"SF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 419.

  • Nome aplicado vulgarmente ao sal que resulta de substituír dous átomos de hidróxeno do ácido fosfórico por un metal, e que corresponde ao anión monohidroxenofosfato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación vulgar do sal que se obtén ao substituír dous átomos de hidróxeno do ácido fosforoso por un metal, e que corresponde ao anión monohidroxenofosfito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade funcional constituída polo conxunto da materia viva da Terra e o espazo onde se dan as condicións ambientais e funcionais compatibles coa vida. Esta concepción sistémica ou holística da biosfera é relativamente recente; nun sentido máis restrinxido tamén se entendeu por biosfera a interfase entre atmosfera, hidrosfera e litosfera onde é posible a vida ou ben o conxunto dos seres vivos que habitan este espacio. Enraizada no sentimento romántico da natureza e na ciencia humboldtiana, pero tamén na síntese fisiolóxica de Claude Bernard e na termodinámica, a idea de biosfera como indisoluble solidariedade de todos os seres vivos nunha unidade funcional foi exposta por vez primeira polo xeólogo austríaco Eduard Suess (1831-1914), no último volume da súa obra Das Anlitz der Erde (A cara da Terra, 1883-1905), aínda que xa empregara a palabra en obras anteriores dende 1875. O concepto actual aparece na obra Biosfera (1926) do mineraloxista ruso Vladimir I. Vernadskij (1863-1945)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Degradación biolóxica de substancias para transformalas noutras máis simples, especialmente no caso da conversión de moléculas tóxicas en inocuas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proferir blasfemias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresión ofensiva contra a divindade, contra algún símbolo relixioso ou algunha realidade que sexa obxecto de adoración, veneración ou culto.

    2. Expresión ofensiva contra persoas ou cousas consideradas con especial respecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que di ou contén blasfemia.

    2. Persoa que blasfema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escisión cirúrxica dunha parte do músculo orbicular das pálpebras en casos de presión anómala da pálpebra sobre a córnea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo alemán. Aprendeu o oficio de modelista nunha fundición artística, á vez que iniciaba os seus estudios na Escola de Artes Decorativas de Berlín e na Academia de Leipzig. Foi coleccionando plantas e realizando os seus primeiros traballos fotográficos nas súas viaxes por Italia, Grecia e polos países de África do Norte. A partir de 1898 empregou este material para a docencia da modelaxe no Museo de Artes Decorativas de Berlín, onde impartía clase. En 1900 realizou a primeira serie fotográfica de plantas. Publicou os libros: Urformen der Kunst (1928) e Wundergarten der Natur (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Polonia (1518-1548). Filla de Giovanni Galeazzo Sforza, duque de Milán, e de Isabel de Aragón. Foi protagonista, co nome de Belisana, da novela anónima en castelán Qüestión de amor (1513). En 1518 casou con Sexismundo I de Polonia e introduciu na corte o luxo e a corrupción. Ao morrer deixou o ducado de Bari a Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito que comunica o Mar Negro co Mar de Mármara, e separa as penínsulas dos Balcáns (a Turquía europea, na beira setentrional) de Anatolia (a Turquía asiática, na beira meridional). Antiga conca fluvial invadida polo mar durante a transgresión do Cuaternario superior, ten unha lonxitude de 30 km e unha amplitude que oscila entre un mínimo de 300 m e un máximo de 3.000 m. O estreito pon en contacto masas de auga de moi diferentes características: unha corrente de augas superficiais doces flúe dende o Mar Negro ata o Mar de Mármara a unha velocidade de 8 km/h, mentres que outra corrente salgada flúe en sentido contrario, máis lenta e profunda. A ambas as beiras esténdese a aglomeración urbana de Istambul, a maior cidade turca. A importancia xeopolítica do estreito é notable, pois controla a saída do Mar Negro cara ao Mediterráneo, constituíndo un paso de vital importancia para as mercadorías procedentes de Rusia, Ucraína e o Cáucaso. Entre estas mercadorías sobresae o petróleo; o tránsito...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Reino greco-escita creado na fin do s V a C (438 a C) ao redor de Panticapeon, colonia grega de orixe milesia na península de Crimea. Dominaba as dúas ribeiras do estreito de Kerč’ o de Yenicalé, pero a área de influencia chegaba ata o Cáucaso. Agrupaba as cidades gregas de Panticapeon, Fanagoria, Nimfeon xunto con diversas tribos escitas. A fins do s II a C pasou a formar parte dos estados de Mitrídates Eupator ou o Grande, cedida polo seu monarca incapaz de enfrontarse aos ataques dos escitas. Pompeio reconstituíu o reino e deullo a Farnaces, fillo de Mitrídates pola axuda que prestara os romanos contra seu pai. Caeu baixo o dominio de Roma en tempos de César e formou parte do Imperio como Reino dependente ata o s IV d C, cando foi definitivamente invadido polos bárbaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución da frecuencia do pulso debido a un retardo dos latexos do corazón ou á produción de extrasístoles que non alcanzan as arterias periféricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Función da variable complexa p definida pola integral

    FORMULA

    na que Cf(t) simboliza a transformada de Carson dunha función do tempo t. Ten as mesmas funcións de existencia que a transformada de Laplace.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte central da Terra, cunhas características térmicas e de densidade elevadas, composta principalmente de ferro e níquel e cun radio de 3.500 km.

    2. centrosoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do condado de Essex, Inglaterra, ao NL de Londres (58.159 h [1981]). A súa economía baséase na industria, principalmente na fabricación de material eléctrico. Destaca polas importantes carreiras de cabalos que se celebran anualmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axente alquilante que se une con enlaces covalentes, e polo tanto de forma irreversible, ao DNA, co que se impide a división celular. Emprégase en medicina no tratamento das neoplasias malignas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de reaccións afectuosas ou hostís do psicanalista cara ao individuo analizado e particularmente cara á transferencia deste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heraclida, fillo de Aristómaco. Casou con Mérope, filla de Cípselo. Cos seus irmáns, Témeno e Aristodemo, conquistou a península do Peloponeso, á cabeza dos dorios. Na repartición do territorio, amañada polo propio Cresfontes, tocoulle Mesenia, a parte máis rica. Morreu asasinado polo seu pobo, descontento co seu goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa da Terra formada por todos os puntos que están permanentemente cubertos de xeo. Comprende os glaciares e os dous casquetes polares. A súa extensión variou durante os diferentes períodos xeolóxicos. As variacións que experimenta en superficie e espesura inflúen no nivel dos océanos e dos mares.

    VER O DETALLE DO TERMO