"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especie de buxaina, sen punta de metal, que se fai bailar golpeándoa cun látego pequeno.
-
PERSOEIRO
Tenista alemán. Acadou sona internacional ao gañar en 1985 o Campionato de Wimbledon, no que repetiu vitoria 1986 e 1989. Tamén gañou outros campionatos: o Grand Slam e os Open dos EE UU (Flushing Meadows) en 1989 e de Australia (1991 e 1996). Proclamouse tres veces Campión do Mundo (1988, 1992 e 1995) ao vencer no Masters ‘torneo de mestres’, reservado aos tenistas mellor clasificados ao remate da temporada. Como integrante do equipo alemán obtivo a Copa Davis en 1988 e 1989.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ensaísta, caricaturista e crítico literario inglés. As súas coleccións de caricaturas, recollidas en volumes dende 1913, fano o mellor continuador da tradición inglesa nesta arte. É autor, entre outras, das seguintes obras: A Christmas Garland (Garlanda de Nadal, 1912), The Works of Max Beerbohm (As obras de Max Beerbohm, 1896) e Seven Men (Sete homes, 1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xogo entre dous equipos de nove xogadores que se alternan en posicións ofensivas e defensivas e que tratan de completar o maior número de carreiras válidas (runs), arredor dun campo, segundo as convencións regulamentarias. A pelota, dura e elástica, ten 22,86-23,50 cm de circunferencia e pesa 142,5-148,3 gramos. O pivote do equipo defensor (pitcher), situado no centro xeométrico dun cadrado perfecto, lanza a pelota ao seu compañeiro receptor (catcher), situado nun dos ángulos do cadrado e diante do cal está parado o primeiro xogador do equipo atacante brandindo bate (bat), co que tenta interceptar e golpear a pelota. Se o bateador consegue golpear a pelota, ten que correr e conseguir chegar ao maior número posible de bases (situadas en cada un dos catro ángulos do cadrado) antes de que a pelota sexa collida por algún defensor que a pase ao vixilante de base (baseman). A vitoria é do equipo que consegue máis carreiras válidas. Deporte nacional...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo das xergas dos canteiros e dos telleiros que corresponde á voz ‘cabalo’.
-
PERSOEIRO
Humanista. Secretario de León X. Latinista ciceroniano, historiador de Venecia e poeta petrarquista e neoplatónico. Destacou como filólogo coa súa obra Prose della volgar lingua (Prosa da vulgar lingua, 1525), onde defende o florentino como lingua literaria, fundamentándose nas obras de autores como Petrarca e Boccaccio. Con esa defensa da literatura en lingua vernácula no canto do latín, pretende alcanzar, no idioma italiano, a perfección lingüística que tivera a lingua clásica e que acadaran Cicerón e Virxilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Deuse a coñecer como poeta coa obra Marionetterna (Os monicreques, 1903). Nas súas novelas describiu os problemas da cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Membro dunha familia de pintores, foi coñecido polo retablo San Francisco e escenas da súa vida, realizado para a igrexa de San Francisco de Pescia (1235). A súa arte representa un bizantinismo evolucionado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Wisborg. Diplomático sueco, fillo do príncipe Óscar Bernadotte e neto do Rei Óscar II de Suecia. Presentou aos aliados a oferta de capitulación nazi (1945). Desde 1946 foi presidente da Cruz Vermella, en 1948 foi delegado da ONU en Palestina co fin de actuar como mediador entre israelís e árabes. Morreu asasinado polos sionistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xograr probablemente galego a xulgar pola súa rúbrica: “En esta folha adeante se comenzan as cantigas d’amor. Primeiro trobador Bernal de Bonavalle” do hipotético Cancioneiro de Xograres Galegos que Resende de Oliveira discerneu no interior da estrutura xeral dos apógrafos italianos, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Ademais, adoita identificarse o topónimo Bonaval coa aldea homónima de Santiago de Compostela, daquela situada fóra das murallas e da vila, onde se ergue o mosteiro de San Domingos de Bonaval. Practicamente, toda a crítica opta pola súa orixe compostelá, aínda quen tamén hai que opta por atribuírlle outra orixe. Xa Resende de Oliveira subliñara que Bonaval é tamén o nome dunha vila de Toroño, na zona de influencia do bispado de Tui, que o magnate e trobador portugués Garcia Mendez d’Eixo, da familia dos Sousa, coñecía dabondo xa que casara con Elvira Gonçalvez de Toroño; deste xeito, o trobador estaría relacionado...
-
PERSOEIRO
Trobador occitano. É autor de cancións, serventesios e tenzóns, e de setenta e dúas coplas morais e satíricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador occitano. Unha gran parte das súas corenta poesías conservadas son serventesios políticos escritos con motivo de feitos de armas, xa que o trobador vía na guerra valores de virilidade, honra e beleza, inspirado, en gran parte, pola temática das cancións de xesta. A súa poesía cortés e amorosa é moi persoal; na súa Domma soisseubuda, con vestixios do vello mito de Pandora, imaxina unha dama que reúne en si mesma todas as perfeccións particulares das damas do seu ambiente, cousa que a converteu nun eloxio cortesán colectivo. Consérvase unha das súas obras con notación musical, aínda que tamén foi identificada a melodía doutra por István Frank.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista e compositor. Cun repertorio moi extenso (dende o Barroco ata os autores contemporáneos), actuou por toda Europa. Como compositor destaca a súa obra para piano Seguit (Serie, 1972) e o Concerto para piano e orquestra. Exerceu tamén como director de orquestra e recibiu o primeiro premio de dirección en Anveres no ano 1979.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe de debuxos norteamericana creada por Max Fleischer no 1930 e que representou a inclusión, nos filmes de animación, dos mitos femininos do decenio 1930-1940.
-
PERSOEIRO
Estadista e diplomático ruso. Como secretario da Emperatriz Catarina II, tomou parte nos acordos secretos co Emperador de Austria Xosé II. No 1787 foi nomeado primeiro mandatario de Asuntos Exteriores, cargo dende o que desenvolveu unha política pacificadora.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Tailandia. Noveno monarca da dinastía Rama. Sucedeu ao seu irmán Ananda Mahidol (1946). Foi coroado en Bangkok no 1950.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén bicarbonato.
-
-
Designación non sistemática do ión hidroxenocarbonato ou carbonato ácido HCO- 3.
-
Nome habitual que se lle dá ao hidroxenocarbonato de sodio.
-
Substancia que se utiliza para calmar a dor de estómago cando hai exceso de ácido nel e que facilita a dixestión.
-
Amortecedor fisiolóxico sanguíneo. A maior parte atópase en forma salina HCO-3:
FORMULA
pero a concentración de ácido pode aumentar facilmente ao diminuír a eliminación pulmonar de CO2, xa que o ácido carbónico está en equilibrio co seu anhídrido, volátil, nunha reacción catalizada pola anhidrasa carbónica:
FORMULA2
-
-
PERSOEIRO
Político. Participou na resistencia polaca. En 1933 foi condenado a sete anos de prisión. Foi Presidente da República (1947-1952) e no 1954 pasou a encabezar o comité central do Partido Obreiro Unificado polaco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
bilbaíno.