"bari" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 101.

  • LAGOS

    Lago do centro de Kenya (500 km2). Dálle o seu nome a uns depósitos de fósiles que van dende o Mioceno ata o Pleistoceno, onde foron descubertos restos de australopitecos que teñen 3.500.000 anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Metal alcalinotérreo pertencente ao grupo II da táboa periódica, de cor branca prateada cando é puro, medianamente duro e maleable, moi electropositivo, de número atómico 56 e peso atómico 137,34, que actúa con valencia 2. Forma o 0,04% da codia terrestre e ocupa o décimo oitavo lugar na orde de abundancia; atópase sobre todo en forma de baritina e de witherita. A enorme afinidade que posúe para formar compostos co hidróxeno, cos halóxenos, co osíxeno, co nitróxeno e co xofre fai que sexa un metal difícil de obter. Prepárase por redución ao baleiro do óxido de bario co aluminio a altas temperaturas. Oxídase decontado polo aire e a miúdo con incandescencia. Os sales de bario son incoloros ou brancos, agás os que posúen anións coloreados, colorean a chama de cor verde, e os solubles no medio interno son tóxicos. O bario metálico emprégase para conseguir un baleiro máis elevado nas válvulas electrónicas, como lubrificante para chumaceiras que se deben usar no baleiro, como...

    2. Sólido branco, insoluble, que se descompón a 1.450°C. Obtense ao engadir carbonato sódico nunha disolución de sales de bario. Emprégase como raticida, en vidros e esmaltes cerámicos e noutras aplicacións.

    3. Prismas incoloros ou pos brancos, solubles na auga. Prepárase mediante a electrólise do cloruro de bario. Emprégase en pirotecnia, en explosivos e como mordente téxtil.

    4. Cristais incoloros, solubles na auga, que son obtidos industrialmente ao quentar o sulfato de bario con carbón e cloruro cálcico. Emprégase na fabricación de cloro, entre outras aplicacións.

    5. Precipitado amarelo obtido por reacción dunha solución de sal de bario co cromato de potasio. Emprégase nos mistos de seguridade e como pigmento.

    6. Sólido branco formado pola reacción do óxido de bario coa auga. Emprégase na análise química como base forte exenta de carbonato.

    7. Cristais brancos, solubles na auga, que se forman ao engadir unha solución de nitrato sódico a outra de cloruro ou sulfuro de bario. Emprégase en pirotecnia e na fabricación de vidros e esmaltes cerámicos.

    8. Substancia branca ou amarelada que se obtén cando se calcina o nitrato ou o carbonato bárico. Emprégase como axente deshidratante e como aditivo nos aceites lubrificantes. SIN: barita.

    9. Pos de cor branca grisácea que se obteñen quentando o óxido de bario nunha corrente de osíxeno. Utilízase en pirotecnia e nas balas trazadoras.

    10. Pos microcristalinos, brancos, densos e moi insolubles en auga, que se obteñen polo tratamento dunha solución de sales de bario con sulfato sódico, ou ben como un subproduto na manufactura do peróxido de hidróxeno. Emprégase como pigmento e na elaboración de vidro. A súa inxestión visibiliza o tracto gastrointestinal en radioscopia.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos barios.

    2. Individuo do pobo dos barios.

    3. Pobo das chairas interiores de Etiopia, que habita entre as ribeiras do Bahar el Djebel e o Lago Turkana. Os barios, aproximadamente uns 35.000 individuos, practican a gandería e a agricultura de xeito tradicional. A súa estrutura de parentesco organízaos en clans patriarcais exogámicos. A súa lingua, falada por aproximadamente 520.000 individuos de diversos pobos (barios, mondarios, kukus, faiulus, etc), pertence ao grupo chari-nilótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hadrón de spin semiimpar (1/2, 3/2, 5/2, etc); os barións son, polo tanto, fermións hadrónicos. Atribúeselles un número bariónico B, que vale +1 para os barións e -1 para os antibarións. No actual modelo de quarks, un barión é un hadrón constituído por tres quarks e un antibarión por tres antiquarks. Os barións de menor masa son os dous nucleóns (o protón e o neutrón); os barións de masa superior e rareza non nula son os hiperóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao barión.

    2. Número abstracto atribuído ás partículas elementais, que permite expresar dun xeito exacto a lei de conservación das partículas pesadas. En toda reacción entre partículas elementais, o nome bariónico permanece constante. Nos barións vale +1 ou -1; para calquera outra partícula elemental ten un valor nulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación común que reciben os dinosauros do xénero Baryonyx.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Bangladesh, capital da provincia homónima, ás beiras do río Bā ṛ isal, no delta do Ganxes (163.481 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División administrativa de Bangladesh (13.297 km2; 7.757.334 h [1991]). A súa capital é Barisāl.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadea de montañas da illa de Sumatra, Indonesia, situada ao longo do litoral occidental da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que se lle daba antigamente ao núcleo da Terra. Chámaselle tamén endosfera ou nife.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento compositivo que se emprega na formación de palabras co significado de ‘bario’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Óxido de bario.

    2. Suspensión do hidróxido de bario en auga destilada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome depresiva desencadeada por experiencias afectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de bario, de fórmula BaSO4. Tamén denominada espato pesado, cristaliza na singonia rómbica, e os cristais son tabulares. Presenta agregados típicos en forma de libro aberto. É de boa exfoliación, transparente, branca, incolora ou de cores diferentes, segundo as impurezas. Posúe un brillo vítreo ou nacarado, dureza 3,5 e peso específico 4,5. É abundante na natureza, en filóns, xunto con sulfuros metálicos, ou ben en depósitos sedimentarios nodulosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da illa de Borneo, Indonesia. Nace na cadea montañosa central da illa, e desemboca no mar de Xava, preto de Bandjarmasin, logo dun percorrido duns 900 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato de calcio e bario, de fórmula BaCa(CO3)2. Cristaliza no sistema monoclínico; os cristais son pequenos, prismáticos, a miúdo reunidos en drusas ou en agregados bacilares. É translúcida, de cor branca ou amarela, de boa exfoliación e brillo vítreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. En grego, aplícase a unha palabra que leva o acento grave sobre a vogal final, ou que ten a última sílaba átona.

      1. Cantante de voz masculina, máis grave ca a do tenor e menos ca a do baixo, dunha extensión aproximada entre o sol 1 e o sol 3.

      2. Nunha familia de instrumentos de vento, instrumento que pola súa afinación ou extensión ocupa o lugar correspondente ou semellante ao do barítono entre as voces humanas.

      3. Nos países xermánicos, refírese ao bombardino, chamado tamén euphonium.

      4. En certos países de área cultural anglosaxona, instrumento tenor da familia do bugle. Equivale ao tenorhorn xermánico.

      5. Instrumento cordófono, da familia dos laúdes, con cordal (corda fregada), variante grave da viola de amor, creada en Alemaña no s XVII e que caeu en desuso a mediados do s XIX. En Italia recibiu o nome de viola di bordone. Cunhas dimensións semellantes ás do violonchelo, ten seis ou sete cordas melódicas de tripa e un número variable de cordas metálicas que resoan por simpatía (ou son tocadas en pizzicato).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pneumoconiose provocada pola inhalación de po de sulfato de bario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Malpica de Bergantiños baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘pai’.

    VER O DETALLE DO TERMO