"Perez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 270.
-
GALICIA
Profesor. Licenciouse en Filosofía na facultade Pontificia de Oña (Burgos), en Químicas na Universidade de Santiago de Compostela (1952), en Teoloxía no Heytrhop College de Inglaterra (1957) e en Educación na Stanford University de California (1970). Foi profesor de químicas no seminario Pontificio de Comillas (ata 1960), director do colexio de San Estanislao de Salamanca (1960-1961) e do Apóstolo Santiago de Vigo (ata 1968). Dirixiu a sección de tecnoloxía educativa do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela e, desde 1971, foi director do primeiro circuíto pechado de televisión que se creou nos ICE de todas as universidades. Foi presidente do Seminario Permanente de Tecnoloxía Educativa da rede INCIE/ICE e membro da Association for Educational Communications and Technology e American Educational Research Association.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado. Licenciado en Dereito e Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidad Pontificia de Comillas - ICADE (Madrid), é Auditor de Contas, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, vogal da Asociación Nacional de Abogados Laboralistas, membro de número da Asociación Española de Asesores Fiscales e Socio de Hispaiuris, A.I.E. No ámbito profesional, no que está considerado un dos profesionais de maior prestixio nos ámbitos xurídico e económico a nivel nacional, é Socio Fundador de Viliulfo Díaz Abogados y Asesores Tributarios, así como socio maioritario de Iberaudit Auditores Cantábrico, do grupo de ámbito nacional Iberaudit Auditores. Así mesmo, participa na sociedade Asesor Player’s, dedicada ao asesoramento de deportistas profesionais de elite. Foi profesor de Contabilidade e Estatística na Universidad Pontificia de Comillas (ICADE) (1968-1969); no Instituto de Ciencias Empresariais de Vigo, como xefe de estudos e profesor de Dereito Laboral (1969-1971); na Universidad...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora e investigadora da arte. Doutora en Belas Artes pola Universidad de Salamanca (1997) e profesora de debuxo dende 1983, impartiu cursos sobre simbolismo medieval na Universitat Politécnica de València e na Universidade da Coruña. Coñecida como Pepa Domingo, a súa pintura baséase na análise da luz e reflicte o contraste entre as terras coruñesas e almerienses onde viviu. Cultivou as naturezas mortas, os bodegóns e a figuración, e fixo esculturas para unha praza pública en Albox (Almería, 1980). Participou no I Concurso de Artes Plásticas Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos (Madrid, 1983), e en Imaxes a carón da aula, VI Mostra de pintura dun colectivo de profesores de ensino medio e universitario de Galicia (Pontevedra, 1991). Realizou exposicións, entre outros lugares, en Ferrol, A Coruña, Oleiros e Almería. No apartado da investigación, centrouse na análise do bestiario do románico coruñés e realizou, entre outros, o estudo “La estética en las rutas del...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Comezou no sector audiovisual coa longametraxe A outra muller (1982), realizada en soporte magnético. En 1986 dirixiu, xunto con Uxía Blanco, a curtametraxe O segredo, en 35 mm. Despois dun período dedicado ao ensino na Escola de Imaxe e Son da Coruña, o seu labor orientouse fundamentalmente á elaboración de guións, tanto para producións cinematográficas como televisivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e ocultista. Coñecido co pseudónimo de Doctor Papus, doutourose en Medicina na Universidade de París (1894). Dirixiu o laboratorio de hipnoterapia do Hospital da Caridade na capital francesa. Realizou unha viaxe á India, onde estudiou os enigmas das forzas astrais e, logo de viaxar por diversos países, dedicouse ao cultivo das ciencias ocultas. Gracias aos seus coñecementos e á fama internacional que conseguiu viaxou en dúas ocasións a San Petersburgo (1900 e 1905) para atender os tsares, onde prognosticou que a revolución os derrocaría anos despois. Participou como médico na Primeira Guerra Mundial ata que caeu enfermo e morreu. Entre as máis de cincuenta obras que escribiu, cómpre salientar: Hypothéses (Hipóteses, 1884), l’Ocultisme contemporain (O ocultismo contemporáneo, 1887), Essai de physiologie synthetique (Ensaio de fisioloxía sintética, 1890) e Cabbale (Cábala, 1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantautor. Realizou estudios laborais en Zamora e Tarragona e de xornalismo en Barcelona. Musicou poemas de Martelo Paumán, Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués da escola lírica galego-portuguesa, pertencente á liñaxe dos Pereiras, documentado no último cuarto do s XIII. A xulgar pola súa colocación nos cancioneiros B e V, non se pode identificar con Estevan Faian, cabaleiro pertencente a unha liñaxe dese nome, talvez de orixe galega ou castelá, e activo no segundo terzo do s XIII. Tras abandonar o reino de Portugal, en data e circunstancias descoñecidas, asentouse en Castela. A súa actividade nos círculos áulicos remóntase aos últimos anos do reinado de Afonso X, momento en que está documentado entre os partidarios do infante don Sancho, primeiro como xuíz en Salamanca, e, en 1283, como meirinho-mor do infante en León e Asturias. Co ascenso ao trono de Sancho, ocupou de novo o cargo de meirinho-mor de León, confirmando distintos documentos con esa atribución (1287-1289). Nos anos seguintes, o trobador desenvolveu un papel relevante na corte; así, en 1290 interveu no confito que enfrontou a Sancho IV con Juan Núñez de Lara; en...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Traba, fillo de Pedro Froilaz de Traba. Foi preceptor do futuro rei leonés Fernando II.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Estudiou leis en Santiago de Compostela e comezou a exercer no concello de Tui. En 1879 trasladouse a Madrid, onde foi pasante no bufete de Montero Ríos; ocupou diversos cargos políticos como concelleiro e tenente alcalde, deputado provincial e presidente da Diputación de Madrid. Foi deputado polo concello de Chantada (1896 e 1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora. Licenciada en Filoloxía Inglesa, estudiu decoración e fotografía na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Cofundadora da agrupación artística DEKATRÓ da Coruña, realizou traballos de deseño gráfico. Realizou exposicións individuais en diversas cidades e participou, entre outras, na Mostra Unión Fenosa e nos certames Concello de Cambre, Eixo Atlántico e Vila de Cedeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Vinculado dende neno a Verín, exerceu a docencia e coa Guerra Civil exiliouse a Arxentina. Da súa produción, destaca Terra coutada (1990) e Crónicas de onte e de hoxe (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e profesor, irmán de Xoán Fernández Pérez. Coñecido tamén como Xesta, foi profesor de debuxo lineal, de figura e adorno, modelado e baleirado en varios centros educativos ourensáns. En 1931 foi nomeado director da Escola de Artes e Oficios de Ourense e no 1936 foi destituído dos seus cargos. Despois de ser rehabilitado, volveu exercer a docencia no Seminario Conciliar, na Escola de Comercio e na Escola de Formación Profesional. Destacou como retratista.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Lingüista. Doutorouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela (1983). Catedrática de Lingüística Xeral na mesma universidade, centra a súa investigación na lingüística aplicada na vertente de trastornos na comunicación, na lingüística actual na esfera de fundamentos e correntes para o estudo das linguas e na historiografía da lingüística. Publicou varios artigos en revistas especializadas e libros no campo da epistemoloxía da lingüística, da lingüística xeral e da lingüística aplicada: La investigación lingüística desde la filosofía de la ciencia (A propósito de la lingüística chomskiana) (1986), Las categorías gramaticales (morfológicas) en español (1993) e Introdución a la Lingüística. Dimensiones del lenguaje y vías para su estudo (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquiveiro, irmán de Luís Fernández Pérez. Coñecido como Xesta, licenciouse en Filosofía e Letras. En 1911 ingresou no corpo de arquiveiros, bibliotecarios e arqueólogos. Foi xefe da Biblioteca Provincial de Ourense e director do Arquivo de Facenda e do Museo Arqueolóxico Provincial. Colaborador de Galicia Moderna e do Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos de Orense, publicou La nueva Biblioteca Provincial de Orense. Su resurgimiento (1942). Foi membro correspondente da Real Academia Galega, do Centro de Estudios Históricos de Valladolid e da Real Academia de la Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Dramaturgo. Desenvolveu a súa carreira en Bos Aires, onde participou activamente na vida cultural da comunidade emigrante e promoveu a creación de grupos de teatro. É autor de diversas pezas nas que mestura a defensa dos sinais de identidade de Galicia coas estampas da vida rural. Entre elas podemos citar Un ovo de dúas xemas, Catro estampas de beiramar, Nai e filla ou Uxío!.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor. Doutor en Filosofía e Letras, na sección de Filoloxía Hispánica pola Universidad Autónoma de Madrid (1997) e profesor titular na Universidade de Santiago de Compostela (2002). Colaborou no seminario Menéndez Pidal da Universidad Complutense de Madrid e na Fundación Menéndez Pidal (1984-2000) e realizou o Curso Superior de Estudos Portugueses na Universidade Clássica de Lisboa (1988-1989). Colaborou en revistas como Agália, Boca Bilingüe, Estudos de Literatura oral, Euskera e Insula. Da súa produción destaca El romancero tradicional de Galicia: una poesía entre dos lenguas (2000) e unha colaboración no libro Romanceiro Xeral de Galicia I. Os romances tradicionais de Galicia. Catálogo exemplificado dos seus textos (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador de orixe descoñecida, talvez galego. Activo no terceiro cuarto do s XIII e vinculado á corte de Afonso X. Consérvase da súa autoría unha tensó mantida co Rei Sabio recollida no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa; trátase do escarnio social “Ua pregunt’ar quer’a el-Rei fazer”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político peruano. Militante da Alianza Popular Revolucionaria Americana (APRA), foi deputado ao Parlamento e secretario xeral do partido en 1982. Ocupou a presidencia da República (1985-1990) e durante o seu mandato emprendeu reformas económicas de carácter progresista. Presentouse novamente ás presidenciais do 2001, nas que foi derrotado por Alejandro Toledo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. En 1954 formou parte do Salón de los Once de Eugeni d’Ors. A súa pintura participa do expresionismo, a abstracción e o neofigurativismo. Fundou o Grupo Parpalló e cultivou o gravado e a cerámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, de orixe aristocrática. Tío do trobador Rodrigu’Eanes de Vasconcelos e cuñado de Johan Soarez Coelho, hai quen o identifica con Gil Perez Feijó. Algúns investigadores pensan que en 1248 tivo que fuxir a Castela, despois do conflito pola sucesión ao trono portugués entre Sancho II e Afonso III o Boloñes; desde 1269 é vasalo de Afonso X e en 1286 infanzón na corte do seu sucesor, Sancho IV. Na corte castelá relacionouse con Gomez Garcia, Johan Vasquiz de Talaveira e Rodrigu’Eanes Redondo no momento da expedición de Sancho IV a Baiona co gallo de se entrevistar con Filipe IV o Fermoso. As súas cantigas aparecen recollidas na última parte do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (1515-1532); son 16 cantigas de satíricas (6 escarnios persoais, 4 políticos, 2 literarios, 2 de amor, 2 sociais), unha cantiga moral e unha cantiga de amor.
VER O DETALLE DO TERMO