"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

  • Anel de metal precioso que adoitan levar as mulleres como adorno no lobo das orellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dun monte grego que significa ‘virtude no senso de ‘calidade e ‘capacidade. Na ideoloxía aristócrata denota a condición do home superior pola súa orixe e pola tradición de caste. O areté expresaba a aptitude e a preparación física, a carraxe e o espírito heroico. Respondía a un concepto de educación xeral do corpo e o espírito só accesible aos “mellores”, aos aristoi ( ἄ ριστοι).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico grego, que traballou en Alexandría. Foi autor de dous libros dunha gran precisión clínica sobre enfermidades agudas e crónicas, como as parálises cerebrais, as pleurites e a diabete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bolboretas da familia dos satíridos ao que pertence a especie A. arethusa. O adulto desta especie é de cores castañas e presenta un ocelo negro no ápice da á superior. As eirugas teñen liñas lonxitudinais de varios tons de marrón e aliméntanse do xoio e doutras poáceas dos xéneros Dactylis e Poa. Vive no monte baixo, áreas abertas e pedregais do norte de África, Europa e Asia Central. En Galicia está presente a subespecie dentata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Arezzo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Arezzo.

    3. Cerámica romana, que toma o seu nome da vila etrusca de Arezzo, caracterizada pola súa pasta fina, brillante e de cor vermella. Sigillata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leonardo Bruno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano, seguidor na súa obra poética de Petrarca. Tivo unha grande actividade na corte de León X. Cun espírito satírico bastante orixinal, deulle á súa literatura unha intencionalidade política, social e cultural. Ao ser incluído no Índice de Libros Prohibidos (1558), fixéronse máis conspicuas as obscenidades sobre as que se baseou a súa fama pornográfica. Destacou con Pasquinate, obra que escribiu a finais de 1550. Entre a súa produción en prosa destacan as Lettere (1537-1557), epistolario importante como documento da época; I Ragionamenti (1534-1536), diálogos certamente moi obscenos, e algunhas obras de tema relixioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ninfa perseguida por Alfeo, deus do río no que ela se bañaba. Tralo acoso sexual de Alfeo, pediulle axuda a Ártemis, que a transformou en fonte para liberala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da rexión de Gipuzkoa, País Vasco (6.147 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén abundante cantidade de area.

    2. Que ten aspecto de area.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo dun pobo celtibérico prerromano establecido cara ao final do s IV a C na alta conca do Douro. Entre as súas cidades destacaron Numantia (Garray), Termantia (preto de Montejo de Liceras), Clunia (Coruña do Conde), Segontia (Sigüenza), Uxama (Osma), Veluka (Calatañazor), Aregrada (Ágreda), Segobriga (Segovia) e outras aínda non localizadas. Os seus asentamentos adoitaban estar murados. Considerados como o grupo extremo dos vacceos, parece que os celtíberos xurdiron deles. A súa cultura, coñecida polos achados de Numancia, recibiu influencias ibéricas. O seu réxime socioeconómico era predominantemente gandeiro. Explotaron o ferro do Moncayo. O seu primeiro contacto documentado cos romanos produciuse arredor do 195 a C, cando Catón pretendeu o seu sometemento. A partir do 153 a C participaron na guerra celtíbera contra Roma, na que destacou o sitio e toma de Numancia (133 a C). Partidarios de Sertorio durante as guerras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ávila, Castela e León, na confluencia do Adaja e do Arevalillo (7.375 h [1991]). Importante núcleo da arquitectura mudéxar, conta coa torre da Igrexa románica de San Martín, a ponte, os restos do Castelo (s XV), a Igrexa de Santa María e a Igrexa de La Lugareja (s XII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segunda fase da cultura de Kaminaljuyú (Guatemala), pertencente ás culturas arcaicas da América Central, e datada ao redor do ano 1200 a C. Semella que as súas plataformas e pirámides de pedra foron o antecedente da arquitectura monumental das grandes civilizacións americanas precolombianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista guatemalteco. Deuse a coñecer polas súas compilacións poéticas, adscritas ao Modernismo; emporiso, a súa obra máis destacable son os seus relatos ‘psicozoolóxicos’, influídos polo Surrealismo, como El trovador colombiano (1914). Tamén escribiu novelas de intención política como La oficina de Paz de Orolandia (1925) e El mundo de los Maharachias (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Oficial da Mariña e xornalista. Foi colaborador en El Correo Gallego (Ferrol) e publicou unha colección de contos coñecida como Ocios de Camarote (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborou na prensa local ferrolá (El Correo Gallego e Diario Ferrolano) e americana; así mesmo, foi fundador dos semanarios ferroláns El Merlo e Ferrol Grotesco. En castelán escribiu as novelas Sorpresa amorosa (1902), Misterios del lupanar (1906) e El santiño (1911). Como dramaturgo escribiu a peza titulada Un viaje por Ferrol (1901) e propuxo unha renovación da escena na obra titulada El Hombre-Galicia. Poesía. Música. Pintura. Cantos. Declamación. Arte de nuestra Tierra (1912). Dentro da poesía destaca o seu poema en galego titulado “A carta do quintorro”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista de orixe galega que participou activamente no obreirismo cubano, como dirixente da Federación Obrera Marítima Nacional, durante o período comprendido entre as dúas guerras mundiais. De ideario socialista moderado, fundou na Habana en 1923 o xornal Acción Socialista, dende onde combateu o influxo comunista e anarcosindicalista nos sindicatos, defendendo a efectividade dos organismos de conciliación e arbitraxe. En 1927 liderou a Federación Cubana del Trabajo, na liña da American Federation of Labour de Samuel Gompers, e afiliouna á Federación Sindical Internacional con sede en Amsterdam, de carácter reformista. Representando a devandita central sindical, viaxou en diversas ocasións a Xenebra para asistir como delegado ás conferencias promovidas pola Organización Internacional del Trabajo (OIT). Ademais de varios folletos sobre a problemática sindical cubana, publicou Por tierras de Galicia (A Habana, 1929) e Viajando; Impresiones de España y de Galicia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político guatemalteco. Primeiro Presidente do seu país (1945-1950) durante o período revolucionario instaurado á caída do ditador J. Ubico (1944). Introduciu reformas democráticas e practicou unha política anticolonialista. Deixou un código penal e un proxecto de reforma agraria que o seu sucesor, Arbenz, levaría a cabo a partir de 1951. Autor, entre outras obras, de Guatemala: la democracia y el imperio (1954) e Anticomunismo en América Latina (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Arezzo, na rexión da Toscana, Italia, situada no alto val do Arno (90.005 h [1991]). Cidade de moita importancia durante o período etrusco, e colonia romana durante o Imperio. Dende o s XI foi gobernada por cónsules. No 1384 foi tomada e vendida a Florencia, principiando a súa decadencia. Os etruscos deixaron boas mostras de escultura en bronce como a Quimera de Arezzo (s V a C). Na época romana, a cidade chegou a ser a máis importante produtora da cerámica denominada terra sigillata. O monumento máis importante é a Igrexa da Pieve di Santa Maria (ss XII-XIII), dun Románico caracteristicamente pisano. Trátase dunha das zonas nas que máis abundan as empresas dedicadas á ornamentación con ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO