"bilí" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 365.

  • Pigmento tetrapirrólico que se atopa nunha alta porcentaxe na bile, de cor amarela avermellada. Procede da degradación que o grupo hemo da hemoglobina sofre nas células do sistema reticuloendotelial do fígado, do bazo e da médula ósea. Transpórtase no sangue (bilirrubina indirecta ou libre) ata o fígado, onde se conxuga co ácido glucurónico (bilirrubina directa ou conxugada), procede da redución da biliverdina e elimínase por vía biliar. No intestino, a bilirrubina redúcese pola acción bacteriana e convértese en urobilinóxeno, que se elimina en gran parte coas materias fecais en forma de estercobilinóxeno; ou ben se reabsorbe, pasa ao sangue e fíxase no fígado, ou se elimina nos ouriños. Normalmente se atopa unha pequena cantidade de bilirrubina no sangue (bilirrubinemia), que nos casos patolóxicos determina a itericia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de bilirrubina no sangue circulante. Normalmente a bilirrubinemia total oscila entre 0,3 e 1,0 mg/100 ml. Cando a cantidade de bilirrubina sobrepasa os 2 mg/100 ml sobrevén a itericia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico co que se coñecen cada unha das substancias pirrólicas que proveñen da degradación, no intestino, da bilirrubina excretada polo fígado na bile. Os bilirrubinoides elimínanse por vía intestinal ou reabsórbense e elimínanse de novo polo fígado ou por vía urinaria. Entre os bilirrubinoides destacan a mesobilirrubina, o mesobilirrubinóxeno, o estercobilinóxeno, a mesobiliviolina e a estercobilina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de bilirrubina nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten dúas letras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento tetrapirrólico de cor verde que se atopa na bile, no fígado, no bazo e na médula ósea dalgúns animais xunto coa bilirrubina. Prodúcese no proceso de degradación do grupo porfirínico ou hemo da hemoglobina. É o precursor da bilirrubina e proporciona á bile vesicular a súa cor verdosa propia. A bile dos anfibios e das aves só contén biliverdina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición que presenta un composto, unha substancia ou un material calquera, de resultar inocuo para os organismos vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porcentaxe ou fracción liberada dunha substancia administrada (droga) ou inxerida (alimento) que resulta útil ou que é bioloxicamente activa ao ingresar na circulación xeral ou ao chegar ao órgano ao que vai destinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bombílidos.

    2. Mosca da familia dos bombílidos.

    3. Familia de moscas da suborde dos braquíceros que na fase adulta son grosas e cubertas dunha densa pilosidade semellando un pequeno abellón, polo que se coñecen como moscas abellón. As ás están coloreadas e algunhas especies, como a Bombylius major, presentan unha longa probóscide que lles serve para libar nas flores sen necesidade de pousar nelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aso estreito que servía para gardar os ungüentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce bulbilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome das comarcas montañosas da metade oriental do N de Alxeria, entre a planicie da Mitidja ao O, a chaira de Bona ao L, o Mediterráneo ao N e os altiplanos de Alxer e Constantina ao S. Divídese en catro partes: a Gran Cabilia, a Pequena Cabilia, a Cabilia de Collo e a Cabilia Oriental. A Gran Cabilia é un macizo montañoso, constituído por terreos calcarios que limita ao O co val do río Isser e ao L e SL co val do río Soummam-Sahel. É unha das áreas máis poboadas de Alxeria e está habitada por bérberes sedentarios que practican unha agricultura primitiva e pobre. A capital da Gran Cabilia é Tizi Ouzou. A Gran Cabilia é a que conserva de xeito máis puro a lingua e os costumes bérberes. A Pequena Cabilia está formada polo hinterland de Bougie. Trátase dunha comarca moi arabizada, cunha alta densidade de poboación. A paisaxe está dominada por grandes bosques, onde o cultivo de cebada e a gandería son a base da súa economía. A Cabilia de Collo situada ao N da cadea...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade de calculable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capacidade especial para percibir ideas, sensacións, etc.

    2. Tendencia a atribuírse e a conservar para un mesmo os bens e o afecto das persoas que o rodean.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xeneralización natural da sumabilidade usual das series que se define ao considerar a sucesión das medias aritméticas das sumas parciais. Calquera serie converxente no sentido usual é sumable no sentido de Cesaro; pero, ademais, moitas series diverxentes no sentido usual son sumables no sentido de Cesaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de coercible.

    2. Atributo da norma xurídica que lles outorga aos órganos xurisdicionais do Estado a posibilidade de impoñer a observancia da sentencia coactivamente e de establecer a sanción correspondente no caso de que esta fose violada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de cognoscible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de combustible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de compatible.

      1. Calidade de dous ordenadores pola que un deles pode executar correctamente un programa do outro ordenador sen necesidade de ningunha corrección.

      2. compatibilidade cara a adiante

        Capacidade dun equipo ou aplicación para seren ampliados.

      3. compatibilidade cara a atrás

        Capacidade de traballar un programa ou un accesorio dun ordenador con equipos ou aplicacións máis antigos que para os que foi deseñado.

      4. compatibilidade Hayes

        Capacidade dun módem para responder ao mesmo conxunto de comandos de marcado automático que o Hayes Smartmodem. Case todos os módems da actualidade son compatibles co estándar Hayes.

      5. compatibilidade PC

        Capacidade dun ordenador para executar o mesmo programa e utilizar os mesmos accesorios de hardware do estándar coñecido como PC IBM e de ordenadores máis recentes do mesmo tipo. Algúns ordenadores poden emular por software eses modelos e executar software de PC nunha unidade central de proceso completamente diferente, como unha RISC de Sun ou un chip Power PC. Se un ordenador só necesita intercambiar datos cun PC IBM, non necesita ser compatible co estándar de IBM; só lle cómpre un medio de comunicacións axeitado, como as liñas telefónicas ou unha rede de área local co software axeitado.

    2. Calidade dos sistemas de ecuacións que teñen solución.

    3. consistencia.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO