"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Akra Leuké Nome grego (‘o promontorio branco’) do asentamento militar fundado por Amílcar Barca no 231 a C, do que se coñece o nome por unha única inscrición grega. De localización incerta, certos autores quixérono identificar coa cidade de Alacant, ben que sen unha sólida base, ou coas ruínas próximas ao outeiro de Manises. Perdeu importancia coa creación de Cartago Nova (Cartagena).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Engrosamento distal dos dedos das mans e das dedas dos pés, a causa dunha periostite con inchazón mol subxacente, que é producida por unha osixenación deficiente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga orde das rodofitas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Un dos tres tipos de loita dos antigos gregos nos que se empregaban exclusivamente os dedos das mans. Consistía en que dous loitadores, pendurados polos cóbados enriba dunha táboa, se agarraban polas mans e polos dedos ata que un dos dous conseguía poñer o brazo do outro en posición horizontal.
-
GALICIA
Fotógrafo profesional e coordinador de exposicións no Museo de Pontevedra. Participou nos proxectos O mar da memoria da Consellería de Pesca e Historias con data da TVG. Obtivo o premio “Foto Profesional” (1979) e bolsas da fundación Barrié de la Maza e da Consellería de Cultura. Entre as súas obras destacan: Imaxes do patrimono arquitectónico desaparecido e As imaxes do traxe en Galicia, xunto cos libros Pintos, unha vida na fotografía e Impresions dans le Galice des années 30 (Impresións na Galicia dos anos 30).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista norteamericano, fillo de John Adams. Graduado en Leis (1790), Embaixador na Haia e en Berlín contra o 1800, senador (1803-1808) e Embaixador en San Petersburgo (1809-1811) e en Londres (1815-1817). O Presidente Monroe nomeouno Secretario de Estado (1817-1825) e foi o teórico da denominada doutrina Monroe. A adquisición de Florida (1819) e de Luisiana e o recoñecemento da independencia das antigas colonias españolas (1822) foron os froitos do seu panamericanismo. Destacado abolicionita, o Partido Demócrata levouno á presidencia dos EE UU (1825-1829).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Último Rei dos longobardos. Iniciou o seu Reinado ao asociarse co seu pai Desiderio no ano 759, morreu destronado en Constatinopla logo de ser derrotado por Pipino o Breve. No ano 787 intentou desembarcar en Calabria, sen embargo, o príncipe de Benevento impediullo. A súa figura inspirou a traxedia de Manzoni do mesmo nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario ecuatoriano, influído pola actitude metafísica de T. S. Eliot. É autor de Los cuadernos de la tierra (1952), do ensaio Poesía del siglo XX (1957), Dios trajo la tumba (1960) e Informe personal sobre la situación (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa, sociedade ou empresa que adquire unha cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser adquirido.
-
-
de adquirir.
-
Que foi collido ou alcanzado, mercado con cartos ou gañado.
-
Non natural, non orixinario.
-
Caracteres non hereditarios que presenta un organismo como consecuencia da acción do medio ou do uso ou desuso que fai dun órgano.
-
-
-
Que ou quen adquire.
-
Rol narrativo definido por Claude Bremond (Logique du récit, 1973) merecente polo seu comportamento dunha valoración positiva ou negativa atribuída normalmente por un xuíz, función que de se dar pode ser desempeñada polo propio adquiridor de mérito ou ben por outra persoa.
-
-
-
Gañar a posesión dalgunha cousa.
-
Obter desde unha aplicación un documento creado noutra para empregar na primeira, total ou parcialmente.
-
Comprar algunha cousa.
-
-
-
-
Conseguir ou chegar a ter algo.
-
Cousa adquirida ou que se obtén en compra.
-
-
Atribución a unha persoa dunha cousa, dun dereito ou dunha obriga que antes non tiña.
-
Lista ou catálogo dos libros que foron ingresados novos no fondo dunha biblioteca.
-
Acto xurídico polo cal quen se nomea nunha herdanza fai seus os bens que lle son asignados e incorpóraos ao seu patrimonio. Desenvolvéronse dous sistemas para adquirir a herdanza: o xermánico, no que o herdeiro non ten que realizar ningún acto para adquirir os bens herdados; e o romano, no que hai un acto xurídico de aceptación de herdanza. O dereito español mantén o criterio romano.
-
Aprendizaxe dunha lingua.
-
-
-
Hábito que induce ao home a adquirir para satisfacer as súas necesidades.
-
Propiedade adquisitiva do diñeiro ou ben similar.
-
-
-
Que fai adquirir.
-
Capacidade de compra que teñen as persoas nun momento determinado. O poder adquisitivo varía segundo a evolución de dúas variables: os ingresos das persoas (salarios, pensións, rendas), por unha banda, e os prezos (o custo da vida), pola outra. Se ambas variables manteñen unha evolución parella, o poder adquisitivo mantense.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica que vén determinada polo xogo homofónico da identidade formal dun termo repetido, empregado con diferentes significados. É un recurso utilizado en máis da cuarta parte do cancioneiro satírico galego-portugués, que recolle as cantigas de escarnio e maldicir, onde a sátira aguda se esconde empregando palabras con dobre sentido. En principio, a diferenza entre estes dous tipos de composición radica precisamente na funcionalidade deste fenómeno. Segundo a Arte de trobar, as cantigas de maldicir representan o ataque directo, mentres que nas cantigas de escarnio a sátira se encobre empregando palabras con dobre sentido (“palavras cubertas que ajã dous entendymentos”), unha técnica xa coñecida polos clérigos co nome de hequivocatio. Nas cantigas de temática erótico-sexual, un mesmo termo ofrece dobre interpretación: unha literal e outra metafórica, tendo esta última claras connotacións obscenas. Así, madeira nova ou maeta aluden, respectivamente,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parénquima formada por células de membrana fina que deixan entre elas grandes espacios, por onde circula o aire. Acostuman a tela as plantas acuáticas para prover de osíxeno as raíces.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ehículo, provisto de patíns ou esquís, que se desliza sobre a neve ou o xeo, propulsado por unha hélice.
-
PERSOEIRO
Cantautor. Fillo dun procurador da República, José Nepomuceno Afonso e de María das Dores. Durante a súa infancia percorreu diversos países, entre outros Angola, Mozambique e Belmonte, que suporían continuas referencias no seu desenvolvemento artístico. Dende a década dos 40 ata 1953, Coimbra foi a súa residencia. Moi ligado á Facultade de Letras e ao Liceo, foi durante esta etapa integrante do Orfeão Académico e da Tuna Académica da Universidade. A partir de 1955, comezou a súa etapa dentro do ensino percorrendo varias vilas portuguesas. Zeca Afonso gravou o seu primeiro disco no 1953, Fados de Coimbra. Entre 1964 e 1967, volveu a Mozambique onde foi mestre. Esta etapa foi fundamental para cimentar a súa conciencia anticolonial. Por razóns políticas foi expulsado do ensino oficial e a música pasou a converterse no seu medio de expresión e de vida. Contrario ao réxime ditatorial portugués, entrou a formar parte do grupo de artistas prohibidos polo que as súas cancións foron censuradas,...
VER O DETALLE DO TERMO