"Mens" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 78.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Malpica de Bergantiños baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máxima do poeta latino Xuvenal que aparece nas súas Sátiras e que manifesta que a saúde do espírito está ligada á saúde do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga fortaleza situada en Mens (Malpica de Bergantiños). Construída por Lope Sánchez de Ulloa y Moscoso no s XV para defender a comarca de Bergantiños, componse dunha vivenda e tres torres de planta cadrada. Realizouse con cachotaría e cantaría, reservada esta para as partes nobres da construción. O edificio principal presenta planta en forma de L, de dúas alturas, e remata cun torreón de tres. Ademais do balcón de madeira, apoiado sobre ménsulas de pedra nun dos recantos do piso superior, destaca a solaina e as dúas chemineas, que foron restauradas en 1988. En 1872 a casa de Altamira vendeu a propiedade, que foi declarada Ben de Interese Cultural en 1949.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Malpica de Bergantiños. Pertenceu a un antigo mosteiro bieito homónimo (s X), e desde 1499 dependeu do mosteiro de San Paio de Antealtares, aínda que tamén estivo vinculada a Santa María de Cambre, San Martiño Pinario e á colexiata da Coruña. Orixinaria do s XII, na súa construción diferéncianse tres fases: unha primeira prerrománica, da que se conservan as tres naves separadas por pilastras; unha románica, na que se construíron as tres ábsidas -semicirculares as laterais e pentagonal a central- e unha terceira barroca, que afectou á remodelación da   fachada (s XIX), na que se destacou o corpo central sobre os laterais. Destaca especialmente o seu campanario. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da constelación Mesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín mensual publicado en Carballo a partir de 1974 co subtítulo de “Boletín interparroquial de Bergantiños”. Dirixido por Ramón Antelo Peña e, desde setembro de 1975, por José García Gondar, incluíu artigos doutrinais e información de actividades relixiosas das parroquias do arciprestado de Bergantiños. En abril de 1978 cambiou o seu título polo de Mensaje de Bergantiños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Ourense a partir de 1952. Impresa nos obradoiros tipográficos de La Comercial, apareceu co subtítulo de “Órgano de la Cofradía Diocesana de Nuestra Señora de Fátima”. Dedicada aos temas relixiosos, incluíu tamén poemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que se editou en Lugo a partir de 1892 como órgano de expresión da Asociación Provincial del Profesorado de Enseñanza Primaria desa cidade. O seu fundador e director foi Celestino Buján Suárez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Vigo a partir de setembro de 1948 e que cesou en xaneiro de 1952. Redactada, editada e distribuída por Eduardo Moreiras, non tivo periodicidade fixa e a difusión realizouna o propio autor a 300 amigos. De modesta pero coidada edición, incluíu poemas en galego, castelán, francés, inglés e portugués. Entre os seus colaboradores figuraban Vicente Aleixandre, impulsor da revista, L. Cernuda, Blas de Otero, R. Alberti ou J. Ramón Jiménez, e os autores galegos Álvaro Cunqueiro, L. Pozo Garza, Luís Pimentel, e, de xeito ocasional, Carballo Calero, Ánxel Fole ou Celso E. Ferreiro. A revista publicou catro monográficos, dedicados a Rafael Morales, Álvaro Cunqueiro, Carmen Conde e Blas de Otero; este último provocou problemas coa censura e o seu peche definitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos funcionarios romanos que constituían unha clase de tribunal nos mercados, ao que recorrían os acredores contra os debedores.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Comunicación oral ou escrita que alguén transmite a un destinatario para informalo de algo.

      2. Comunicación oficial que o representante da autoridade (o xefe do estado, dunha entidade ou o papa) dirixe á nación, ás cámaras lexislativas, aos membros dunha entidade ou aos fieis, en ocasión dun acontecemento importante ou por algún motivo grave.

    1. Significado dunha obra artística ou literaria.

      1. Secuencia de caracteres que se emprega para conter e transmitir datos que consta dun encabezamento e un texto, que normalmente se divide en bloques na transmisión.

      2. Información que dá un programa ou un sistema operativo dun ordenador, para indicar o estado de execución dunha tarefa, para expoñer erros ou fallos detectados, ou para solicitar unha información concreta.

    2. Ordenación molecular que un sistema bioquímico induce sobre outro no interior dunha célula.

      1. Conxunto de sinais, signos ou símbolos que se empregan para unha comunicación.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen leva unha mensaxe.

    2. Que ou quen anuncia algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Foi o conselleiro principal do Tsar Pedro I de Rusia desde 1699, gobernador das provincias occidentais (1703) e príncipe (1707). Ao morrer o tsar, colocou no trono á súa viúva, Catarina I de Rusia (1725), pero polo poder imposto, e coa axuda do partido reformista, a aristocracia impuxo un Consello Supremo que acompañou o goberno da tsarina (1726). Cando esta morreu, a aristocracia acusouno de corrupción e foi desterrado a Siberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fenómeno fisiolóxico feminino que se presenta nas mulleres sas (e nas femias dalgúns primates) desde a puberdade ata a menopausa. Consiste nun fluxo hemático que procede da cavidade uterina, e que se reproduce periodicamente; pero que non ten lugar cando un óvulo fecundado se implanta no útero. A primeira menstruación ou menarquía prodúcese entre os 12-14 anos, e remata aos 45-50 anos coa menopausa. A perda, cada 28 días como norma, prodúcese 14 días despois da ovulación e pode vir acompañada de molestias máis ou menos agudas.

    2. Menstruación con fluxo sanguíneo que, excepcionalmente, se produce nalgunhas mulleres por algún órgano diferente da vaxina, e que aparece en lugar da menstruación ordinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao menstruo.

    2. Conxunto de procesos que teñen lugar entre dúas menstruacións sucesivas.

    3. menstruo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Evacuar o menstruo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fluxo formado por fragmentos da mucosa uterina desprendida e sangue que procede dos seus vasos. Ten unha repetición periódica, aproximadamente cada 28 días cunha duración media de 4 días, constituíndo a menstruación. OBS: Tamén se denomina fluxo menstrual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten lugar unha vez por mes e que se repite todos os meses.

    2. Que dura un mes.

    3. Que se paga ou se cobra mensualmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de mensual.

    2. Cantidade de diñeiro que se cobra ou paga cada mes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento arquitectónico que sobresae do paramento dun plano vertical e que serve para soster algunha cousa. Na época barroca adoptou un papel fundamentalmente decorativo.

    VER O DETALLE DO TERMO