"Rodrigo" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 55.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Cóengo de Santiago de Compostela, estudou probablemente en París ou Boloña. Arcediago do Salnés, en 1307 foi elixido arcebispo de Santiago de Compostela. Restituíu á igrexa composelá o señorío da cidade de Santiago, a chancelaría do Reino de León e a capelanía da casa real. Participou co Rei Fernando IV na campaña de Algeciras e influíu notablemente na minoría de idade de Afonso XI. Instruíu no proceso contra os templarios e declarounos inocentes. Participou no concilio xeral de Vienne (1311-1312). Considerado un dos grandes reformadores, celebrou tres concilios provinciais en Salamanca (1310 e 1313) e Zamora (1312-1313) e tres sínodos diocesanos (1309, 1310 e 1313). Convocou diversas irmandades de bispos para defender a inmunidade eclesiástica e interveu na solución do problema económico da Universidad de Salamanca. Consérvase unha carta súa escrita en galego dirixida ao arcebispo de Toledo, Gutierre Gómez, sobre a conveniencia de preparar os asuntos a tratar na Cortes de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cabaleiro castelán. Coñecido como o Cid ou o Cid Campeador, criouse na casa do infante Sancho que o fixo alférez real ao converterse en rei de Castela (Sancho II) en 1065. Cara a 1066 enfrontouse e derrotou a Ximeno Garcés de Navarra, representando a Castela durante un duelo xudicial, vitoria que lle valeu o sobrenome de Campeador. Participou nas loitas de Sancho II contra o seu irmán Afonso VI. Convertido Afonso VI en rei de Castela, o Cid casou coa prima daquel, Ximena Díaz (1074), e entrou ao seu servizo encargado do cobro das parias da Taifa de Sevilla, labor que exerceu enfrontándose ao conde de Nájera, García Ordóñez. O prestixio militar que adquiriu nesta campaña causou o seu primeiro desterro de Castela, polo que entrou ao servizo de Yūsuf al-Mu’tamin, rei de Zaragoza, na loita contra o seu irmán al-Mun ḏ ir, rei de Lleida, Tortosa e Dénia e o seu aliado o conde de Barcelona. Despois dunha sucesión de conquistas e...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Abade do mosteiro de San Salvador de Samos, recibiu importantes privilexios do Rei Fernando II. Nomeado bispo de Lugo (1182-1218), tivo que enfrontarse á resistencia dos fregueses e dos propios monxes do mosteiro de Samos a recoñecer o señorío bispal, único recoñecido na cidade de Lugo. Para reducir as tensións, asinou un pacto de concordia cos representantes da cidade, paz que sancionou o rei en 1199.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre, fillo de Oveco Bermúdez. Sublevouse co seu pai e co bispo de Santiago de Compostela, Diego Páez, contra Afonso VI. A revolta fracasou e o monarca confiscoulle os bens e desterrouno a Zaragoza.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Bispo de Ourense desde 1876, condenou a obra Aires da miña terra de M. Curros Enríquez, por atacar e ridiculizar algúns dos dogmas da Igrexa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico. Cego desde os tres anos, estudou música en València e en París con P. A. Dukas. Catedrático de Historia da Música da Universidad Central de Madrid, a súa produción é unha síntese do estilo galante do s XVIII e da arte musical tradicional. Destacan as obras para piano Suite (1923) e Cinco sonatas de Castilla (1951), o Concierto de Aranjuez (1940), para guitarra e orquestra; o Concierto de estío para violín e orquestra (1943), as cancións “Cançó del teuladi” (1934) e “Trovadoresca” (1939), e as obras corais Jo tinc un burro (1933), Quatre cançons en llengua catalá (1946) e Cuatro madrigales amatorios (1948). Foi galardoado co Premio Nacional de Música polo conxunto da súa obra (1982) e o Premio Príncipe de Asturias de las Artes (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Influído pola temática xermánica e o estilo flamengo, a súa obra foi transitoria cara ao Renacemento. Foi autor dos cadeirados da catedral de Toledo (1489-1494), Plasencia (1498) e de Ciudad Rodrigo, este último feito na súa maioría polos seus discípulos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso e mártir. Foi perseguido durante o emirato de ‘Abd al-Ra ḥ mān II de Córdoba e morreu degolado. Iconograficamente, represéntase coa casula sacerdotal e coa palma do martirio. A súa festividade celébrase o 13 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e escenógrafo. Participou como actor ou escenógrafo en numerosas montaxes de Teatro Antroido, como Laudamuco, señor de Ningures (1978); de Teatro Troula, como Anastas (1979); e do Centro Dramático Galego, como Caderno de Bitácora (1985), Hostia (1996) e Daquel Abrente (2003). Participou na dirección artística de La novia de medianoche (1997) e León y Olvido (2004), e interpretou diversos papeis nos filmes Sempre Xonxa (1989), Dáme lume (1996) e O lapis do carpinteiro (2003), e nas teleseries Galicia Exprés (2000) e As leis de Celavella (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico, compositor e produtor musical. Director do Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo e profesor de Arpa e Historia da Música Galega no mesmo centro. Desde 2003 coordina o Arquivo Sonoro de Galicia, pertencente ao Consello da Cultura Galega. Comezou a súa carreira vinculado ao movemento musical Voces Ceibes durante a década de 1970, xunto a Antón Seoane, co que formou un dúo. Participou na creación, entre 1976 e 1977, do colectivo Roi Xordo, co que actuou en distintos festivais da época. En 1978 gravou, con Antón Seoane, o disco Milladoiro, que obtivo o Premio da Crítica ese mesmo ano. En 1979 foi un dos impulsores da creación do grupo Milladoiro, no que permaneceu ata o ano 2000. Con este grupo gravou diversos discos, dos que destacan A Galicia de Maeloc (1979), Milladoiro 3 (1982), Castellum Honesti (1989) ou As fadas de estraño nome (1995). Tamén participou na creación da banda sonora de diversos filmes, como...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e político. Alcalde de Zamora, ao estoupar a revolta dos comuneiros decantouse polos realistas e foi derrotado en Segovia por Bravo e Padilla. Ordenou incendiar a cidade de Medina del Campo (1520) e iso comportoulle a súa destitución, pero foi restaurado nos seus cargos por Carlos I.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e investigador. Impulsor de destacadas institucións culturais como o Ateneo Ferrolano ou Solidaridad Gallega, colaborou como conferenciante con diversas institucións, como o Ateneo de Madrid. Na Coruña contribuíu á creación da Universidad Popular e desde Solidaridad Gallega promoveu as Asambleas Agrarias de Monforte. Participou na redacción do Estatuto de Galicia, foi presidente do Partido Regionalista Gallego e un dos iniciadores, en 1916, das Irmandades da Fala. Durante a Ditadura de Primo de Rivera foi nomeado presidente da Unión Patriótica de Ferrol e alcalde honorario da cidade. Desde 1931 presidiu o Secretariado de Galicia en Madrid. Editou varios xornais como Solidaridad Gallega -onde escribiu diversos artigos na sección “Luchando”- e El Kardeciano, en homenaxe ao escritor francés Allan Kardec. Colaborou tamén en Ecos del Eume, España, Estudios Gallegos, A Nosa Terra e Prácticas Modernas, e publicou as Bases para un proyecto de Estatuto...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. Ingresou no partido republicano despois de 1898 e fundou a revista Vida Nueva. Amigo de Blasco Ibáñez desde 1893, trasladouse a València (1898?) e colaborou con el en tarefas políticas. En 1903 rompeu con Blasco e encabezou o sorianismo. Foi deputado por València (1901-1909) e Madrid (1911), e en 1933 por Izquierda Federal. Foi embaixador en Chile ata 1939.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Delegado de La Voz de Galicia en Vigo e xefe de sección en Faro de Vigo, ocupou o cargo de director en Atlántico Diario, El Correo Gallego e La Hoja del Lunes de Vigo. Publicou, en colaboración con Fernando Ramos, Las segundas elecciones autonómicas gallegas: historia de una crisis interminable (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Condestable, conde de Ribadeo e vizconde de Illa. Apoiou a Enrique de Trastámara na guerra civil con Pedro I e participou na Guerra dos Cen Anos, ao servizo de Carlos VII de Francia. En 1431 recibiu de mans de Xoán II o título de conde de Ribadeo polo seu apoio aos Trastámara.
VER O DETALLE DO TERMO