"ROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1150.

    1. Modelo reducido de aeronave ou dalgunha das súas partes no que se estudian as características aerodinámicas e mecánicas que terá o prototipo.

    2. Modelo reducido de avión movido por pequenos motores de explosión, motores foguete, forza de gomas elásticas ou semellantes, ou ben sen motor, usado na práctica do deporte do aeromodelismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias gramnegativas da familia das vibrionáceas en forma de bacilo curto, con mobilidade por flaxelo polar ou sen mobilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Motor destinado a propulsar aeronaves.

    2. Motor que transforma a enerxía cinética do vento en enerxía mecánica utilizable. Están constituídos por un rotor que xira impulsado polo vento, sobre un eixe horizontal ou vertical. Empréganse para a elevación de auga, no muíño de vento, ou para a produción de electricidade, no aeroxenerador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subclase de fungos da clase homobasidiomicetos con cogomelos de himenio sen láminas auténticas, ao que pertencen as ordes dos corticiais, poliporais, ganodermatais, cantarelais, clavariais, himenoquetais, teleforais e hericiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manómetro de aire comprimido usado para medir a presión dos gases nas botellas de viños escumosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría de carácter agrícola que se celebra na parroquia de San Lourenzo de Agolada (Coristanco) o 13 de xuño. A súa vocación é a da protección do gando, dos animais e do campesiño. Os animais son bendicidos e despois conducidos en procesión arredor da igrexa encabezada pola imaxe do santo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora titular de Filosofía Moral e Política da Universidade de Santiago. Investigadora no eido da Filosofía Moral e Política que se deu a coñecer cos seus traballos sobre a Teoría da Xustiza en J. Rawls e profundizando no tema noutros artigos posteriores, entre eles:“Es la versión castellana de A Theory of Justice de J. Rawls una versión modificada?” (1983) e “J. Rawls: el análisis del concepto de Justicia” (1993). Dende 1989, traballa en estudios de xénero, participa en proxectos de investigación e deu ao prelo numerosos artigos en distintas revistas (A Trabe de Ouro, Anthropos, Festa da Palabra Silenciada), dos que destacan: “Feminismo e política” (1990), ”Justicia y política feminista” (1995) e “El alcance de la justicia y las complejas desigualdades de género” (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece tamén a Campagna Romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botar gromos unha planta ou árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada polo grupo Irmandade Galega na cidade de Bos Aires no ano 1951.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación asinada en 1936 por Xosé Acuña, pseudónimo de Xosé Filgueira Valverde. Pode considerarse como o primeiro texto dramático orientado á infancia e á mocidade, se ben con anterioridade tivesen aparecido algunhas outras pezas, como as do Arcebispo Manuel Lago González ou Teatro dos Nenos, de Álvaro das Casas (1936). A obra, concibida na liña da peza didáctica orientada a ilustrar as conciencias de lectores e posibles espectadores, dá conta da transformación que sofre Nito, que de ser un señorito da vila se converte nun mozo de aldea facendo seu o ideal da terra e da defensa dos seus sinais de identidade. Xanciño -antes Juanito- transfórmase, logo dun rito iniciático comunitario, nun símbolo daquela caste de fidalgos e ilustrados galeguistas que poboaban as obras de Ramón Cabanillas, Antón Villar Ponte ou Ramón Otero Pedrayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade conxénita que comporta displasia ósea fibrosa xeralmente poliostótica, pigmentación da pel con zonas de melanina dispersas e puberdade precoz nas rapazas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doenza hereditaria recesiva e exclusiva do sexo masculino, caracterizada pola aparición, nos primeiros días de vida, dunha púrpura trombocitopénica; no terceiro mes engádese un eccema e finalmente aparece hipogammaglobulinemia. Chámase tamén síndrome de Wiscott-Aldrich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello, actualmente en desuso, empregado para medir as calidades panificables das fariñas. Segundo o obxecto concreto de medición poden ser: alveógrafos, se miden o traballo de deformación da masa; amilógrafos, se rexistran as variacións de viscosidade; e farinógrafos, se rexistra a forza necesaria para mover as pas da amasadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa automobilística italiana fundada no 1910 co nome de ALFA (Anonima Lombarda Fabbrica Automobili), que Nicola Romeo (1876-1938) cambiou en 1915 por Alfa Romeo, ao se converter en primeiro accionista e delegado administrador da sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alteración, habitualmente conxénita, do sentido cromático que fai que se teña unha visión das cores diferente da real.

    2. Cambio da cor da pel ou do cabelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos cristais e dos minerais que teñen unha cor que non é a propia a causa da presenza de substancias estrañas incluídas que os tinxen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Obra de tendencia naïf.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor de Filoloxía inglesa na Universidade de Santiago de Compostela. Na súa Tese de Doutoramento, lida en 1974, investigou as Relaciones atlánticas prehistóricas entre Galicia y las Islas Británicas y medios de navegación baseándose principalmente no estudo do petroglifo de Borna e nas investigacións sobre as antigas embarcacións de coiro empregadas durante a Prehistoria para navegar polas costas atlánticas europeas. Realizou unha xira por Francia e Suíza en compañía do circo da Ciudad de los muchachos, experiencia á que dedicou un libro. É autor dos estudios Santos e barcos de pedra. Para unha interpretación da Galicia atlántica (1991), O camiño de Fisterra (1993), Creencias y tradiciones de los pescadores gallegos, británicos y bretones (1996), Navegantes, monjes y piratas de las costas atlánticas en la Alta Edad Media (1997). Foi colaborador de Zephyrus, Cuadernos de Estudios Gallegos, Gallaecia, Boletín...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dexeneración pigmentaria da retina asociada á obesidade, diabete, xordeira ou displasia xenital.

    VER O DETALLE DO TERMO