"Omo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 696.

  • Proceso de adaptación do discurso dun interlocutor que participa nun acto comunicativo ás características do discurso doutro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que vai en sentido contrario ao normal.

    2. Dise dos peixes que, procedentes do mar, van reproducirse aos ríos ou ás lagoas litorais. Considéranse parcialmente anádromas aquelas especies que, sendo mariñas, van desovar en augas menos profundas ou costeiras e as especies de auga doce que se trasladan augas arriba dos ríos para esmillar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Primate fósil da familia dos anaptomórfidos.

    2. Familia fósil, procedente do Eoceno de Europa e Norteamérica, de primates braquicéfalos da suborde dos lemuroideos, coa porción anterior das órbitas moi grandes, sen sínfise mandibular e con dentición en parte de tipo insectívoro. Pertencen a esta familia os Anaptomorphus. Serviron para relacionar a orde dos primates cos insectívoros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reunir, soldar por anastomose.

    2. Soldarse por anastomose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reunión de dous vasos, nervios, láminas, etc, directamente ou mediante un terceiro. As anastomoses arteriovenosas establecen unha ponte entre unha arteriola e unha vénula, para eludir a circulación capilar. As anastomoses intercoronarias poden actuar como un mecanismo defensivo nos casos de isquemia coronaria.

    2. Comunicación artificial, entre dous condutos orgánicos normalmente separados, con fins terapéuticos.

    3. Proceso polo que o curso dun río presenta unha serie de canles que se entrecruzan formando unha rede non xerarquizada. Por mor deste entrecruzamento e da acumulación de material aluvial fórmanse insuas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á anastomose.

    2. Que presenta anastomose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialista en anatomía patolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • anatomía patolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia nunha mesma planta de flores hermafroditas e de flores masculinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise do sistema de ramificación no que follas irmás son desiguais entre elas; aplícase especialmente á dicotomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á suborde dos anomocelos.

    2. Anfibio da suborde dos anomocelos.

    3. Suborde de anfibios anuros integrada por individuos que teñen vértebras anficélicas ou procélicas, e que carecen de costelas. Comprende dúas familias, a dos pelobátidos e a dos pelodítidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se propaga en sentido contrario ao habitual.

    2. Dise da ramificación na que as follas, flores, etc, aparecen dispostas en hélice de sentido contrario á hélice correspondente ás follas, flores, etc, do eixe primario.

    3. Transmisión do impulso nervioso en sentido contrario ao fisioloxicamente habitual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal secretario de estado dende 1848 ata a súa morte. Foi presidente da Consulta do Estado, dende onde redactou o Estatuto Constitucional dos Estados Pontificios. Defensor do absolutismo papal, rexeitou no nome do Papa a lei de garantías e foi contrario á convocatoria do Concilio I do Vaticano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao antropomorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atribución de forma e características humanas a calquera obxecto ou animal.

    2. Doutrina que utiliza nocións propias da natureza ou da conduta do home para explicar entidades diferentes deste, sexan as cousas do mundo natural ou de Deus. A cualificación de antropomorfo ten un senso pexorativo e aplícase fundamentalmente ás doutrinas da física antiga.

    3. Tendencia e doutrina que concibe a divindade atribuída con características humanas. Dáse cun maior ou menor grao en todas as relixións, na medida en que as representacións que o home fai da divindade parten da forma de ser do propio home, a miúdo rematando por determinalas. É a forma propia das relixións politeístas e das mitoloxías, entre as que cómpre salientar a grecorromana.

    4. Recurso literario que consiste en atribuír calidades e propiedades humanas a animais, vexetais ou entes inanimados e abstractos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que atribúe a forma e os atributos do home á divindade ou a calquera ser non humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación dun ente non humano, como por exemplo un animal, unha cidade, un produto comercial, etc mediante un antropónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar calidades de antropomorfo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Semellante ao home.

    2. Forma ou representación do corpo humano. Adoitan denominarse así as representacións de seres humanos que se consideran deliberadamente incompletas ou imprecisas, fundamentalmente nas artes primitivas.

    3. Denominación informal, resultado de interpretacións desfasadas do feito evolutivo, que abrangue os homínidos non humanos (orangután, gorila e chimpancé) do Vello Mundo e os seus antepasados fósiles agrupados por compartir as seguintes características: falta total de cola, maior desenvolvemento das extremidades anteriores respecto das posteriores, falta de bolsas nas meixelas, redución ou ausencia das calosidades das nádegas e encéfalo moi desenvolvido. Tamén se denominan grandes simios ou, de xeito máis incorrecto, primates superiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do Ken de Aomori, no norte da illa de Honshū, Xapón (287.297 h [1991]). Centro comercial e de exportación (arroz, tecidos, tabaco). Porto.

    VER O DETALLE DO TERMO