"rami" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 158.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre situada en Santa María de Donramiro (Lalín). Foi edificada no s XVI e reformouse no XVIII. Ten planta rectangular e dous pisos. A solaina cuberta eríxese sobre piares e percorre o lateral do edificio; accédese a ela por medio dunha escaleira exterior. A portada principal está formada por un arco de medio punto e conserva un brasón que alude ás familias Suárez de Deza, López de Lemos e Salgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lalín. De orixe románica, reformouse no 1654. No 1119 Xoán Díaz e María Luci, a súa dona, doáronlla á Igrexa de Lugo. Ten planta de cruz latina con dúas capelas laterais aos lados da nave. O primeiro tramo da nave pertence á primitiva igrexa e a cabeceira e as capelas laterais son barrocas. No interior, conserva restos dun baldaquino de pedra e un arcosolio cun sepulcro que se identificou co do conde Ramiro, aínda que a vestimenta do xacente é a propia dun eclesiástico que pode ser o fundador do templo barroco ou un párroco da igrexa. Conserva a fachada da primitiva construción románica. A portada está formada por dous pares de columnas acobadeladas, con capiteis e bases engadidos posteriormente, que sustentan o tímpano, formado por unha dobre arquivolta tórica e enmarcado por un arco carpanel que se apoia nas xambas. Sobre os ábacos das columnas interiores sitúase unha lousa que pertenceu ao primitivo tímpano; este ten esculpido dúas rosetas con cruces no centro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que compón epigramas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico de acción bacteriostática que se obtén de cultivos de Streptomyces ambofaciens, illado en 1954. Está constituído por tres fraccións con actividade antibacteriana, a espiramicina I, II e III. Moi semellante á eritromicina, adminístrase por vía oral. Ten unha duración media no corpo de 5,5 horas. Úsase principalmente para a profilaxe de toxoplasmose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está fóra das vías piramidais.

    2. Conxunto de transtornos provocados pola alteración do sistema extrapiramidal. Son principalmente hipertonías musculares ou alteracións na regulación dos movementos involuntarios e automáticos.

    3. Complexo situado no cerebro e formado polos núcleos grises motores e por fibras nerviosas aferentes e eferentes. Localízase nas rexións subtalámicas e por baixo da codia cerebral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cerámica orixinaria da cidade italiana de Faenza. A súa sona provocou que a palabra italiana faenza e a francesa faïence se empregasen como sinónimo de maiólica. Durante a Idade Media, a arxila cubríase cunha capa branca sobre a que se facía a decoración; durante esta época desenvolvéronse tamén as técnicas do esmaltado en branco e do engobe. No Renacemento ampliouse a gama de cores coa introdución do amarelo intenso e do azul turquesa. Empregáronse motivos decorativos de inspiración bizantina e árabe, e posteriormente os góticos, ata que a finais do s XIV se centraron nos motivos italianos. Dos novos estilos creados polos ceramistas destacan o bello, caracterizado pola cerámica maiólica de cor gris-azul celeste; o fiorito, con motivos decorativos que cobren case toda a peza; e o compediario, que se distingue polos produtos manufacturados de cor branca cunha policromía reducida ao amarelo e ao azul. Despois da crise do s XIX que provocou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pos brancos, solubles en auga e alcohol, que se empregan como antihistamínico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático. Foi investigador do Centro de Estudios Históricos onde pertenceu ao grupo de lingüistas formado por Navarro Tomás e Rafael Lapesa. Foi profesor de latín e grego, tradutor do tratado de Paul Kretschmer sobre a lingüística grega e latina, e lector de castelán na Universidade de Hamburgo (1925-1926). Comezou a recompilar en fichas -que el denominou cédulas- o seu Archivo Gramatical de la Lengua Española (AGLE), constituído por máis de 100.000 citas que recollían fenómenos de lingua, coa intención de que lle servisen de corpus para a confección da gramática que proxectaba (editado polo Instituto Cervantes, a cargo de José Antonio Millán, Maite Rivero e Ignacio Bosque, 1997-2002). Á súa morte só aparecera un volume da Gramática Española (Los sonidos, el nombre y el Pronombre) (1951) e os seguintes quedaron en distintos estadios de elaboración, pero foron publicados posteriormente (1985-1991). Influenciado, sobre todo, por L. Hjelmslev, K. Bühler, R. Jakobson, a escola...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Profesor de lingua e literatura galegas, colaborou en distintas publicacións e xornais (Dorna, Grial, Bonaval, Nordés, Diario 16 de Galicia) e foi un dos promotores do grupo poético Cravo fondo. Da súa produción destaca As cidades da nada (1983), Designium (Premio da Crítica e Premio Losada Diéguez 1984), Pensar na tempestade (1986), O retornado (Premio Modesto R. Figueiredo 1986), Pasa un segredo (Premio da Crítica Española 1988), Catro novelas sentimentais (1988), As regras do xogo (1990), Aves de paso (1990), Escolma poética (1991), As lúas suburbanas (1991), Adeus norte (Premio Esquío 1991), Fermín Bouza-Brey e a súa obra literaria (1992), Os leopardos da lúa (1993), Soños eternos (1994), Luz do mediodía (1995), As bandeiras do corsario (1995), Ámbito dos pasos (1996), O cazador de libros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Conselleiro delegado da empresa familiar Construciones Fontenla, ocupou diversos cargos en organizacións do ramo como presidente da Federación Galega da Construción (1986-2001), da Confederación Europea da Construción (1994) e vicepresidente da Confederación Nacional da Construción. No ámbito empresarial galego foi presidente da Confederación de Empresarios de Coruña (2000), da Confederación de Empresarios de Galicia (2001) e vicepresidente da Cámara de Comercio da Coruña. Desde o 2002 foi membro do comité executivo da xunta directiva da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que reciben os protozoos unicelulares mariños ameboides, que moi rara vez exceden 1 mm de lonxitude, e segregan un caparazón calcário -nalgúnhas especies silíceo- dividido en moitas cámaras, no que vive emitindo pseudópodos a través de poros cos que prenden as presas. Nun principio o protozoo ten unha soa cámara e á vez que medra forma unha sucesión de cámaras, cada vez de maior tamaño, ao longo da súa vida. Durante o ciclo vital presentan fases diploides e haploides. Existen unhas 10.000 especies de foraminíferos que habitan todos os ambientes mariños, esteiros e lagoas litorais e das que só unhas 50 viven na columna de auga nos primeiros 100 m e o resto son especies bentónicas que viven sobre os sedimentos ou no seu interior. O conxunto dos foraminíferos que viven nos fondos dos océanos constitúen, probablemente, a maior biomasa animal do planeta. As cunchas das especies planctónicas, ao morrer, van formar parte da lama dos fondo mariño, destacando pola súa abundancia o xénero...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e ceramista. Discípula de Carlos Maside, nalgunha das súas obras reflectiu elementos que caracterizaron a obra do seu mestre. Como ceramista traballou para o taller Cerámica Artística Gallega, de Escudero e Asorey, e en Cerámica Celta, onde coincidiu con Castelao, Carlos Sobrino, Xoán Acuña e Manuel Torres, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira setentrional da ría de Arousa, na desembocadura dos ríos Pedras e Lérez, situada no litoral da parroquia de Posmarcos, concello da Pobra do Caramiñal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cineasta. Director xeral de Galicia Dixital. Presidiu o grupo fotocinematográfico Fonmiñá en Lugo e o Orfeón Lucense. Foi xerente do padroado de Cultura do Concello de Lugo, voceiro do concello de Lugo e director das revistas Fonmiñá e Praza Mayor. Realizou diversos guións para a produtora Ophiusa. Das súas obras destacan Monterroso, en las tierras de Ulloa (1990), Palas de Rei: regio palacio (1990),   El belén de Begonte (1991) e Os Ancares, fuerza vital (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de antibióticos que produce a bacteria Bacillus brevis. A súa estrutura química reponde á dun polipéptido ciclopeptídico que existe en diferentes variedades: a gramicidina D, a J1, a J2 e a S (a máis importante), que se diferencian polo distinto contido en aminoácidos da cadea polipeptídica. A gramicidina descubriuna e preparouna René J. Dubos, do Instituto Rockefeller. Emprégase en aplicacións tópicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega en carpintería ou outros oficios para trazar liñas paralelas a pouca distancia dos bordos da madeira, e que consiste nunha regra con punzón fixo nun dos seus extremos e un tope que corre ao longo dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO