"Ondo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 187.

  • Capitán dos exércitos mercenarios que se formaron entre os ss XIV e XVI, sobre todo nos estados italianos. Poñíanse ao servizo dun Estado a cambio dunha retribución graduada para todos os membros da súa compañía. Tanto o servizo como a retribución estaban estipulados nun pacto ou condotta entre as dúas partes. Desde finais do s XIII os seus servicios preferíronse aos das antigas hostes feudais, e en Italia impuxéronse completamente ata mediados do s XVI. Destacaron, entre outros, John Harwkwood, coñecido como Giovanni Acuto, e Bartolomeo Colleoni. Desapareceron coa formación dos exércitos permanentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embutido elaborado con cabaza, arroz, costela picada e carne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo poético formado en Santiago de Compostela polos poetas Ramiro Fonte, Xesús M. Valcárcel, Xulio M. Valcárcel, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio e Félix Vergara Vilariño. No ano 1977 deron ao prelo o libro colectivo Cravo Fondo, escolma poética de cada un deles precedida dun manifesto, onde proclamaban a súa ideoloxía e intención poética. Inmersos no proceso de transición política da ditadura cara á democracia, os autores declaráronse nacionalistas e revolucionarios e afirmaron a necesidade de buscar novas canles de expresión para a poesía galega. Fronte á proposta neovangardista do colectivo Rompente e o esteticismo cultural defendido por diversos autores, Cravo Fondo apostou por unha poesía incardinada na realidade vital (“ser poeta hoxe en Galicia é ser poeta dunha nación asoballada, i esíxese da postura humán do autor unha adecuación a isa realidade”), que conxugase o compromiso ético co estético, isto é, co necesario rigor artístico, como vía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abegondo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • En cantidade suficiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Participou na Guerra de 1866 e, enviado despois a Florencia, escribiu artigos para a revista Italia Militare. Publicou obras de carácter moral, pedagóxico e educativo e mais libros de viaxes. Da súa produción destacan: La vita militare (A vida militar, 1868), Novelle (Novelas, 1872), Ricordi de 1870-1871 (Lembranzas de 1870-1871, 1872), La carrozza di tutti (A carruaxe de todos, 1898), Cuore (Corazón, 1886) e Romanzo di un maestro (Novela dun mestre, 1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é suave e brando ao tacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto italiano. Diplomado pola Accademia di Venezia, foi un dos representantes do modernismo italiano. Proxectou o monumento a Víctor Manuel en Roma (1884) polo que recibiu un premio, e realizou o palacio da primeira exposición de belas artes de Venecia (1887). Viviu en Turquía, onde foi arquitecto xefe do sultán Abdülhamit II (1892). Realizou numerosos edificios para a exposición de Turín de 1902 e, coa construción da casa do concello de Udine (1908), retornou ás formas académicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia do Cabo Oriental, Sudáfrica, no litoral Índico, na desembocadura do río Buffalo (240.474 h [1991]). O seu porto é un importante núcleo pesqueiro e comercial, ademais dun destacado centro exportador de froitas. Na industria cómpre salientar o sector téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal de tendencia católica que apareceu en Mondoñedo en 1885. O seu antecesor foi El Eco Mindoniense, editado na mesma vila en 1882.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Estudiou na Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM), nas universidades de Otawa, Perugia e Cambridge e artes plásticas na Escuela La Esmeralda e na Escuela Nacional de Artes Plásticas (ENAP) de México. Colaborador en revistas especializadas e tradutor, exerceu un importante labor como conferenciante. Da súa produción destacan Poemas (1960), Luchino Visconti (1963), Farabeuf o la crónica de un instante (Premio Xavier Villaurrutia, 1965), Narda o el verano (1966), Autobiografía (1966), El hipogeo secreto (1968) e Cuaderno de escritura (1969). É membro da Real Academia de la Lengua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e musicólogo. Director e profesor do Conservatorio de Madrid, foi autor de música relixiosa, instrumental e dramática. Da súa produción destaca a obra didáctica Método completo de solfeo (1846) e a antoloxía de música relixiosa española titulada La Lira Sacro-Hispana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués pertencente á escola lírica galego-portuguesa que, a xulgar pola colocación dos seus textos nos cancioneiros (na parte inicial da sección das cantigas de amigo, entre Johan Soarez Coelho e Johan Lopez de Ulhoa), pode situarse no terceiro cuarto do s XIII. Dúas personaxes figuran na documentación portuguesa con este nome: Estevan Reimondo de Portocarreiro, mencionado nos Livros de Linhagens, e Estevan Reimondo de Sequeira, referido no Censual do Cabida da Sé do Porto. A documentación da época testemuña que o mesmo nome aludía a dúas persoas distintas, cunha cronoloxía bastante próxima. Deses dous homónimos, o primeiro é o que máis posibilidades ten de identificarse co trobador. Fillo de Raimundo Viegas e de Maria Ourigues da Nóbrega, pertencía á liñaxe portuguesa dos Portocarreiro, relacionada coas cortes rexias portuguesas e castelás. Lazos familiares relaciónano cos trobadores Johan Perez d’Aboim e Pero Gonçalves de Portocarreiro, xa que a súa nai era tía do primeiro...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ruído moi forte.

      2. Rebumbio con ruído e balbordo.

    1. Ostentación ou pompa coa que se fai algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que causa estrondo.

    2. Que é moi pomposo ou luxoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua que pertence ao grupo benue-congo do phylum níxer-congo, que se fala en Camerún.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués, fillo de Rodrigu’Eanes Redondo. A escaseza de datos na documentación da segunda metade do s XIII viría motivada por unha ausencia do país ao ter que acompañar ao seu pai a Castela. Cara ao 1297 debeu ser mordomo-mor de Pedro de Aragón e, entre 1312 e 1318, meirinho-mor de don Denís. Tralo seu matrimonio con Marinha Afonso de Arganil, formou en Beira un casal nobre ao que pertencían os señoríos de Arganil e Pombeiro. Debido ao cargo que desempeñou desde 1312 marchou a Santarém, onde debeu morrer cara ao ano 1320. Activo entre a segunda metade do s XIII e os primeiros anos do seguinte, atribúeselle o escarnio persoal “Don Pedro est[e] cu-nhado del-Rei”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Organismo constituído en 1969 dentro da Organización das Nacións Unidas. O seu obxectivo é financiar tecnicamente as políticas demográficas dos países en desenvolvemento. O seu financiamento provén das contribucións voluntarias dos estados e os seus programas son levados a cabo por estes, por outros organismos da ONU e por ONGs. Seguindo as metas e directrices formuladas na Conferencia Internacional de Poboación e Desenvolvemento (CIPD) de 1994, traballa en tres grandes programas: saúde reprodutiva, incluíndo a planificación familiar e a saúde sexual; estratexias de poboación e desenvolvemento, por medio da axuda na recolleita de datos e na realización de investigacións prácticas en materia de política de poboación; e promoción, coa defensa e promoción dos obxectivos da CIPD referidos aos servicios e dereitos produtivos, á prolongación da esperanza de vida, á redución da mortaldade infantil e materna, á redución da diferenza de escolarización entre nenos e nenas, ao fortalecemento da capacidade...

    2. Que ten profundidade.

    3. Que está situado ou penetra moi dentro.

    4. Aplícase ao terreo que está máis baixo con respecto aos que o rodean.

    5. Aplícase aos sentimentos ou ideas moi intensos ou elevados.

    6. Parte inferior, baixa e máis afastada da boca ou do bordo de algo.

    7. Superficie sobre a que se sitúa unha masa de auga.

      1. Parte máis interna dun lugar oposta á entrada.

      2. Parte máis interna do escenario, onde tradicionalmente se adoita colgar un decorado ou unha cortina que vai de banda a banda.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten profundidade.

    2. Que está situado ou penetra moi dentro.

    3. Aplícase ao terreo que está máis baixo con respecto aos que o rodean.

    4. Aplícase aos sentimentos ou ideas moi intensos ou elevados.

    5. Parte inferior, baixa e máis afastada da boca ou do bordo de algo.

    6. Superficie sobre a que se sitúa unha masa de auga.

      1. Parte máis interna dun lugar oposta á entrada.

      2. Parte máis interna do escenario, onde tradicionalmente se adoita colgar un decorado ou unha cortina que vai de banda a banda.

    7. Espacio que separa a parte máis alta da máis baixa dalgunha cousa.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo constituído en 1969 dentro da Organización das Nacións Unidas. O seu obxectivo é financiar tecnicamente as políticas demográficas dos países en desenvolvemento. O seu financiamento provén das contribucións voluntarias dos estados e os seus programas son levados a cabo por estes, por outros organismos da ONU e por ONGs. Seguindo as metas e directrices formuladas na Conferencia Internacional de Poboación e Desenvolvemento (CIPD) de 1994, traballa en tres grandes programas: saúde reprodutiva, incluíndo a planificación familiar e a saúde sexual; estratexias de poboación e desenvolvemento, por medio da axuda na recolleita de datos e na realización de investigacións prácticas en materia de política de poboación; e promoción, coa defensa e promoción dos obxectivos da CIPD referidos aos servicios e dereitos produtivos, á prolongación da esperanza de vida, á redución da mortaldade infantil e materna, á redución da diferenza de escolarización entre nenos e nenas, ao fortalecemento da capacidade...

    VER O DETALLE DO TERMO