"UVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 118.

  • PERSOEIRO

    Gravador e ourive. Foi gravador oficial do rei e realizou numerosas medallas, entre as que destacan George Washington ante Boston (1786) e Entrada de Luís XVI e María Antonieta en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Influído primeiramente pola corrente do realismo poético, realizou filmes, como La Bandera (1935), Pépé, le Moko (1937) e Carnet de bal (1937), premiado no festival de Venecia. Despois de 1940, o seu nivel de creación baixou considerablemente, malia o éxito de Don Camillo (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome feminino de orixe xermánica, posiblemente adaptación do alemán Hedwig, procedente de Hathuwic, composto do alto alemán*hathus wig ‘guerra’. Presenta a variante gráfica Heduvixe. Destacan dúas santas con este nome: santa Eduvixe de Silesia (1174-1243) e a raíña santa Eduvixe de Polonia (1373-1399). A súa festividade celébrase o 16 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Polonia (1384-1399), filla de Luís de Hungría. Foi entronizada pola nobreza polaca e polos representantes das cidades, quen decidiron casala con Jagellon, soberano do Gran Ducado de Lituania, mediante o Tratado de Krewa (1385). Ao ano seguinte e despois do seu bautismo, Jagellon adoptou o nome de Ladislau e a nobreza polaca elixiuno rei de Polonia. Deste xeito uníronse Polonia e Lituania fronte á ameaza da Orde Teutónica. Foi canonizada no 1997 e a súa festividade celébrase o 16 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filla do duque de Carintia e esposa do duque Enrique I o Barbudo de Silesia e Polonia. Xunto con seu marido fundou varios conventos de monxas e a abadía cisterciense de Trebnitz, preto de Breslau, no que entrou como relixiosa ao quedar viúva (1238). Na iconografía viste, ou ben ricas roupas e coroa ducal na cabeza, ou ben hábito cisterciense ou toucas negras de viúva; como atributos persoais leva unha zapatilla na man, unha maqueta de igrexa ou mosteiro ou unha imaxe da Virxe. Foi canonizada en 1267 e a súa festividade celébrase o 16 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emisión agradable ao olfacto de partículas moi sutís que se desprenden dun corpo e se manteñen no ambiente.

    2. Emanación ou exhalación dun cheiro desagradable.

    3. Irradiación de algo inmaterial que ten a súa procedencia nunha persoa ou cousa.

    4. Tipo de descarga eléctrica nos gases ou no aire, que se caracteriza pola produción dunha luminescencia feble sen ruído nin quecemento apreciables, que se produce cando o campo eléctrico sobrepasa un determinado valor. Unha forma particular de efluvio é o efecto coroa das liñas de alta tensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación de efluvios eléctricos no tratamento das enfermidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caída vertical de substancias disoltas ou partículas en suspensión pola auga de infiltración dos solos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao depósito que presenta carácter de eluvión.

    2. Aplícase ao solo formado no mesmo lugar a partir da rocha nai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de produtos da erosión que non foron transportados e permaneceron sedimentados no lugar de formación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pel ou exoesqueleto que se desprende durante a exuviación. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de cambio da pel ou do exoesqueleto que se produce en insectos, crustáceos, serpes, etc. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento artístico de vangarda que se desenvolveu entre 1905 e 1908 en París, aínda que os seus membros mostraron características fauvistas en anos anteriores. O termo deriva da frase “Donatello au milieu des fauves!” (Donatello no medio das feras!) que o crítico Louis Vauxcelles exclamou ante as obras expostas no Salon d’Automne de 1905 pertencentes, entre outros, a H. Matisse, A. Derain e M. Vlaminck. Os propios pintores non aceptaron esta denominación xa que non se caracterizaban por ter unha doutrina pitórica, senón por ter un modo de expresión que manifestaban en toda a estrutura do cadro e, segundo as técnicas de aplicación da cor e das tintas planas, mediante o trazo do debuxo e das cores arbitrarias a partir da realidade. Definiuse como unha reacción á análise impresionista da cor e da luz, aínda que tamén participou dunha mesma sensibilidade pola paisaxe. As súas orixes están no impresionismo, no postimpresionismo, no grupo dos Nabis e na obra de P. Cézanne, V. van Gogh e P. Gauguin....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao fauvismo.

    2. Que ou quen é partidario ou seguidor do fauvismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao río ou aos ríos.

    2. Aplícase ao leito, á conca, á erosión, ao transporte, á sedimentación e ao ciclo mesmo dun río. O leito fluvial é o lugar por onde corre ou correu o caudal de auga do río, e ten unha forma e unhas dimensións variables: preto do nacemento do río ten forma de V, na parte media tena semicircular, e na final é máis amplo ca profundo. A forma xeral das concas fluviais é a dun V, con brazos que se abren de maneira progresiva debido aos impulsos da erosión fluvial. Cada conca consta de dúas vertentes sucadas por numerosas concas afluentes que se estenden dende a liña divisoria, entre concas contiguas, ata o leito fluvial. O conxunto de todas as concas fluviais determina a rede hidrográfica, que é moi dinámica e cambiante, especialmente mediante as capturas fluviais. A erosión fluvial depende do caudal do río, da litoloxía do terreo, do clima e da velocidade da auga; en menor proporción, interveñen tamén os materiais transportados polo río, e a erosión é particularmente intensa na cabeceira. O...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘río’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao depósito que ten a súa orixe na correntes de auga de fusión que se formaron preto do límite de fusión do xeo e que constituíron verdadeiros ríos, moi cargados de materiais de arrastre derivados das morenas. A erosión destes depósitos e as súas sucesivas acumulacións formaron as terrazas de orixe fluvioglaciar, que son moi importantes para determinar a cronoloxía do Pleistoceno. Outros depósitos de orixe fluvioglaciar son as varvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fluviómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao nivel das augas e á súa medida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que rexistra automaticamente os cambios de nivel dun río, dun pantano, dun lago, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO