"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
PUNTA
Punta da parroquia de Corme-Aldea, no concello de Ponteceso. Situada entre a a punta de Chans ao SL e a das Gralleiras ao O, na entrada setentrional da ría de Corme e Laxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín aparecido en 1975 en Negreira como voceiro do campamento do Val da Barcala.
-
PUNTA
Punta máis setentrional do cabo Ortegal, na parroquia e concello de Cariño.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que marca o límite das parroquias e termos municipais de Quireza (Cercedo), Souto (A Estrada), e Morillas (Campo Lameiro). Ten 766 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe procedente de Laredo (Santander) que pasou a Galicia, amais de Castela, Andalucía e León. As armas primitivas traen, escudo cuarteado: o primeiro e o cuarto, en campo de prata, cunha cruz chá de goles; e, o segundo e terceiro, de ouro, con dúas faixas de sinople. A rama galega leva, escudo cuarteado: o primeiro cuatel, en campo de ouro, con tres bastóns de azur; o segundo, de prata, cun león rampante, da súa cor natural; e o terceiro cuartel, de prata, con tres faixas de azur.
-
PERSOEIRO
Lingüista e crítico literario castelán, catedrático na Universidade de Oviedo. Autor de diversos traballos sobre lingüística medieval. Divulgador dos métodos da fonoloxía (Fonología española, 1950) e, en xeral, do estruturalismo lingüístico, estudios que deixou patentes no seu libro Gramática estrutural (1951). Publicou tamén Estudios de Gramática funcional del español (1970) e Indefinidos y numerales (1990). Membro de número da Real Academia Española de la Lengua (1973), escribiu a recente Gramática de la lengua española (1994) publicada baixo o auspicio da propia institución na colección Nebrija.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Clase de uva que produce un bo viño tinto. Cultívase nas comarcas de Quiroga, Valdeorras, no val de Monterrei e no Ribeiro. A cepa do albarello, aínda que moi produtiva, é facilmente atacada polo oidium. O viño consérvase ben e existe a crenza de que aumenta o seu vigor cando se traslada a outros países.
-
AFLUENTES
Afluente do Vilaza pola dereita que nace no Lombo dos Paraños (a 500 m de altitude), da confluencia de varios regueiros, e atravesa en dirección NO-SL, aproveitando unha fractura no terreo, as parroquias de Infesta, Albarellos e Vilaza do concello de Monterrei.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
-
ENCORO
Encoro no curso alto do río Avia; recolle, principalmente, a auga do río Cardelle, aínda que tamén conflúen nel outros ríos (Couso e Valdeiras) e regueiros (Val de Cerdeiras, Cabaleiros, da Serra, Pallares, etc). Está situado no territorio dos concellos do Covelo, Avión e Leiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo da Xeración do 27. De mozo trasladouse a Madrid (1917) onde, atraído pola pintura, realizou diversas exposicións. Con Marinero en tierra (1925) obtivo o Premio Nacional de Literatura e iniciou unha poesía popular moi elaborada que comprende La amante (1926) e El alba del alhelí (1927). A partir de Cal y canto (1929) e Sobre los ángeles (1929), un dos seus libros máis senlleiros, comeza a súa xeira vangardista.
VER O DETALLE DO TERMO
En 1931 ingresa no Partido Comunista e a súa poesía comprométese cos aconteceres históricos: Consignas (1933), 13 banderas y 48 estrellas (1936), sen deixar de cultivar un tipo de poesía elexíaca como en Verte y no verte, volume dedicado á morte do toureiro Ignacio Sánchez Mejías. En colaboración coa súa muller, María Teresa León,... -
-
Viño elaborado con uva albilla.
-
ariedade de uva branca autorizada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe O Ribeiro para a elaboración dos viños desta comarca vinícola.
-
-
MONTES
Monte da parroquia de Grallas, concello do Páramo, de 514 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria, nas denominadas Asturias de Santillana (2.646 h [1996]). Gandería bovina con orientación láctea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Foi Catedrático de Astronomía na Universidade de Santiago de Compostela e sacerdote. En 1948, na Asemblea Xeral da Unión Astronómica Internacional, reunida en Zúric, resulta elixido membro da Comisión encargada do estudo das estrelas dobres, onde deixou pegada. A súa obra Introdución a la Astronomía (1943) constituíu unha achega trascendental a ese eido científico, en tanto que Astronomía a simple vista (1948) é un interesante libro de divulgación. Aínda que destacou como astrónomo, tamén realizou unha importante contribución no ámbito matemático. No seu libro Algoritmia: principios fundamentales de la ciencia de los números (1918), recolle con claridade os fundamentos da análise matemática. Tamén foi importante a súa contribución á teoría parabólica dos erros e dos conxuntos e números finitos, indefinidos e transfinitos. En 1912 construíu un observatorio en Lalín e logo foi director do Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago. Como mostra...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Planta herbácea vivaz, de follas lineais e talo cilíndrico, de 30 a 40 cm de altura, culminado por unha umbela de flores brancas ou avermelladas. Ten un bulbo arredondado e comestible, que recibe o nome de cabeza, composto por numerosas unidades, chamadas dentes. Contén, sobre todo no bulbo, substancias cun olor aliáceo característico. É orixinario de Asia central e úsase como condimento (cru e tenro) ou como ingrediente de guisos, frituras e na elaboración de embutidos. En Galicia atópase como especie cultivada nos alleiros; recóllense a principios de verán e sécanse en restras para a súa conservación. Dende a Antigüidade emprégase na medicina popular como dixestivo, estimulante do apetito e para facilitar a evacuación de gases. É un dos principais condimentos da cociña mediterránea, empregada en toda clase de guisos, como pratos de peixe nos que este xa non estea fresco.
-
Cada unha das unidades ou dentes que forman o bulbo ou cabeza do allo.
-
allo bravo
-
allo de oso
-
allo macho
-
allo porro V porro.
-
-
tintura de allo
-
-
PUNTA
Punta da Ría de Betanzos, ao S da praia de Marín e ao N da punta do Toxo, no límite das parroquias de Castro e de Perbes, no concello de Miño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Sarria. Relacionados con esta familia están os apelidos Alla, Allada, Alleiro, Allos e Alleira. As súas armas levan, en campo de goles, un allo de ouro.