 1158 Enrique XII de Baviera o León, duque de Baviera, no lugar dunha antiga colonia xurdida arredor dun mosteiro...

    VER O DETALLE DO TERMO