"RAI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 377.

  • PERSOEIRO

    Militar e político peruano. Interveu no golpe de estado que derrocou o Presidente Guillermo Billinghurst (4.2.1914) e ocupou provisionalmente a Presidencia da República (1914-1915), ata a elección de José Pardo. En 1930 participou no derrocamento do Presidente Leguina, que deu o poder ao comandante Luis Miguel Sánchez Cerro. Despois do asasinato do Presidente Sánchez Cerro, regresou do seu exilio europeo e foi elixido Presidente. Durante os anos da súa Presidencia (1933-1939) iniciou unha política de conciliación con Colombia e de represión da oposición interior. Nos últimos anos do seu mandato tivo que facer fronte a un movemento revolucionario encabezado polo xeneral Rodríguez, feito que lle valeu como pretexto para modificar a Constitución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deseñador, pintor e gravador francés. Traballou para a corte de Luís XIV. É autor de escenarios, vestidos e composicións para festas e celebracións. Foi o creador do estilo Berain, de grande influencia sobre os decoradores do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián e oftalmólogo inglés. Foi un dos primeiros en practicar a hipnose con finalidade terapéutica (braidismo) e en describir os fenómenos buscando unha explicación dende un punto de vista psicofisiolóxico. Publicou Neurohypnology, or the rational of nervous sleep considered in relation with animal magnetism (Neurohipnoloxía ou o sono racional dos nervios considerado en relación co magnetismo animal, 1843) e The power of the mind over the body (O poder da mente sobre o corpo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador e arqueólogo. Especializado no Pre-neolítico e Neolítico do Oriente Próximo, onde escavou, entre outros, o poboado de Jarmo. É autor da teoría das zonas nucleares para explicar a aparición e o desenvolvemento da economía da produción, a agricultura e a gandería. Entre as súas publicacións destacan The Near East and the Foundations for Civilisation (O Oriente Próximo e os fundamentos da civilización, 1952), Curses to Urban life (Maldicións para a vida urbana, 1962) e The Cultures Bases in the Domestication of Plants and Animals (As bases culturais na domesticación de plantas e animais, 1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de escritura e lectura, ideado por Louis Braille para invidentes, baseado nun código de puntos en relevo marcados sobre o papel que os cegos poden interpretar mediante o tacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Educador francés. Cego dende os tres anos, foi alumno e profesor (1828) do Institut des Aveugles, de París. Tomando como base a sonografía Barbier, inventou un método de escritura feito por medio de impresións en relevo sobre láminas, que permite un tipo de lectura analítica e táctil á velocidade de 125 a 175 palabras por minuto. O sistema Braille foi aceptado como oficial no 1854 no Institut des Aveugles e, no 1878, no Congreso Internacional de París como un sistema universal de ensino para cegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista inglés. Promoveu o grupo Angry Young Men. O heroe da súa primeira novela, Room at the Top (Habitación nas alturas, 1957), é o perfecto rapaz irado. Esta obra alcanzou un grande éxito coa súa sucesora Life at the Top (Vida nas alturas, 1962). Entre as súas últimas obras destacan Finger of Fire (Dedo de lume, 1977) e The Two of Us (Dous de nós, 1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de asesores que rodeou a Roosevelt en 1932 cando foi gobernador de Nova York, candidato á Presidencia e Presidente electo. Contribuíron á elaboración política do New Deal. Estaba composto por Ray Mole, Rex Tugwell e Adolf Berle. O concepto, ‘trust dos cerebros’, aplícase actualmente a calquera grupo de conselleiros económicos ou políticos que asesoran a un partido ou administración pública. No Reino Unido designou os expertos que respondían ás preguntas do público, especialmente os da BBC que durante a Segunda Guerra Mundial participaban nas emisións de radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica do mundo do marketing, que consiste na acumulación e posterior elaboración e síntese das ideas orixinadas por unha asociación libre e espontánea, ao redor dun núcleo temático. Estas ideas xorden dun equipo de persoas reunidas. É un método eficiente, especialmente para a busca de slogans, para a mellora de certas técnicas de venda. Pódese aplicar a outros campos, por exemplo aos procesos de elaboración de decisións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome masculino procedente do latín Blasius, alcume romano de orixe escura, posiblemente procedente do latín blaesus ‘tatexo’ que, á súa vez, deriva do grego blaisós (βλαισός) ‘coas pernas para fóra’. Como moitos outros alcumes latinos indicaba, nun principio, un defecto físico. Outra variante deste nome é Bras, forma que aínda pervive en castelán. San Brais, bispo da cidade armenia de Sebaste (s IV), con sona de taumaturgo e curandeiro, foi martirizado baixo Diocleciano. En Galicia é titular de dúas parroquias e invócase para sandar os males da gorxa e dos oídos. San Brais é titular de dúas parroquias e celébrase o 3 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de intelectuais, artistas e escritores galegos creado en Madrid no ano 1958. Estaba formado por Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño, Xosé Fernández Ferreiro, Xosé Alexandre Cribeiro, Bautista Álvarez, Ramón Lorenzo, Ben-Cho-Shey, Herminio Barreiro e César Arias. Reuníanse en cafés, tabernas ou no Centro Galego de Madrid. O nome foi proposto por Xosé Fernández Ferreiro, quen inventou a historia dun afiador chamado Brais Pinto, procedente de Nogueira de Ramuín que, tras percorrer todos os continentes, xa vello, decidiu instalarse na súa aldea, pero foi atropelado por un tranvía en Madrid, sen poder realizar o seu proxecto. O pulo inicial do grupo xurdiu dunha preocupación común por Galicia e polos seus problemas, aprazados pola ditadura franquista; en concreto, o atraso que observaban na pintura e na literatura, que discorrían á marxe das novas tendencias, e a inexistencia dunha actividade política nacionalista e democrática. Interesados polas propostas da actualidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro de orixe portuguesa asentado en Galicia. Está documentado que realizou unha cruz para a confraría de santa Eufemia do gremio de zapateiros de Ourense (1567), xunto con Rodrigo Pereira; un cáliz de prata para o mosteiro de Montederramo (1573) e unha cruz e un incensario para o convento de santa Marta de Ribadavia. No seu testamento mandaba que o seu sobriño Juan de Sousa rematase os traballos que estaba realizando: unha cruz de prata para a igrexa de Sejalvo, unha cruz para a igrexa de san Xoán de Río (Tribes) e outra para a igrexa de santa Cristina de Parada (Caldelas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de cantería francés. De orixe probablemente borgoñona, traballou en Santiago de Compostela para o bispo Diego de Muros. É o autor, xunto a Guillén de Colás, no ano 1520, da fachada do Hospital Real dos Reis Católicos. Colaborou con Juan del Castillo na igrexas de Caminha e dos Jerónimos de Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir cristián, bispo de Sebaste, en Armenia. Tivo sona de taumaturgo e curandeiro, e moitas son as lendas milagreiras que se lle atribúen. A máis popular é a da espiña de peixe: unha muller desesperada leva perante del o seu fillo, medio esganado por unha espiña de peixe que se lle espetara na gorxa; o santo prendeu os dous cirios que a nai ofrecera como exvoto na festa da Candeloria do día anterior, e colocounos en forma de aspa para tocar, deste xeito, o colo do doente que, de súpeto, quedou libre da espiña. Outra lenda conta como unha pobre muller, desesperada porque un desalmado lobo lle roubara un porco, a súa única riqueza, acode ao santo quen obrigou a fera a restituír a presa; por esta razón, tense considerado como cristianización do mito grego de Orfeo, amansador das feras. Foi martirizado baixo Diocleciano: os verdugos pendurárono do alto dun poste, cunha polea, e esgazaron as súas carnes con peites de ferro ou restrelos para asedar o cánabo; logo foi decapitado. A pesar da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo inglés. Profesor de Filosofía Moral nas universidades de Cambridge (1928-1953) e Knightsbridge (1953-1967). Analizou a estrutura das teorías físicas e aplicou a teoría dos xogos aos problemas morais. É autor de Theory of Games as a Tool for the Moral Philosopher (Teoría dos xogos como unha ferramenta para a Filosofía Moral, 1951), Scientific Explanation. A Study of the Function of Theory, Probability and Law in Science (Unha explicación científica. Estudio sobre a función da teoría, probabilidade e lei na ciencia, 1953) e An Empiriscist’s View of the Nature of Religious Belif (Visión empirista da natureza da crenza relixiosa, 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do fondo da ría de Ares, na súa beira setentrional e na foz do río Eume, no litoral da parroquia e concello de Cabanas. Pola súa situación preto da encrucillada das estradas que unen Betanzos, A Coruña, Ferrol e As Pontes de García Rodríguez, é unha das máis concorridas polos bañistas de todo o litoral do golfo Ártabro, fóra das situadas nos principais núcleos urbanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Coñecido co pseudónimo de Mundo Cal, desenvolveu a súa actividade dende os anos setenta. Foi a partir de 1980 cando viaxou por diferentes países do sur e centro de América como Nicaragua, Guatemala, El Salvador, Panamá e México, nos que había conflitos armados, realizando reportaxes fotográficas; amais, co mesmo propósito, percorreu outros países do norte de África. As súas imaxes reflicten o sufrimento pola guerra e o xeito de vida das xentes que habitan eses lugares. En 1988 pasou a colaborar coa organización non gobernamental Entrepobos, fundamentalmente en proxectos de cooperación en Centroamérica e con refuxiados en Quintana Roo e Chiapas (México). Entre as numerosas exposicións nas que participou destacan: Fotoxornalistas galegos, Nicaragua. A revolución acosada (1983), Testemuñas (1996) e Sobrevivir (1997). Tamén a nivel profesional, colabora con diversos xornais e revistas como El Pueblo Gallego, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Diario 16 de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segmento máis setentrional da praia de Carnota, situada no lugar de Caldebarcos da parroquia de San Mamede de Carnota, no concello de Carnota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido branco moi fino de algodón con ligado plano, semellante á batista, que se fabricaba antigamente en Cambrai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Nord, Cambrésis, Francia, á beira do río Escalda, ao NL de París (33.092 h [1990]). Son tradicionais as industrias téxtiles onde se orixinou o tipo de tecido de algodón coñecido co nome de cambrai. A industria baséase na fabricación de encaixes, fiados, coiro, azucre, cervexa e aceites. A exportación é a base do seu comercio, principalmente de gando vacún e cereais. É un centro de comunicacións ferroviarias, onde se localizan tres estacións. Correspóndese coa antiga Cameracum romana. É bispado desde o s VI e os bispos foron señores desde o s X do condado de Cambrai, erixido no s XVI en ducado. Formou parte dos Países Baixos baixo a dominación española e, pola Paz de Nimega (1678), pasou definitivamente a Francia. A cidade, moi castigada durante as dúas guerras mundiais, conserva a catedral do s XVIII (refeita no s XIX), a igrexa de Saint-Géry (s XVIII), a antiga porta do palacio episcopal (1623) e un beffroi do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO