"Román" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 201.

  • FILOSOFOS

    Filósofo escolástico. Coñecido como Exidio Colonna e Gil de Roma, foi membro da orde dos eremitas de santo Agostiño. Alumno de san Tomé de Aquino en París (1269-1272), foi profesor na Universidade da Sorbonne (1285-1295). Foi preceptor de Filipe IV de Francia e vigairo xeral dos agostiños (1292-1259) antes do seu nomeamento como bispo de Bourges en 1296. Seguidor das ideas tomistas, distanciouse do seu mestre ao afirmar que a existencia de Deus é evidente por si mesma e a separación entre esencia e existencia. Das súas obras destacan De ecclesiastica potestate, De regimine principum e Egidii Romani in libros de physico auditu Aristotelis commentaria accuratissime emendata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • iaxe dun príncipe xermánico a Roma para ser coroado rei dos romanos. Xeralmente, e debido aos continuos enfrontamentos entre a curia romana e os príncipes do Sacro Imperio Xermánico, ía acompañado dunha demostración de carácter militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Diplomado polo Instituto Internacional de Empresas da Universidad de Deusto, desempeñou a súa actividade no sector marítimo, conserveiro e turístico. Foi presidente de diversas entidades, entre outras, Asociación de Navieros Españoles (ANAVE) (1978-1985), Confederación Empresarial Independiente de Madrid (CEIM) (desde 1985); e desde 1986 vicepresidente da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE). Preside o grupo de empresas que encabeza Naviera F. Tapias, as empresas conserveiras Conservas Peña e Conservas Portonovo, así como Viajes Sandras, Maniber e Bureau Veritas España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Romanía (1914-1927), fillo segundo do príncipe Leopoldo de Hohenzollern-Sigmaringen. En 1889 foi designado herdeiro polo seu tío Carlos I. Malia a súa orixe xermánica, na Primeira Guerra Mundial loitou ao lado dos aliados (1916-1918) e coa vitoria obtivo Transilvania, Bessarabia, Bukovina e case todo o banato de Temesvâr. Trala guerra fixo unha política de reconstrución e emprendeu unha reforma agraria (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de ferro e manganeso, cun 75 a 92% de Mn, que se emprega na fabricación de aceiros especiais para a construción, de aceiro inoxidable e para recubrimento de electrodos, e tamén como desoxidante e desulfurante. Obtense no alto forno ou en forno eléctrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Roma 1384 - 1440) Realizou numerosas obras de caridade e, trala morte do seu marido, fundou a congregación das Oblatas Olivetanas de Santa Maria Nuova, chamadas, máis tarde, de Tor de’Specchi (1425). A súa festividade celébrase o 9 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro con sede en Pontevedra creada en 1991 coa finalidade de promover actividades culturais e deportivas que contribúan ao coñecemento do patrimonio cultural, histórico e artístico de Galicia e da realidade cultural española. Naceu co propósito de dar continuidade e impulso ao labor que desenvolveron as Rutas Cicloturísticas del Románico-Internacionales. Das súas actividades destacan, ademais da organización das Rutas Cicloturísticas, a celebración de conferencias, concertos, exposicións e cursos, e a edición de libros sobre poesía, arte e historia. Concede un premio de escultura e pintura para alumnos da facultade de Belas Artes de Pontevedra, e colabora en actividades análogas con outras fundacións, asociacións e particulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romance popular que narra a derradeira viaxe de peregrinaxe de Guillerme X, duque de Aquitania (1127-1137) e fillo do primeiro trobador coñecido, a Compostela. A primiera versión escrita apareceu en Galicia, de M. Murguía, e a segunda en Literatura Gallega, de E. Carré Aldao. A amizade persoal que Gaifeiros (725-768) tiña co arcebispo Xelmírez levouno en 1121 a escribirlle unha carta pedíndolle protección para Afonso VII de Castela contra Urraca, pois a inimizade co rei de Aragón impedíalle o paso polos seus territorios para se dirixir a Compostela. Despois de facer testamento en 1137 a prol da súa filla Leonor, Guillerme X fixo a súa última peregrinación pero, antes de chegar, caeu enfermo e morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos galorromanos ou á lingua galorrománica.

    2. Conxunto lingüístico románico que comprende as linguas que se falaban na Galia romana: o galorrománico setentrional, ou lingua de öil, o meridional, ou lingua de oc, e o francoprovenzal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos habitantes da Galia romana ata a invasión dos francos.

    2. Natural ou habitante da Galia romana.

    3. Arte desenvolvida na Galia durante o dominio romano. A chegada dos romanos provocou a ruptura coa arte de raigame celta aínda que cunha matización forte da linguaxe clásica. A influencia helénica, fortemente arraigada na Provenza, provocou unha evolución paralela á arte romana de Italia e, ás veces, avanzou solucións que esta presentou máis tarde. As construcións relixiosas, nas que se mostra a barreira entre a relixión romana e os ritos autóctonos, son complexas e non teñen un modelo romano directo. Nos ss I e II d C acadou moita importancia o espallamento dunha cerámica denominada surgálica, fabricada nos obradoiros, que imitaba á sigillata aretina italiana. A extensión do poboamento rural explica a presencia dun gran número de mosaicos nas villae rusticae, ás veces con motivos decorativos autóctonos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Giulio Pippi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Foi profesor de teoría e historia da arte, e de construción xeral e técnica industrial na Escola de Artes e Industriais de Vigo, onde acadou a cátedra de Álxebra Superior e Xeometría Analítica (1904). Foi arquitecto director das obras do Empréstito de Vigo (1900-1905) e realizou o Mercado-peixería da Laxe (1900), o Mercado da praza do Progreso (1901), a dársena do Berbés (1901) e o Mercado de Contratación do Peixe (1902). Aínda que mostra ás veces certos elementos modernistas, a súa obra inscríbese no historicismo e no eclecticismo. Centrouse fundamentalmente no debuxo. Realizou, entre outras obras, unha casa na rúa Carral, pertencente á súa familia, cunha fachada simétrica con planta baixa e tres andares, e a casa para María Francisca Alfaya na mesma rúa (1901), na que Xenaro de la Fuente Domínguez engadiu un terceiro andar. Asinou o proxecto do Edificio Simeón en 1906, aínda que quen o rematou foi o seu irmán Manuel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. En 1898 creou en Vigo unha academia de debuxo e comezou a realizar esculturas e os primeiros proxectos arquitectónicos, que asumiron as novas tendencias modernistas, lonxe do clasicisismo e historicismo. En 1913 viaxou a Bos Aires e, logo, trasladouse a Madrid, onde finalizou os seus estudios de arquitectura (1914-1916) e obtivo o título (1917). Nos comezos da súa carreira os seus proxectos, ao carecer de titulación, foron asinados por outros arquitectos. En 1906 o seu irmán Bieito, enfermo desde 1905, asinou o proxecto do Edificio Simeón de Vigo. As características construtivas e decorativas sinálano como o seu autor; os elementos decorativos e un amplo repertorio de formas animais e vexetais son modernistas, como tamén o é o emprego combinado de pedra e ferro. En 1910 realizou a casa para Enrique Mülder na avenida de Montero Ríos (1910), caracterizada pola cúpula en forma de ovo, revestida de placa cerámica, que ten como remate; e en 1912 Luís Vidal y Tuasón asinou o proxecto...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Grecia e a Roma.

    2. Aplícase ao período da historia, da arte e da literatura grega baixo o dominio do Imperio Romano, entre o 146 a C e o s V d C.

    3. Modalidade de loita na que só se empregan técnicas e apresamentos feitos por enriba da cadeira e na que non se poden utilizar as pernas para puntuar.

    4. Mundo clásico que xurdiu da mestura das culturas grega e romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e filósofo italiano. Ordenado sacerdote (1910), trasladouse a Alemaña onde se formou nas universidades de Tübingen e Friburgo, e foi profesor de filosofía da relixión en Berlín (1923-1939), Breslau (1945-1949) e Múnic (1949-1962). Fundador do Instituto Litúrxico de Tréveris, rexeitou o nomeamento de cardeal en 1965. Foi o máximo representante do catolicismo cultural alemán. Das súas obras destacan Vom Geist der Liturgie (Do espírito da liturxia, 1968), Der Herr (O señor, 1937) e Vom Sinn der Kirche (Do sentido da Igrexa, 1922). Recibiu en 1961 o Premio Erasmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, drenado polo río Guadiel (2.738 h [2001]). Está situado ao N de Linares. Predominan as oliveiras e os cereais. Ten xacementos de ferro e de sulfuro de chumbo. Foi fundado en 1767 por Carlos III con colonos alemáns e suízos. Do seu patrimonio cultural destacan unha vila romana en La Venta, a igrexa da Inmaculada Concepción (s XVIII), a confraría de Labradores (s XVIII) e o palacio do Intendente (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e historiador cinematográfico. Autor de diversas obras sobre os medios de comunicación audiovisual: La televisión (1965), Historia del cine (1969), McCarthy, la caza de brujas (1970), El lenguaje de los cómics (1972), Comunicación y cultura de masas (1977) ou 100 años de cine (1982). Codirixiu, con Vicente Aranda, a película Brillante porvenir. En 1990 foi nomeado presidente da Asociación Española de Historiadores de Cine. Foi guionista de Espérame en el cielo (1987) e El llarg hivern (1991). Foi galardoado co Premi de Cinematografia da la Generalitat de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romance cabaleiresco anglonormando do s XIII. Existe un resumo en latín conservado no final dun Leccionário de Ofício de Alcobaça en letra do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de adiviñar por medio da observación da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Hispania romana ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da Hispania romana.

    VER O DETALLE DO TERMO