"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

    1. Acción e efecto de ampliar.

      1. Proba fotográfica obtida por proxección do negativo sobre unha emulsión de papel sensible mediante os aparellos axeitados.

      2. Proceso levado a cabo para obter unha copia fotográfica ampliada, máis grande ca o negativo empregado para producila.

    2. Aumento da cifra do capital dunha sociedade mercantil por medio da aportación de bens dos antigos socios ou doutros dos novos, ou polo traspaso á conta do capital do contido nas contas de reserva ou a conversión de créditos pasivos e plusvalías en capital.

    3. Operación destinada a mellorar parcialmente as capacidades ou o rendemento dun equipo informático, instalando neste equipo módulos adicionais de memoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que amplía.

    2. Aparello utilizado para obter mediante proxección probas positivas de dimensións superiores ao negativo orixinal. Está formada por unha lanterna, un sistema óptico de focal variable e uns elementos mecánicos de sustentación e mobilidade entre os diferentes compoñentes do conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar unha maior extensión, facer máis amplo.

    2. Estender un prazo no tempo.

    3. Reproducir unha fotografía a un tamaño máis grande do que tiña.

    4. Profundar nunha serie de coñecementos ou investigacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para ampliar, que reforza o sentido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina eléctrica rotativa de corrente continua utilizada para amplificar sinais eléctricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de amplificar.

      1. Nos amplificadores, aumento dunha tensión ou dunha corrente. Cando o sinal a amplificar é de tipo periódico (sinusoidal ou non), a amplificación ten que reproducir exactamente na saída un sinal de amplitude maior pero sen deformar o sinal primitivo. Neste caso, moi corrente en electroacústica, trátase dunha amplificación lineal. A amplificación pódese facer por medio de tubos electrónicos (principalmente tríodas e péntodas), transistores e, nalgúns casos, dispositivos magnéticos. Distínguense diferentes clases básicas de amplificación: A, AB, B e C. Na clase A, o tipo de polarización é tal que para un sinal de entrada sinusoidal circula corrente de saída durante todo o tempo que dura o ciclo. Na clase B, só circula corrente de saída durante medio ciclo do sinal de entrada. Na clase AB, circula corrente durante un tempo inferior a un ciclo pero superior a medio ciclo. Na clase C, a corrente só circula durante un tempo inferior a medio ciclo.

      2. Relación entre os valores de saída e de entrada dunha magnitude nun amplificador calquera. Tamén se denomina beneficio. Segundo a magnitude á que se refire, pódese falar de amplificación de potencia, de tensión ou de corrente. A amplificación pódese expresar en forma dunha relación por cociente, pero é máis corrente utilizar o decibelio.

      3. factor de amplificación

        Nun tubo electrónico, relación entre a variación de tensión anódica e a variación de tensión de reixa cando a corrente anódica se mantén constante. É un dos parámetros máis correntemente utilizados para caracterizar a eficiencia dun tubo. Polo xeral, aparece representado pola letra μ.

    2. Nun discurso oral ou escrito, desenvolvemento pormenorizado e exhaustivo que se dá a unha proposición ou idea co fin de deixala máis clara e darlle máis forza. Os seus efectos poden conseguirse por medio da hipérbole, da perífrase ou doutros recursos.

    3. Produción de moitas copias dun mesmo xen por replicación selectiva dun fragmento determinado do ADN.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou que amplifica.

    2. Dispositivo utilizado para aumentar o valor dunha magnitude eléctrica. Todo amplificador necesita un abastecemento exterior de enerxía ( alimentador), polo xeral en forma de corrente continua, que procede da fonte de alimentación. Segundo o tipo de sinal eléctrico que hai que amplificar, os amplificadores poden ser de corrente continua ou alterna. Este segundo caso, máis frecuente, ten numerosas aplicacións prácticas, especialmente en telecomunicacións e electroacústica. Proxéctanse os amplificadores para traballar cunha gamma de frecuencias determinada, fóra dela as desviacións no seu comportamento resultan inaceptables a causa da distorsión que se introduce. Segundo cal sexa esta gamma ou banda de frecuencias, cómpre distinguir entre: amplificadores de radiofrecuencia, utilizados nos aparellos receptores de radio e televisión; amplificadores de vídeo, que amplifican o sinal de imaxe en televisión; e amplificadores de audio, que amplifican o son, denominados...

    3. Aparello destinado a amplificar sinais eléctricos que teñen unha frecuencia que pertence ao espectro audible. Os amplificadores poden estar destinados a sonorizacións públicas e a sonorizacións domésticas ou privadas. Os primeiros están destinados a reproducir, basicamente, a palabra falada e, en ocasións, a música; neste caso non se esixe unha gran calidade. Son aparellos de mediana ou gran potencia (de 100 a 10.000 W); adoitan ter unha entrada para o sinal procedente do micrófono e unha ou máis entradas auxiliares (outros micrófonos, tocadiscos, radio e outros aparellos) cada un co seu atenuador independente. Ás veces teñen un control de mestura que permite, ao mesmo tempo, atenuar o sinal presente nunha das entradas e amplificar o que hai noutra. Os amplificadores para sonorizacións privadas están destinados basicamente á reprodución musical cun mínimo de calidade (superior á que pode proporcionar un aparello de radio con AM). Son aparellos de pequena ou mediana potencia (20 a 200 W)....

    4. Aparello empregado para facer maior a intensidade de algo, en particular, a das oscilacións eléctricas.

    5. Dispositivo utilizado para aumentar o valor dunha magnitude física.

    6. Sistema ópticoelectrónico que fai máis luminosa a observación dunha escena que carece de iluminación. Utilízase, sobre todo, en radioscopia e nas observacións astronómicas.

    7. Amplificador de presión, sen partes móbiles, que utiliza a acción de correntes de fluídos para producir variacións de presión e de caudal. O efecto destas variacións utilízase para comandar sistemas lóxicos ( fluídica).

    8. Amplificador de sinais eléctricos que funciona segundo un principio electromagnético. Adoitan ser de tipo estático, pero hainos tamén rotativos. O amplificador magnético rotativo é unha máquina eléctrica de corrente continua proxectada especialmente para amplificar sinais eléctricos. Os máis utilizados son: a amplidina, o rototrol e o magnicón. O amplificador magneticoestático é un dispositivo sen elementos móbiles capaces de dar unha resposta de potencia superior á da excitación e baséase nun fenómeno esencialmente magnético. Diferéncianse dous tipos: o de indutancia saturable e o de autosaturación. O amplificador magnético estático de indutancia saturable consiste nunha bobina de indutancia variable intercalada nun circuíto de potencia de corrente alterna; as variacións da indutancia da bobina conséguense por medio dunha corrente continua de control que fai variar o grao de saturación do ferro. O amplificador magnético estático de autosaturación ten...

    9. Amplificador destinado a efectuar unha operación matemática determinada cos sinais de entrada como, por exemplo, suma, resta, multiplicación, división, integración e outras. Son circuítos integrados lineais dunhas características moi salientables: impedancia de entrada moi elevada e de saída moi baixa, beneficio moi elevado (superior a 10.000), banda pasante moi ampla (desde 0 ata uns cantos MHz), etc. Polo xeral, son amplificadores diferenciais de corrente continua. Teñen aplicacións moi diversas como adaptadores de impedancia, xeradores de sinais, amplificadores lineais e filtros.

    10. Tipo de amplificador de microondas, formado por un tubo electrónico ou un dispositivo semicondutor que ten unha reactancia variable segundo o sinal que hai que amplificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aumentar o valor dunha magnitude.

    2. Agrandar (especialmente os microscopios, telescopios e outros aparellos) o volume aparente dos obxectos.

    3. Desenvolver de xeito extenso unha idea, un asunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para amplificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de amplo, extensión.

    2. Arco de horizonte comprendido entre o punto cardinal leste ou oeste e a vertical do astro considerado. É o complemento do acimut cando este é medido por cuadrantes. A amplitude é tabulada nas táboas náuticas en función da declinación e da latitude cando o astro se atopa no momento da súa posta e no momento da súa saída. No primeiro caso recibe o nome de amplitude occidua ou occidental e, no outro, o de amplitude ortiva ou oriental.

    3. alor máximo que alcanza unha magnitude vibratoria ou oscilante nun semiperíodo. Cando a magnitude vibratoria pode ser expresada por unha función sinusoidal do tipo f(t) = A sen (ωt+φ), a amplitude vale A e corresponde ao caso en que sen (ωt+φ) vale 1.

    4. alor máximo dunha onda acústica nun semiperíodo. Depende directamente da tensión articulatoria.

    5. Diferencia entre o valor máis alto e o máis baixo que adopta unha variable, dentro dun alcance dado.

    6. Diferencia entre os valores extremos dun elemento do clima como a temperatura e a presión, durante un período de tempo determinado. Segundo o que se considere, será diurna, anual, etc.

    7. Diferencia de altura entre unha preamar e a baixamar posterior.

    8. Diferencia alxebraica entre os valores extremos dunha magnitude vibratoria ou oscilante nun período.

    9. Diferencia entre a media das alturas de dúas preamares consecutivas e a baixamar que ten lugar entre as dúas.

    10. Nunha corrente alterna, relación entre o valor máximo ou amplitude e o valor eficaz, aplicable tanto a correntes como a tensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dunha grande extensión ou cunha grande capacidade.

    2. Que non aperta, non cingue e non axusta.

    3. Que non é breve nin conciso, plenamente suficiente en extensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica que consiste na repetición dunha palabra ou grupo de palabras que aparecen ao final dun verso ou dunha frase ao comezo do verso ou da secuencia seguinte. Denomínase tamén reduplicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cambios celulares que implican perda do carácter diferenciado e capacidade proliferativa nas células afectadas. É característica dos tecidos tumorais, polo que a súa detección é importante na diagnose de cancros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á familia das anaplasmatáceas.

    2. Rickettsia da familia das anaplasmatáceas.

    3. Familia de rickettsias parasitas dos eritrocitos, de aspecto semellante a algúns virus e mesmo a certos protozoos (piroplasmas) tamén parasitos dos eritrocitos. Atacan sobre todo os ruminantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección por rickettsias do xénero Anaplasma, propia dos bóvidos dos países cálidos. Comporta, a miúdo, ictericia e anemia. O tratamento desta enfermidade limítase a repouso absoluto e á administración de tónicos xerais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica coa que se pretende restablecer unha parte mutilida do corpo ou realizar algunha modificación nel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise do núcleo, célula ou organismo que ten un número de cromosomas que non é múltiplo do número normal en dotación haploide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de aneuploide. A trisomía (2n + 1) e a monosomía (2n - 1) son as aneuploidias máis frecuentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta anfidiploidía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diploidia que resulta do cruzamento compatible de xogos cromosómicos diploides de especies diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO