"Tm" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 131.

  • PERSOEIRO

    Politólogo. En 1871 fundou e dirixiu a École Libre des Sciences Politiques, onde se forma a clase política francesa. Foi nomeado membro da Académie des Sciences Morales en 1880. É o autor de Études de droit constitutionnel (Estudios de Dereito constitucional), Essai d’une psychologie du peuple anglais au XIXème siècle (Ensaio sobre unha psicoloxía do pobo inglés no s XIX, 1901) e Essai d’ une psychologie politique du peuple américain (Ensaio dunha psicoloxía política do pobo americano).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arritmia que consiste nun latexo cardíaco lento e irregular. Normalmente aplícase á fibrilación auricular lenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e escriturario luterano alemán. Foi catedrático de Novo Testamento e de historia relixiosa do cristianismo primitivo en Marburg dende 1921. O primeiro froito do seu lema “regresar ao Cristo da fe sen sacrificar a sinceridade científica” foi Geschichte der synoptischen Tradition (Historia da tradición sinóptica, 1921), no que consagrou o método da Formgeschichte, o estudo das etapas de formación dos Evanxeos dentro da comunidade cristiá e o descubrimento das diversas capas de que constan. A validez da investigación científica do Novo Testamento, a transcendencia da fe no Cristo e o sentido existencial da mensaxe cristiá son os tres elementos principais da síntese definitiva, proclamada en Neues Testament und Mythologie (Novo Testamento e mitoloxía, 1941), no que propoñía o método da desmitificación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura neolítica da metade do segundo milenio, afín ás culturas danubianas, caracterizada por grandes poboados dispostos xunto aos ríos que se estendeu por Bosnia-Herzegovina. Atopáronse numerosas figuras de animais e humanos en terracota que pertencen a esta cultura, coñecida tamén pola súa cerámica de bandas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Océano Índico, ao S de Xava (135 km2; 1.275 h[1991]). Son importantes os xacementos de fosfatos. Anexionada polo Reino Unido en 1888, en 1984 pasou a formar parte do Territorio do Norte de Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome da illa de Kiritimati.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto inglés. Coñecido tamén como Garret, foi autor da fachada da Northumberland House en Charing Cross (Londres) e da estatua ecuestre de Xacobe I na porta de Aldersgate, ambas as dúas obras perdidas. Nomeado escultor da Armada en 1614, realizou xunto cos seus fillos John e Matthias numerosos monumentos funerarios como a tumba de John Abbott, arcebispo de Canterbury, en Guilford.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e teórico de arquitectura. Incorporou á arquitectura popular a linguaxe da arquitectura contemporánea. Estudiou a tipoloxía da vivenda e foi un dos fundadores do Grupo R, que pretendía a renovación da arquitectura. Entre as súas construcións destacan as casas Tápies (1964) e a ampliación da Escola d’Arquitectura (1978). Foi membro da Acadèmia de Belles Arts de Sant Jordi (1977) e recibiu a Medalla de Ouro da IX trienal de Milán (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Logaritmo do recíproco dun número: colog(a)=log(1/a).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Franxa estreita de terra, cunha amplitude de 6 km, que une o Peloponeso coa Península Balcánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador británico. Foi profesor de debuxo no King’s College de Londres (1834-1842). Representante da escola de Norwich, realizou fundamentalmente acuarelas entre as que destaca Greta Bridge (1805?). O seu estilo caracterizouse polo emprego de tintas planas. Ilustrou con augafortes libros sobre arquitectura antiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altiplano granítico situado no condado de Devon, Reino Unido, drenado polo ríos Tamar e Taw. A súa extensión é de 942 km2, cunha altura media de 400 m sobre o nivel do mar. A erosión causada pola auga, os cambios bruscos de temperatura, e especialmente o vento, modelaron a rocha granítica da rexión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes agnatos da orde dos osteostráceos. De corpo aplanado e de ata 10 cm de lonxitude, posuían unha pequena aleta dorsal e unha cabeza cuberta por unha coiraza ósea. Coa boca arredondada sucionaban partículas do fondo mariño. Propios de finais do Silúrico, os xacementos máis importantes están en Estonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, situada á beira do río Werra (69.300 h [1990]). As súas actividades económicas estiveron relacionadas tradicionalmente coas funcións administrativas. O escaso desenvolvemento industrial produciuse a finais do s XIX, grazas á conexión da cidade coa rede ferroviaria. As actividades terciarias dominan sobre a industria, sobre todo o comercio e o turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes mariños, da orde dos bericiformes, de corpo discoidal e comprimido. Presentan aletas dorsal e anal longas e desiguais, bordeando a metade posterior do corpo. Nas costas galegas e no resto do Océano Atlántico, dende Islandia ata as augas tropicais está presente a especie D. argenteus, que se caracteriza por acadar os 40 cm de lonxitude, ser de cor castaña -os adultos- e prateada -os exemplares novos-, cos ollos grandes, a boca oblicua e a mandíbula prominente, rematada nunha espiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, situada na marxe dereita do Ruhr (594.866 h [1998]). É un dos portos fluviais máis importantes da conca carbonífera do Ruhr e comunica cos portos do N a través da canle navegable Dortmund-Ems. Tamén se converteu nun dos núcleos de poboación máis importantes de Alemaña, resultado da absorción de pequenos núcleos próximos durante o desenvolvemento industrial da cidade. A economía está baseada no sector secundario, que dá emprego ao 40% da poboación activa. Ademais da siderurxia e da extracción de carbón de coque e hulla, son importantes as factorías químicas, o vidro, o papel, o sector alimentario e as fábricas de cervexa, que experimentaron un considerable auxe nos últimos anos. Como gran porto fluvial e nó de comunicacións, conta cun destacado intercambio de produtos agrícolas (hortalizas e froitas) e gandeiros. Fundada antes do ano 885, foi a única cidade imperial de Westfalia. Durante o período de Hansa (s XIII) alcanzou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa norteamericana fundada en 1892 por George Eastman. Líder mundial da industria fotográfica, dedícase principalmente á produción de cámaras fotográficas, películas, proxectores, fotocopiadoras, impresoras e outros equipos de oficina, amais de plásticos e produtos farmacéuticos. A compañía tivo a súa orixe na Eastman Dry Plate Company, creada en 1881 por George Eastman e Henry A. Strong. En 1892 revolucionou o mundo fotográfico ao introducir o papel Solio. En 1898 lanzou ao mercado a predecesora das cámaras modernas, a Kodak Folding Pocket, que acompañou a película Kodak Non-Curling (1903). En 1911 inaugurouse a Hamk Eye Works de Rochester na que se deseñan e fabrican os aparatos ópticos da compañía. A partir de 1917, coincidindo coa Primeira Guerra Mundial, desenvolveu as primeiras cámaras para fotografías aéreas. En 1923 comercializáronse as cámaras Cine-Kodak e o proxector Kodascope para afeccionados á cinematografía, que melloraron as súas funcións coa película Kodacolor de 16...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano inglesa. Realizou estudios en París e Londres e principiou a súa carreira musical en Berlín. Posuidora dunha técnica vogal depurada, actuou con frecuencia no Metropolitan Opera House de Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor e industrial fotográfico. Fundador da Eastman Kodak Company, en 1878 comezou a preparar as primeiras placas de bromuro de prata e en 1880 comezou a súa fabricación industrial. A partir de 1881 substituíu as placas de cristal por papel. En 1888 introduciu a primeira cámara Kodak no mercado, preparada cun rolo de película para cen tomas en papel coa que contribuíu á difusión da fotografía no público xeral. Ao ano seguinte inventou unha película transparente de nitrocelulosa que empregou T. A. Edison no seu cinematógrafo. Xa en 1890 sacou ao mercado a Kodak nº 2, que permitía obter 150 imaxes en papel. Cinco anos despois inventou un sistema para cargar e descargar á luz un carrete de doce imaxes coa coñecida Kodak Pocket, un aparato de reducidas dimensións. Posteriormente, inventou a Kodak de tres diafragmas, provista de varias velocidades, e unha cámara para nenos coñecida como Kodak Brownie, cun rolo para seis imaxes. Dedicou unha parte dos seus recursos económicos, obtidos coa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de sapoconchos mariños, da familia dos quelónidos, que abrangue unicamente a especie Eretmochelys imbricata. A cuncha é elíptica e acada os 114 cm de lonxitude, formada por 13 escudos maiores superpostos entre si de xeito imbricado -cinco dorsais e catro pares laterais- e un plastrón con catro escudos. Os escudos dorsais son de cor café con raias amarelas ou rubias e os do plastrón van dende a cor crema ata a branca amarelada. A cabeza e as aletas son máis escuras ca o resto do corpo e, xeralmente, as súas escamas presentan un bordo branco amarelado. A especie pode acadar un peso de 85 kg. As extremidades son moi planas, para servir como remos, e cada unha presenta dúas uñas no bordo anterior da aleta. Presenta unha cabeza de ata 12 cm de ancho, cun peteiro córneo e forte que lembra ao das aves de presa. Esta morfoloxía do bico permítelle acceder a presas situadas en gretas de rochas e corais, como esponxas, ascidias, anémonas e equinodermos, que constitúen a base da súa alimentación....

    VER O DETALLE DO TERMO