"Tama" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 92.
-
PERSOEIRO
Xurista. Presidente da Sociedad Cubana de Derecho Internacional, foi senador (1902-1910) e xuíz do Tribunal Permanente de Xustiza Internacional da Haia (1922-1945). En 1928 presidiu a VI Conferencia Panamericana, na cal foi aprobado o código de dereito internacional privado, coñecido como Código Bustamante. Escribiu Tratado de derecho internacional privado (1896) e Derecho internacional público (5 volumes, 1933-1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado a 11 km da Comunidade Autónoma de Madrid (1.842 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia castelá de orixe xudía (Šělomó ha-Leví), moi influente no mundo político, eclesiástico e cultural da Castela do s XV. Sobresaíron Alonso de Cartagena, Pedro de Cartagena e Íñigo de Mendoza.
-
GALICIA
Economista. Doutor en Economía e profesor da Universidade de Vigo, foi director da Sección de Terminoloxías de Irmandades da Fala de Galicia e Portugal e responsable do Servizo de Normalización Lingüística do Colexio de Economistas de Pontevedra. Membro dos consellos de redación e consultivo de Nós, escribiu O problema galego da fala (1971) e Galicia ante el Mercado Común.
VER O DETALLE DO TERMO -
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que presenta escudo de ouro, con castelo de goles, marcado con liñas de prata, e aclarado de azul, sostido de ondas de azul e prata; na fiestra central do castelo, un brazo armado que empuña unha espada de prata; bordo de goles, cargado de oito aspas de ouro. Outro presenta escudo partido: 1, de goles cunha banda de ouro engolada en dragantes do mesmo; 2, de goles, cun castelo de prata; bordo para esta partición, de prata cargada de oito M maiúsculos de sable.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Emigrou a Bos Aires en 1953, onde presidiu as Mocidades Galeguistas e o Centro Coruñés, dirixindo e colaborando na súa revista, Orzán, co pseudónimo de Alí ben Omar. Deuse a coñecer na folla cultural de El Ideal Gallego, onde publicou varios contos. Publicou o poemario Pra unha terra apremiada (1961), unha das obras iniciadoras do socialrrealismo poético, e o libro de relatos O gatiño da “Miss” e outros contos (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Doutorouse en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1973) e, desde 1983, é catedrático de Filoloxía Románica na mesma universidade. Secretario do Instituto da Lingua Galega (ILG) entre 1971 e 1991, desde 1993 ocupa o cargo de director. Desde todos os seus ámbitos de traballo impulsou activamente a expansión e difusión da lingua galega e centrou as súas liñas de investigación nos diversos campos da lingüística galega. Durante a Xunta Preautonómica ocupou a Secretaría da Lingua Galega (1979), cargo desde o que promoveu a implantación do galego no ensino non universitario. Nese mesmo ano foi nomeado secretario da Comisión de Toponimia da consellaría de Educación e Cultura, que elaborou os ditames do Nomenclátor de Galicia (2005), publicación que recolle a toponimia oficial das entidades de poboación de Galicia. Como membro do ILG participou na redacción das Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego (1977), punto de partida das Normas ortográficas...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Baxkiria, Rusia (259.000 h [estim 1997]). Situada na rexión económica do petróleo, é un porto fluvial á beira do Belaja e importante centro de industria química.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo prerromano da Gallaecia do convento xurídico Lucense. Habitaban a conca do río Tambre. Veciños dos neros e dos praestamarcos, formaban parte con eles dos pobos celtas do NO.
-
CIDADES
Cidade do ken de Toquio, na illa de Honshū, Xapón, situada a 30 km ao O da capital (148.438 h [estim 1994]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo prerromano da Gallaecia pertencente ao convento xurídico Bracarense. Asentáronse pola zona do val de Monterrei e no actual Verín.
-
-
-
CAPITAIS
Capital da rexión Setentrional, Ghana, situada na chaira (151.069 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilamarín baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, cinco crecentes de prata, colocados en aspa, o do centro cargado dunha estrela de ouro. Outro trae, en campo de prata, unha aguia de sable, brochante sobre ela, en abismo, un escudiño de goles, con cinco crecentes colocados en aspa, o do centro cargado dunha estrela de ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Tamallancos (Vilamarín). Ten planta en forma de L. O patio delimitado polas coxías da vivenda está pechado por dependencias auxiliares, polo que o conxunto presenta un trazado irregular. Na fachada principal atópase a porta cun arco de medio punto.
-
PERSOEIRO
Economista e político. Catedrático de Estrutura Económica nas universidades de Málaga (1968-1971) e Autónoma de Madrid (desde 1971). Membro do Partido Comunista de España desde 1956, foi elixido deputado por Madrid nas eleccións de 1977 e de 1979 e concelleiro en Madrid (1979). En 1981 abandonou o PCE e en 1985 promoveu a Federación Progresista que, en 1986, se integrou na coalición Izquierda Unida, que lle proporcionou un escano no Congreso de los Diputados en 1986. En 1989 ingresou no Centro Democrático e Social e posteriormente abandonou a política activa. Escribiu Estrutura Económica de España (1960), La República. La era de Franco (1974), A donde vas, España? (1976), La oligarquía financiera en España (1977), El futuro y la nación (1981), España 1931-1975. Una antología histórica (1980), La reconquista del paraíso. Más allá de la utopía (1993) e La construción y las infraestruturas en el escenario de desaceleración...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
tamanco.
-
Persoa torpe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zoco rústico de coiro con sola de madeira.