"Ove" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 360.
-
-
Apelido que ten a súa orixe nos topónimos que levan esta mesma denominación. Estes topónimos fan referencia á existencia (actual ou no pasado) dunha construción relixiosa. Documéntase desde o s XI: “Froia de Bovata” (doc ano 1004 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 530).
-
Liñaxe orixinaria da vila luguesa do mesmo nome. No escudo da casa-pazo de Bóveda campean os brasóns dos Osorio, Somoza, Goyanes e Ares. As armas desta caste levan escudo cortado: primeira partición, en campo de azul, con tres lises de ouro, colocadas en pao; segunda partición, en campo de azul, con seis dados de prata, colocados en dous paos; bordo de ouro. Empregan tamén escudo partido: primeiro, en campo de azul, con tres lises de ouro, colocadas en pao; segundo, en campo de goles, con seis dados de prata, sen puntear, postos en dous paos de tres cada un. Algunhas armas levan, en campo de goles, unha flor de lis de prata, acompañada de seis dados do mesmo metal, sen puntear, postos en dous paos de tres. Outras fontes traen por brasón dez roeis de goles, en campo de prata, e bordo de azul, con catro leóns e catro coroas de ouro (armas dos Ordoñez).
-
-
GALICIA
Pintor e debuxante. En 1958 recibiu unha bolsa da Deputación Provincial da Coruña para facer estudios na Real Academia de San Fernando de Madrid. A súa pintura, realista e expresiva que representa imaxes de Galicia, caracterízase polo xogo das cores, a riqueza de matices e o uso dunha pincelada dinámica. En 1948 ingresou como decorador en Cerámica Celta, onde tomou contacto coa obra de Castelao, Asorey, Acuña e Maside. En 1957 expuxo por primeira vez en Padrón e en 1958 representou á Coruña no Certamen Nacional de Especialización y Orientación Artística, celebrado en Madrid. Durante 1961 colaborou nos xornais Faro de Vigo e La Noche como ilustrador e debuxante humorístico. En 1962 emigrou a Bos Aires onde desenvolveu unha pictórica marcada polo tratamento da paisaxe. En 1968 colaborou na Primeira Feira de Artesanía Galega organizada polo conxunto artístico galego Breogán. En 1987 regresou a Bos Aires. Xa en 1992 creou a Sociedad de Artistas Hispano-Argentinos (SAHIA)....
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Filipe V o 12 de xullo de 1701 a Xoán Nicolao Espinosa e Feixóo, cabaleiro de Santiago e rexedor perpetuo de Ourense. Tiñan xurisdición sobre Santa María de Bóveda, Castro e Ladeiro e Portomarín. As súas armas eran as dos Espinosa e dos Coutolongo.
-
GALICIA
Pintor. Estudiou na Escuela de Bellas Artes de Sevilla e na de San Fernando de Madrid. A súa temática baséase na iconografía popular galega: santeiros e xente da picaresca galega, tratados cun certo estilo clasicista. Pintou tamén paisaxes entre as que destaca a titulada Ensenada do Miño. Realizou exposicións dentro e fóra de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Estudiou Peritaxe Mercantil na Escola de Comercio da Coruña, estudios que compaxinou coas clases que impartía no colexio dos Villares en Ourense. Recibiu tamén clases de debuxo no Círculo Católico e de solfexo na Academia da Banda Municipal. Na súa mocidade colaborou coa Coral Ruada e co Orfeón Unión Orensana. Presentouse ás oposicións de auxiliares de Contabilidade do ministerio de Facenda, para as que acadou o número un en 1924. Foi destinado á delegación de Facenda en Ourense, onde permaneceu catro anos. Tras aprobar a oposición a xefe de Contabilidade foi destinado en 1928 a Pontevedra. Rexeitou a proposta do ministro de Facenda, José Calvo Sotelo, de formar parte do comité de intervención de cambios. En Pontevedra, entrou en contacto con Castelao e Losada Diéguez e participou nas tertulias do café Méndez Núñez. Da man de Castelao entrou a formar parte da Coral Polifónica, onde coñeceu a Amalia Álvarez Gallego, con quen casou o 20 de outubro de 1930. Ese mesmo ano, foi invitado...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. En 1923 emigrou a Bos Aires onde colaborou en diversos medios xornalísticos como Caras y Caretas ou La Prensa. Fundou o semanario Mundo Español (1923) e a revista Síntesis (1927). Destacado conferenciante, entre as súas publicacións salientan: El madrigal de las hermosas (1916), Los poemas de los pinos (1922), De los pazos gallegos (1922), Canto a la raza gallega y versos de fe y de silencio (1923), Penumbras (1923), Galicia madre (1944) e El perfecto optimista (1945). En 1970 deuse a coñecer en Bos Aires o volume Antología poética de Xavier Bóveda, nunha edición de Néstor Astur Fernández.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro familiar e feminino que puido estar situado no Priorato (Amoeiro) e do que se descoñece a súa data de fundación. Un documento de 1173 amosa unha doazón de Fernando Oduáriz ao mosteiro de Bóveda. Outro documento de 1175 sinala o nome da abadesa que o rexentaba, Dona Maior. A mediados do s XV, o Papa Nicolao V anexionouno ao mosteiro de San Clodio do Ribeiro de Avia. Despois ingresou na orde do Císter.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación monástica situada en Amoeiro. Foi o primeiro mosteiro de monxas cistercienses creado en España no s XII, grazas á iniciativa dos condes don Arias Fernández e a súa dona Gudina Oduariz. A disolución da orde feminina no ano 1471, converteuno nun priorado masculino dependente do mosteiro de San Clodio. Actualmente o edificio é unha vivenda particular, aínda que conserva restos do edificio románico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto arquitectónico situado na parroquia de Santa María de Castro (Begonte). Trátase dunha construción de planta rectangular con dúas alturas que puideron estar conectadas entre si por algunha escaleira. A planta superior está practicamente destruída pero consérvase o arranque da bóveda de canón que a cubría. A planta inferior está dividida en tres partes: un nártex rectangular, un corpo central con cuberta abovedada e dividido en tres naves separadas por columnas, cunha piscina na central, e unha ábsida rectangular. Consérvanse pinturas nos tramos da bóveda e nos muros das naves. Pénsase que foi un ninfeo romano cristianizado no s IV. No seu contorno hai restos de columnas e cerámicas de cronoloxía diversa. O monumento foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931, e o seu contorno en 1997.
-
-
Parte abovedada do teito que permite cubrir o espazo entre dúas trabes que quedan ao descuberto.
-
Parte arqueada da popa dos buques, dende a engra principal ata a segunda cuberta.
-
-
PERSOEIRO
Teólogo e xesuíta. Foi profesor en Tortosa, Barcelona e Sant Cugat del Vallès. Membro da Comisión Bíblica Pontificia. É autor de Las epístolas de san Pablo (1940), San Pablo, maestro de la vida espiritual (1941), La Asunción de María (1947) e da edición da Biblia en colaboración con Francisco Cantera (La Sagrada Biblia, 1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo alemán. Profesor de Zooloxía na Universidade de Würzburg dende 1893. Foi o autor de diversos traballos sobre a estrutura do núcleo, que o levaron a demostrar a individualidade dos cromosomas. É o autor de Zellenstudien (Estudios sobre células, 1887-1907) e de Das Problem der Befruchtung (O problema da fecundación, 1902).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Estableceuse en Calabozo (Venezuela) aos dezanove anos. En 1812 incorporouse ás forzas reais que loitaban en contra do movemento de independencia sudamericano, creando un grupo guerrilleiro. Ocupou as rexións de Los Llanos e Mosquiteros. Derrotou a Simón Bolívar en 1813 e tomou Valencia, Caracas e Barcelona en 1814. Morreu nunha emboscada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Farmacólogo suízo. Traballou no Institut Pasteur de París e dirixiu o Instituto Superiore di Sanitá de Roma. Realizou estudios moi importantes sobre a acción do curare e o seu uso como anestésico; por este motivo recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1957.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo e psicólogo suízo. Licenciouse en Filosofía en Laussane e en Letras en Xenebra. Foi o primeiro director do Instituto Jean-Jacques Rousseau de Xenebra (1912-1932), onde desenvolveu os seus proxectos de investigación sociopedagóxica dentro da vangarda da nova escola. Fundou e dirixiu o Bureau International d’Education (1925-1929). Participou, xunto con Adolphe Ferrière e Edouard Claparède, na estruturación, organización e coordinación das escolas novas (denominadas por el escolas activas). Traballou con Jean Piaget e logo exerceu como profesor nas universidades de Basilea e Xenebra. Foi editor de Intermédiaires des éducateurs (Intermediarios dos educadores, 1912-1920) e de L’éducateur (O educador, 1924-1929). Escribiu, ademais, Le génie de Baden-Powell (O xenio de Baden-Powell, 1921), Le sentiment religieux et la psychologie de l’enfant (O sentimento relixioso e a psicoloxía do neno, 1925), L’instinct combatif (O instinto...
VER O DETALLE DO TERMO -
XACEMENTOS
Xacemento situado no litoral inglés, sobre unha plataforma de area que se constituíu nunha época quente preto dunha lagoa; bioestratigraficamente debe situarse no Cromerense (0,5 Ma). Neste xacemento aparece asociada fauna, unha tibia humana e diversos artefactos en sílex local. Os artefactos, bifaces ovalados, débris (produtos da labra rexeitados) e útiles sobre lasca (raspadeiras), atópanse en grandes concentracións e testemuñan o traslado e manufacturación da materia prima no mesmo lugar de habitación. Estes obradoiros son un fenómeno raro no Paleolítico inferior, aínda que no medio son máis comúns.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento literario e musical xurdido en Galicia nos anos 90. A literatura bravú ten a súa orixe no eido da música, no chamado rock bravú. Preséntase como unha análise da modernidade dende posturas ruralistas, por oposición ao urbano, á capital, ao centro. A literatura bravú busca ser un signo de identidade, unha forma de comunicación para a cultura rural ou semiurbana que oscila entre o apego á tradición popular (as verbenas, as feiras, as tascas, etc) e as contribucións da vida moderna. Baixo a etiqueta bravú, o sentimento de marxinalidade transfórmase nunha afirmación de orgullo popular: “Vivimos no cu do mundo pero temos bravura para tronza-lo Universo”. Este modo de sentir, que se proclama coa forza e a paixón do que está sen domesticar, do indómito, maniféstase xa na palabra escollida para denominar a tendencia, que alude ao bravío da carne. A tralla e a arroutada (1995), de Xurxo Souto, constitúe un feito fundacional na medida en que se compón dun conxunto de textos ou tokes que...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica norteramericana realizada en 1957. Foi dirixida por David Lean e interpretada por Alec Guinness, William Holden e Jack Hawkins. Confinados nun campo de concentración xaponés, un grupo de militares británicos encabezados polo coronel Nicholson construirán unha ponte que queren salvar a toda costa da súa destrución. A música do filme, especialmente a marcha militar que aparece, fíxose moi popular entre o gran público.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade do Precámbrico superior do Macizo de Armórica, que comprende o Vendiano e o Rifeano. O nome provén de Briovera, nome céltico da actual Saint-Lô.