"Meri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 322.

  • American Rocket Society.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación profesional de bibliotecarios fundada no ano 1876 coa finalidade de promover o movemento de bibliotecarios nos EE UU. Publica gran parte da bibliografía profesional mundial e un gran número de publicacións periódicas, entre elas o ALA Bulletin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en 1743 en Filadelfia (EE UU) por Benjamin Franklin “para a promoción dos coñecementos útiles”. É a academia máis antiga dos EE UU e está dividida nas seccións de ciencias exactas, ciencias naturais, ciencias sociais e ciencias humanas en xeral. Concede o Magellanic Premium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade norteamericana dedicada a fomentar a propulsión por foguetes espaciais, a astronáutica e as ciencias afíns. Fundouse no ano 1930 en Nova York co nome de American Interplanetary Society. O nome de American Rocket Society adoptouse oficialmente no ano 1934 e mantívose ata o comezo de 1963 ao se fusionar co Institute of Aerospace Sciencies e crear a American Institute of Aeronautics and Astronautics.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Código empregado para representar todos os caracteres alfanuméricos, signos de puntuación e outros caracteres de control, por medio de 8 díxitos binarios. A táboa, empregada nos ordenadores persoais, dispón de 256 caracteres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade norteamericana fundada en 1885, con domicilio en Nova York. Está especializada no campo da electrónica e das súas aplicacións industriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de San Paulo, no Brasil, á beira do río Piracicaba, ao N de San Paulo (121.794 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afecto ás cousas de América.

    2. Costume ou maneira de pensar característico de América.

    3. Movemento propagado ao final do s XIX entre os católicos americanos con vistas a adaptar a vida da igrexa aos ideais da cultura do tempo. O seu iniciador, Isaak Thomas Hecker (1819-1888), poñía énfase nas virtudes activas sobre as pasivas. O Papa León XIII condenou esta tendencia, logo desaparecida, na Carta Apostólica Testem benevolentiae ao Xeneral Gibbons (1890).

      1. Palabra ou expresión orixinaria dunha lingua indíxena de América que se introduce noutra lingua. O arauaco, o caribe, o nahuatl e o quechua son as linguas prehispánicas que, a través do castelán, forneceron máis palabras ás linguas europeas occidentais. No galego, por exemplo, introducimos americanismos como hamaca e caoba que coinciden graficamente co catalán e co castelán; noutros casos, adaptamos eses americanismos ao noso sistema fonético: furacán e enaguas.

      2. Palabra ou expresión que se introduciu nas linguas europeas faladas en América sobre todo cando trascenden á lingua culta local ou mesmo ao uso do país europeo orixinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada en cousas relativas a América, como a historia, a arqueoloxía, a etnoloxía, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de americanizar ou de americanizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Imprimir a algunha cousa características americanas.

    2. Adoptar os usos e costumes americanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a América ou aos seus habitantes.

    2. Persoa natural ou habitante de América.

    3. norteamericano -na.

    4. O que retorna ao seu país de orixe despois de estar emigrado en América.

    5. ariedade da lingua inglesa que se fala en América do Norte.

    6. Chaqueta de pano, especialmente propia de homes, que cobre o tronco ata máis abaixo da cintura, con mangas e sen faldróns, e que, a miúdo, forma un conxunto cun pantalón e mesmo cun chaleco.

    7. Nome aplicado á cepa de orixe americana empregada na comarca do Ribeiro para amañar os estragos causados pola filoxera na segunda metade do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que popularmente se coñece América do Sur e Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento químico artificial radioactivo transuránico (Z=95), da familia dos actínidos. No ano 1944 Seaborg e os seus colaboradores identificaron o isótopo 241Am nos produtos de desintegración do 241Pu. O americio é moi electropositivo e en solución acuosa é normalmente trivalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do xermánico Haimirich, composto de haimi ‘casa, patria’ e rich ‘rico, poderoso’, a través do italiano Amerigo. Non hai ningún santo con este nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos amerindios.

    2. Grupo humano xantodermo de América. Segundo a sistemática racial de Heim (1972), baseada na pigmentación da pel, a estatura e o índice cefálico, presenta unha homoxeneidade grupal moi elevada. A variabilidade xenética e ecolóxica fixo posible unha certa diferenciación entre o grupo humano amerindio, que se caracteriza polos seguintes trazos: a estatura é de tipo medio, pero con grandes oscilacións extremas, nalgúns grupos patagóns observáronse individuos con 180 cm de altura, sen embargo, algunhas tribos venezolanas, como os iupa, fixeron pensar en grupos ‘pigmeoides’ en Suramérica. A estrutura corporal é robusta, braquimorfa, con anchura biacromial e bicrestal que confiren ao tronco un perfil frontal cuadrangular (ombreiros tan amplos como as cadeiras). A pigmentación da pel é variable entre o castaño amalero claro e escuro. Se ben, certos grupos de amerindios presentan frecuencias inusitadamente altas de albinismo, por exemplo os hopi e os zuñi. É moi frecuente a mancha pigmentaria conxénita,...

    3. Arte dos pobos amerindios, especialmente dos precolombianos. Nos tempos precolombianos desenvolvéronse en terras americanas diferentes culturas. En América do Norte hóuboas de gran diversidade, ás veces de pobos nómades como o dos esquimós, limitada á ornamentación de vestidos, ao gravado de utensilios e a pequenas máscaras; a das tribos das grandes praderías centrais, hábiles en traballos con coiro e con wampum. Noutros casos foron pobos sedentarios, como os indios pueblos, bos construtores e ceramistas; os da cultura dos mounds, con máscaras e paos totémicos relevantes. En América Central, particularmente en México e Guatemala, naceron diversas civilizacións sometidas a unha unidade artística, que contaron con organización agrícola, relixión, coñecementos astronómicos e aritmética avanzada. Diferenciouse, a partir aproximadamente do ano 200 a C, a arte dos olmecas, dos huachecas, dos totonacas de Teotihuacán, con grandes pirámides e unha arte severa; a dos zapotecas,...

      1. Denominación que reciben os indios de América.

      2. etnias amerindias ETN

        Relativo ao conxunto de pobos indíxenas americanos. Froito das diferentes adaptacións económicas, sociais e culturais a diferentes ambientes e espacios, os amerindios poden ser agrupados en 17 áreas culturais ben diferenciadas. A área de Mackenzie comprende unha rexión de Alasca e do Canadá ao redor dos 55° N. Lingüisticamente é a zona orixinaria das linguas atapascanas. A poboación depende fundamentalmente da caza do caribú, da recolección e da pesca. Elementos característicos seus son a crenza nun Gran Espírito transcendente. Dende o punto de vista social organízanse en bandas migratorias. A área do norleste ou dos bosques orientais comprende a rexión dos Grandes Lagos, Nova Inglaterra e o oriente da badía de Hudson. Lingüisticamente comprende falas algonquinas e iroquesas. É unha área de agricultura primitiva (millo, feixón, cabaza) asociada coa caza, a pesca e a recolección. A muller tiña grande importancia na dirección da familia. Era peculiar a casa longa...

    4. Relativo ao conxunto de linguas dos pobos indíxenas americanos. A orixe común de todas as linguas amerindias, igual que o do grupo humano amerindio, tivo que ser algunha lingua falada polo pobo paleosiberiano que entrou no continente americano a través do estreito de Bering. De todas as linguas amerindias (ó redor dunhas cincocentas), malia a súa pervivencia nalgunhas comunidades actuais (inuit, navaho, iuman, maia, nahuatl, chibcha, araucano, guaraní, mapuche, tupí, tehuelce ou, entre outras, guaracurú), só o aimará e o quechua son linguas oficiais en Bolivia e Perú; ademais, o guaraní e mais o maia teñen posibilidades reais de constituírse en linguas nacionais en Paraguai e Guatemala, respectivamente. A característica fundamental das linguas amerindias é a diversidade na orixe de cada unha das familias que as compoñen. O gran número de linguas e a escasa documentación existente sobre elas fai que as propostas sobre o número mínimo de familias e as súas tipoloxías varíen considerablemente....

    5. Literaturas de lingua indíxena americana (denominadas tamén precolombianas ou americanas). A enorme complexidade lingüística e cultural, como tamén o período incipiente de coñecemento da maioría destas literaturas fan moi difícil a exposición das características xerais. As literaturas amerindias son a expresión das culturas indíxenas non afectadas polo contacto europeo e a transmisión oral foi a única expresión literaria da maioría, unha transmisión oral que foi recollida e estudada por etnólogos e lingüistas. Cabe destacar, sobre todo, a literatura nahuatl ou azteca. En cambio, a literatura maia antiga non perviviu en proporción aos monumentos artísticos conservados, se cadra por mor da desorganización civil na que se atopaba o Yucatán á chegada dos españois. De feito é necesario ir a un reflexo da literatura perdida nunha lingua parente, o quiché, que conservou o mítico Popol Vuh (Libro do consello), considerado o maior monumento das literaturas precolombianas. En América...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Non segmentado, non diferenciado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pousarse un hidroavión, un avión anfibio ou unha astronave na superficie da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de amerizar.

    2. Gran colchón de goma e lona ideado cara ao ano 1920 polo alemán Mein para evitar que os navíos que transportaban hidroavións tivesen que deterse para recollelos ao amerizaren aqueles.

    VER O DETALLE DO TERMO