"Uma" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 364.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome do segundo mes do calendario republicano francés (1792-1806) correspondente ao intervalo do 22 de outubro ao 20 de novembro.
-
-
Relativo ou pertencente aos budumas ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo buduma.
-
Pobo que habita nas illas e nas costas do norte do lago Chad. Dedícanse fundamentalmente á pesca e, en menor medida, á agricultura e á gandería. A poboacion espállase polos estados de Chad, onde se atopa a maior parte do pobo, Níxer e Nixeria. A relixión maioritaria é a musulmana.
-
Lingua da familia afroasiática e do grupo chádico, falada no Chad, que se inclúe no subgrupo Biu-Mandara e, dentro deste, é unha lingua cotoco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Truman Strekfus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas suculentas da familia das asclepiadáceas que comprende unhas cen especies africanas, mediterráneas ou sudasiáticas, de talo carnoso e anguloso, e flores terminais con pétalos grosos. C. europaea, única especie cactiforme orixinaria da flora europea, é propia do sueste da Península Ibérica e do norte de África, e ten flores amarelas con bandas concéntricas púrpuras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canto que se entoa cando se realizan algúns traballos co fin de unificar os esforzos. Na antigüidade grega era o canto dos remeiros que marcaba a cadencia do movemento dos remos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de investigación inaugurado o 25 de marzo de 1994 como Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Nel desenvólvense proxectos de investigación en humanidades, con especial atención á lingua e á literatura. Este centro, que conta con infraestrutura informática, cunha biblioteca especializada e cun importante número de investigadores (a súa maioría bolseiros), está dirixido e coordinado por científicos especializados: un coordinador científico (Constantino García González), un director técnico da área de lingua (Guillermo Rojo) e un director técnico de literatura (Anxo Tarrío). Mantén, ademais, contacto con outros investigadores de centros galegos e de fóra de Galicia. Entre os proxectos que se promoveron no Centro, cómpre destacar os seguintes: na área de lingüística, o Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), base de datos gramaticais e léxicos; o etiquetador e lematizador...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xeneralización natural da sumabilidade usual das series que se define ao considerar a sucesión das medias aritméticas das sumas parciais. Calquera serie converxente no sentido usual é sumable no sentido de Cesaro; pero, ademais, moitas series diverxentes no sentido usual son sumables no sentido de Cesaro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Insecto da orde dos lepidópteros, tamén coñecidos como bolboretas ou papoias. Ex: Estes campos están cheos de chorumas nesta época do ano.
-
-
Peza metálica en forma de anel ou de argola que fai de soporte para a árbore, tamén metálica, que xira no seu interior, xeralmente composta dunha caixa e da chumaceira propiamente dita. Os principais tipos de chumaceiras son as de fregamento e as de rodamento. Nas primeiras, a árbore xira fregando a superficie lubrificada da chumaceira, que actúa amortecendo as oscilacións, os golpes e os ruídos; estas chumaceiras están revestidas interiormente dun material antifricción (metal branco, bronce, metal lixeiro, etc). Segundo a dirección do esforzo, as chumaceiras son de impulso transversal ou de impulso lonxitudinal. Nas chumaceiras de rodamento, chamadas impropiamente rodamentos, a árbore xira conxuntamente co anel que leva ensamblado, mentres que un número determinado de elementos (bólas, roletes, barriletes ou agullas) rodan sobre a superficie exterior deste anel ou sobre a superficie interior doutro anel axustado exteriormente á caixa ou soporte....
-
Cada unha das pezas de madeira, colocadas na parte de abaixo do carro, entre as que se encaixa o eixe.
-
Táboa de madeira pequena colocada no bordo das embarcacións e na que se chanta o tolete.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das pezas arqueadas de madeira que se colocan lateralmente baixo o carro e entre as que se encaixa o eixo.
-
PERSOEIRO
Poeta mexicano. Fundou e dirixiu a revista Tierra Nueva (1940-1942). A súa poesía evolucionou dende a espontaneidade (Páramos de sueños, 1944) ata o hermetismo formal posterior que plasmou en Imágenes desterradas (1948) e Palabras en reposo (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘xarro’.
-
-
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘bebido’.
-
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘ledo’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘bebedor’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘bebedeira’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros e canteiros que corresponde ás voces ‘bebedo’ e ‘borracho’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, da xerga dos cesteiros de Mondariz, da xerga dos albaneis e do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘beber’.
-
-
Peza de madeira, colocada na parte de abaixo do carro, entre a que se encaixa o eixo.
-
Especie de saco cheo de calquera material mol e que serve para descansar a cabeza.
-
Elemento mol co que se cobre algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
La Comédie humaine.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título xeral baixo o que Honoré de Balzac publicou o esencial da súa produción novelesca, entre 1842 e 1848. A visión de conxunto e a técnica empregada parten da publicación de La peau de chagrin (1831) e perfílanse definitivamente con Père Goriot (1834), ao concibir a idea da aparición intermitente dos mesmos personaxes. A obra perfílase como unha gran síntese cósmica e social cunha rigorosa unidade de composición. A primeira parte compóñena os Estudios de costumes e divídese en: Escenas da vida privada, Escenas da vida de provincia, Escenas da vida parisiense, Escenas da vida política, Escenas da vida militar e Escenas da vida rural; a segunda confórmana Estudios filosóficos; e a terceira Estudios analíticos. Traza un amplo abano de tipos sociais, desde o aristócrata ao pequeno comerciante e ao campesiño, e prescinde da clase obreira. A orde cronolóxica dos argumentos vai desde 1308 a 1846, pero a maioría das novelas sitúanse entre a Revolución de 1789 e os últimos anos da monarquía de...