"basi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 115.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principado eclesiástico do Sacro Imperio, no círculo do Alto Rin, que se estendía polo Xura ata alén do Rin. Cando se introduciu a Reforma na cidade (1528-1529) o Bispo abandonou Basilea e retirouse a Porrentruy. A Paz de Viena (1815) atribuíu a maior parte do territorio ao Cantón de Berna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Decimo sétimo concilio ecuménico, convocado polo Papa Martiño V para proseguir a obra reformadora do Concilio de Constanza, resolver o problema husita e unir as igrexas latina e grega. Estivo vixente dende o 1431 ata o 1449. A inseguridade de Basilea levou ao Papa Uxío IV a suspendelo e trasladalo a Boloña, decisión que foi freada pola oposición dos padres conciliares, defensores da superioridade do Concilio sobre o Papa. Ao cabo de dous anos de loita e logo de acadar os padres de Basilea a paz cos husitas, o Santo Padre declarou lexítimo o Concilio. A radicalización da actitude reformista antipontificia dos membros do Concilio provocou un novo enfrontamento ao trasladar o Sumo Pontífice a súa celebración a Ferrara (1437). Os que permaneceron en Basilea condenaron o Papa de herexe e nomearon o último antipapa, Félix V (Amadeo VIII de Savoia). O éxito do concilio papal de Ferrara-Florencia e o achegamento dos reis ao Papa deixou sen axuda aos axuntados en Basilea, que se trasladaron a Lausana...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación conxunta dos dous tratados concluídos en 1795 por Francia con Prusia e España, que poñían fin á primeira guerra contra a Revolución Francesa. Por estes tratados, Prusia recoñecía a República francesa e cedíalle a marxe esquerda do Rin, mentres que Francia se retiraba das prazas que ocuparan en territorio español a cambio da parte oriental da illa de San Domingos. O tratado incluía, nunha claúsula secreta, o recoñecemento de privilexios comerciais para Francia.
-
CANTÓNS
Cantón de Suíza (518 km2; 255.305 h [1998]). A capital é Liestal (12.300 h [1994]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palabra empregada entre os antigos gregos para designar un dos principais cargos dos seus gobernos. Aparece documentada desde a época micénica, cando designaba o gobernador dunha área determinada. Ao principio da época arcaica, o basileo identificábase co Rei, pero a evolución política cara á oligarquía aristocrática fixo que o cargo quedase reducido a designar o maxistrado que se encargaba do culto dos deuses patróns da cidade. Só en Esparta se mantivo o título durante o período clásico. Durante a época helenística retomou o seu sentido de monarca, e foi usado polo Rei dos persas e por Alexandre o Grande. Posteriormente, foi atribuído aos emperadores romanos e bizantinos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción italiana realizada en 1982 e dirixida por Fabio Carpi. Foi interpretada por Héctor Alterio, Omero Antonutti, Pierre Malet e François Simon. A unión existente entre un cuarteto de músicos creba pola morte dun deles. Coa incorporación dun violinista novo saen a relucir rancores agochados despois de moitos anos.
-
-
Relativo ou pertencente a san Basilio, ás diversas ordes que inspirou ou aos seus membros.
-
Monxe que segue a regra de san Basilio. Esta denominación foi establecida pola curia romana na época medieval para designar os monxes gregos da Italia meridional que observaban as Ascéticas de san Basilio. O Papa Gregorio XIII constituíu a orde basiliana de Italia e de España (1597) ao estilo das ordes monásticas occidentais; a de España desapareceu no 1855; as de Italia teñen a casa nai na abadía de Grottaferrata, no Lacio. Os basilianos estuditas foron fundados no ano 1900 en Vulka polo metropolitano de L’viv (Ucraína), Andreï Szeptyckyj, segundo as regras de san Teodoro Estudita (759-826). Despois da Segunda Guerra Mundial un grupo deles emigrou ao Canadá e fundou un mosteiro en Woodstock (Ontario).
-
-
-
Relativo ou pertencente a Basilea.
-
Natural ou habitante de Basilea.
-
-
-
Construción pública da época romana, composta por unha gran sala rectangular, dividida en naves por filas de columnas, que pode ter unha ábsida nun extremo ou nos dous. De orixe dubidosa, na época clásica servía como centro de reunión, tribunal, lonxa, etc. A máis antiga da que se conservan vestixios en Roma é a basílica Emilia, edificada no foro no 179 a C. Anos máis tarde, Sempronio Graco construíu a basílica Sempronia, tamén no foro, que foi substituída pola basílica Xulia, construída en tempos de Augusto sobre unha idea de César. Coa ampliación do foro na época imperial, Traxano edificou a basílica Ulpia, con dúas ábsidas. A de Maxencio foi acabada por Constantino. As cidades romanas das provincias un pouco importantes dispuñan de basílica, xeralmente no foro.
-
-
Igrexa que, pola súa forma, lembra á basílica romana. Na época paleocristiá e a partir de Constantino os grandes edificios de culto continuaron, ao longo do Imperio, a tradición da basílica clásica coas adaptacións que demandaba a liturxia. A basílica cristiá é de planta rectangular e o seu interior presenta dúas ou catro filas de columnas que a dividen en tres ou cinco naves; a central é máis grande e máis elevada cás laterais, para resolver o problema da iluminación interna. As columnas soportan galerías mentres que sobre as novas se ergue o teito, que acostumaba ser de madeira. A ábsida, situada no extremo da nave central, contén o altar. O plan basilical consérvase máis ou menos recoñecible en épocas posteriores. Algunhas igrexas carolinxias, románicas, góticas e ata do Renacemento son, a miúdo, imitación das basílicas romanas e paleocristiás.
-
Igrexa notable pola súa antigüidade e que goza de certos privilexios outorgados pola Santa Sé. O nome de basílica, con vacilacións, foi aplicado durante a Idade Media a moitos edificios de culto de planta ben diversa. Desde a Alta Idade Media foron consideradas basílicas “maiores” as catro principais de Roma: San Pedro do Vaticano, San Paulo Extramuros, Santa María a Maior e San Xoán do Letrán; as outras denomínanse “menores”. Por concesión papal obtiveron o título de basílicas menores diversas igrexas do mundo cristián importantes pola súa historia, polas súas proporcións e pola veneración que promoveron como santuarios.
-
-
Gran vea do brazo, situada na cara interna do músculo bíceps, que se evidencia sobre todo enriba do cóbado.
-
-
-
Relativo ou pertencente á basílica.
-
Que se semella a unha basílica. Ese edificio presenta unha arquitectura e decoración basilical.
-
En contraposición ao plan central, planta desenvolvida lonxitudinalmente segundo o primitivo trazado das basílicas romanas e paleocristiás.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección legal que contén as compilacións de Xustiniano e as leis posteriores, ordenada por Basilio I o Macedonio, Emperador de Bizancio (867-886), e acabada en tempos do seu fillo León VI o Filósofo; foi promulgada no ano 887 co nome de Basilikhá. Escrita en grego, desenvolve a aplicación do dereito romano nunha época non demasiado distante de Xustiniano e permite coñecer o criterio dos antigos xuristas, engadido en forma de notas e comentarios. Algúns fragmentos foron considerados dereito común entre os ss XVI-XIX.
-
REXIÓNS
Rexión da Italia meridional, formada polas provincias de Potenza e Matera (9.992 km2; 607.853 h [1998]). A capital é Potenza. Esténdese de N a S desde o río Ofanto ata Calabria, e entre o golfo de Tarento e o golfo de Policastro. Os ríos son de carácter torrencial, destacando Bradano, Basento, Agri e Sinni. A agricultura é o principal recurso económico, cunha produción inferior ás chairas do norte, a causa do desecamento de extensas áreas de augas pantanosas litorais. A poboación de Basilicata aumentou pouco nos últimos 150 anos por mor tanto das epidemias de malaria e do cólera de finais do s XIX e principios do s XX, como da emigración, cara a América e á Italia setentrional industrializada. Formou parte do Imperio Romano; cando este declinou foi invadida polos godos, os longobardos, os bizantinos e, no s XII, polos normandos. Posteriormente, no s XV, uniuse ao Reino de Nápoles. Despois da ocupación napoleónica (1806-1815), seguiu a sorte do Reino das Dúas Sicilias ata a anexión...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ungüento feito de resina de piñeiro, pez negra, cera amarela e aceite de oliva.
-
PERSOEIRO
Teólogo gnóstico, o primeiro do que se teñen noticias certas. Atópanse restos das súas obras nas dos apoloxetas cristiáns que querían refutalo, onde se expón unha cosmoloxía emanantista, unha antropoloxía dualística e unha moral moi austera.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (867-886), coñecido como o Macedonio, fundador da dinastía macedónica. De orixe modesta, converteuse en confidente do Emperador Miguel III, a quen fixo asasinar no 867. Recoñecido Emperador, restableceu o creto do malparado tesouro público e reorganizou a administración de xustiza e o exército. Intentou reconciliar a igrexa grega coa romana, motivo polo que destituíu o patriarca Focio por Ignacio (seguindo os desexos do Papa) e reuniu o VIII Concilio Ecuménico en Constantinopla (869-870). Consolidou a presenza bizantina en Rusia, Macedonia, Serbia e Bulgaria, expulsou os árabes de Asia Menor e tentou restaurar a autoridade do Imperio Bizantino sobre a Italia meridional (reconquista de Benevento e Bari). Baixo o seu reinado principiou a reforma legal coa publicación de dous manuais: o Prókeheiros nómos (Manual de dereito) e o Epanagogé. Asociou ao trono os seus fillos Constantino e León; sucedeuno este último.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gran Príncipe de Vladimir e de Moscova (1398-1425). Sucedeu o seu pai Demetrio Donskoi, heroe do Don (vitoria sobre os tártaros). Rexeitou o ataque de Tamerlán e dos lituanos, e negouse a pagar os tributos que lle impuñan os tártaros da Horda de Ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (976-1025), coñecido como Bulgaróctonos ‘matador de búlgaros’. Fillo de Romano II e de Teofán, o seu reinado principiou á morte de Xoán I Tzimisces (976). No 996 iniciou a loita contra Bulgaria e no 1014, trala derrota definitiva do Tsar búlgaro Samuel, converteuna en provincia bizantina (1018). Fixo fracasar a insurrección dos grandes propietarios rurais en Asia Menor e promulgou diversas medidas que favorecían os labregos. Consolidou o dominio do Imperio en Siria e na Italia do Sur.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gran Príncipe de Vladimir e de Moscova (1425-1462), coñecido como o Cego. Sucedeu o seu pai Basilio I baixo a tutela do seu avó Vitoldo, Gran Duque de Lituania (morto en 1430), pero as loitas familiares pola posesión do trono non cesaron ata o 1453. Opúxose á aceptación do Decreto de Unión das Igrexas Grega e Romana (1439), co que deu o primeiro paso para a constitución dunha Igrexa Nacional Rusa. Sucedeuno Iván III o Grande.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gran Príncipe de Vladimir e de Moscova (1505-1533), fillo de Iván III e pai de Iván o Terrible. Ampliou os seus dominios, pola violencia e a intriga, coas anexións de Pskov (1510), R´azan (1517), Smolensko (1522), Novogorod e Starodub (1523).
VER O DETALLE DO TERMO