"nito" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 107.

  •   (San Pablo Guelatao, Oaxaca 21.3.1806 - Ciudad de México 18.7.1872) Político mexicano. Representante do reformismo liberal, foi gobernador de Oaxaca desde 1847 ata 1853 e de novo desde 1856, tras unha paréntese motivada polo goberno de López de Santa Anna, quen o desterrou de México. Nomeado presidente da Suprema Corte de Justicia desde 1857, en 1858 foi elixido presidente da República, cargo que tamén ostentou desde 1861 ata 1862. Durante o seu mandato nacionalizou os bens eclesiásticos, ditou as Leyes de la Reforma e suspendeu o pago da débeda externa, -como un intento de recuperar as perdas provocadas pola Guerra de la Reforma (1858-1860)- feito que deu lugar ao desembarco de tropas de Francia, Reino Unido e España, que impuxeron como emperador o arquiduque de Austria, co nome de Maximiliano I de México. En 1867, retiradas as tropas francesas e fusilado Maximiliano I, ocupou novamente a presidencia ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbón mineral natural, o máis pobre en carbono (do 55 ao 75%) e case sempre de orixe Terciaria. A cor é marrón escura e mate, aínda que ás veces pode ser negra e brillante. É brando e suave, a súa densidade oscila entre 1,12 e 1,14 e a súa estrutura é case sempre vexetal, aínda que ás veces, nalgunhas variedades, semella homoxéneo, terroso, foliáceo ou esquistoso. Utilízase esencialmente como combustible, aínda que o seu poder calorífico é inferior ao da hulla. A pouca profundidade permite a extracción a ceo aberto, con utilización de medios mecánicos, que favorecen unha produtividade elevada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Destacou polo seu labor de alfabetización na provincia de Lugo. Colaborou en diversos periódicos e revistas, como Vida Escolar, El Magisterio Gallego e La Escuela Moderna e publicou La Escuela Moderna. Técnica de la enseñanza en la escuela (1927), Tratado de Pedagogía I e II (1968-1970), Los grandes pedagogos (1970) e La inmortalidad. Historia de la pedagogía (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Cabo de artillería, foi asistente do xeneral Joan Prim i Prats e foi ferido durante o atentado que lle custou a vida a Prim, en 1870.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Clérigo e deputado. Foi denunciado á Inquisición en diversas ocasións entre 1796 e 1820 por defender posicións atrevidas en materia teolóxica e en 1809 por colaborar cos franceses. Tralo retorno do absolutismo sufriu unha nova persecución (1814-1820). Deputado nas cortes liberais (1820-1823), en 1825 sufriu a represión dos absolutistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Granito que presenta unha estrutura granular grosa, de gran superior aos 5 mm de diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Čel’abinsk, Rusia, situada á beira do río Ural (424.000 h [1997]). É un dos centros metalúrxicos máis importantes de Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal do ácido manganoso. Os máis coñecidos son os alcalinos, que se obteñen por fusión do dióxido de manganeso cun hidróxido alcalino, segundo a reacción MnO 2 + 2KOH ⎯⎯→ ~300ºC K 2 MnO 3 + H 2 O.

    2. Anión de fórmula MnO 3 = , que se pode considerar derivado formalmente do ácido manganoso por perda de todos os hidróxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago da provincia de Manitoba, Canadá, situado na rexión dos Grandes Lagos (4.700 km2). De orixe glaciario, comunica co lago Winnipeg a través do lago Saint Martin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Canadá, situada na fronteira S con EE UU (649.950 km2; 1.119.583 h [2001]). A súa capital é Winnipeg. A gran chaira de Manitoba é o fondo dun antigo lago glaciario. O clima é frío pero relativamente seco e a vexetación componse de tundra e bosques. O principal cultivo é o trigo, seguido do liño e do orxo. Posúe explotacións minerais, das que destaca as de mineral de níquel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polihidroxialcohol, do grupo dos hexois, que é unha substancia azucrada, que se encontra en diversas plantas e algas mariñas, especialmente no maná do eucalipto e do freixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago do lago Huron, Canadá, que pertence á provincia de Ontario e está formado por tres grandes illas, Manitoulin, Cockburn e Drummond, e numerosas illas pequenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esternito do terceiro segmento torácico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato ou dispositivo electrónico dotado dunha pantalla que permite visualizar as imaxes ou a información que proporciona un receptor de televisión, un ordenador ou calquera outro sistema semellante.

    2. Aparato que serve para controlar unha ou varias constantes vitais.

      1. Consola de visualización por pantalla e, especialmente, a pantalla principal dun conxunto de terminais. Os monitores para ordenadores, análogos aos monitores para TV, precisan para o seu funcionamento dispoñer dun adaptador de vídeo en forma de tarxeta. Hai diferentes estándares e distintos tipos de tarxetas, como MDA, CGA ou VGA. Hai tamén monitores multifrecuencia, que simplifican a utilización de diferentes tarxetas gráficas.

      2. Máquina, dispositivo ou programa que permite observar o estado dun sistema e sinalar as desviacións significativas do seu funcionamento. En certas terminoloxías o termo monitor utilízase como sinónimo de supervisor.

    3. Aparato que se emprega para controlar e comparar a calidade do sinal nun punto calquera da cadea de transmisión. Nas emisoras utilízanse os monitores de emisión para controlar os programas que hai que transmitir; consisten nun receptor piloto que funciona constantemente, sintonizado co sinal de saída. Nas emisoras de televisión hai monitores cun gran número de pantallas, cada unha das que dá a imaxe dunha cámara diferente. Os monitores poden ser monocromos ou de cor. Adoitan basearse nun tubo de raios catódicos (TRC), con deflexión electromagnética e control da luminosidade do feixe electrónico. Nos de cor, o tubo ten tres canóns electrónicos en liña e hai un control da intensidade luminosa de cada canón por separado.

    4. Barco de guerra provisto dunha coiraza grosa e equipado con artillaría de groso calibre que se utiliza principalmente na defensa das costas. Foi ideado en EE UU a finais do s XVIII e empregado durante a Guerra de Secesión, pero actualmente caeu en desuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que instrúe na práctica de certos deportes, disciplinas ou actividades.

    2. Persoa responsable dun grupo de rapaces ou mozos nunha actividade de recreo ou nun campamento de verán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Becerreá a partir de 1900. Impreso en Lugo, tivo como fundador e director a Antonio Correa Fernández e foi unha publicación defensora dos intereses do distrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método pedagóxico, denominado tamén Lancasterian system, que consistía en que os mellores estudantes ou de máis idade ensinasen aos máis novos ou frouxos. Arredor de 1840 estableceuse que os alumnos que quixesen, a partir dos 13 anos, podían facer de monitores, pero os profesores tiñan a obriga de ensinarlles pedagoxía e en cinco anos podían adquirir a formación de mestres. Este método desenvolveuse sobre todo en Francia e Inglaterra no s XIX. Foi levado a EE UU polo propio Joseph Lancaster. En América do Sur tamén se introduciron estas ideas. Fronte ao modelo de ensino mutuo, eficaz desde o punto de vista da alfabetización pero mecanicista, a orientación pestalozziana, atenta a factores psicolóxicos na aprendizaxe e con dinámicas máis ricas didacticamente, tivo maior influencia en centro Europa e chegou a influír en Kant, Herbart e Fröbel, que se converteron nas fontes de renovación do pensamento pedagóxico ao longo da segunda metade do s XIX

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para amoestar ou advertir.

    2. Citación para comparecer ante un tribunal eclesiástico baixo pena de excomuñón ou de calquera outro tipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ixilancia e supervisión da evolución dun fenómeno que permite seguir o curso e o estado dun enfermo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e mestre de obras. Freire beneditino, traballou en San Martiño Pinario e en 1647 ensinoulle o oficio de entallador a Pedro Bóo. Foi visitador e abade da congregación.

    VER O DETALLE DO TERMO