"Bol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
PERSOEIRO
Campesiño insurrecto ruso. Converteuse no líder dunha revolta que se estendeu por toda a Rusia centromeridional, a primeira da cadea de levantamentos que tiveron lugar nesta zona nos ss XVII e XVIII. Morreu asasinado trala derrota de Tula.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pedra arredondada de materia branda.
-
-
Apelido derivado da voz común borla, forma que provén do latín vulgar *burrŭla, derivado de burra ‘la burda’. O apelido presenta, xa que logo, metátese nas consonantes líquidas ao mudar r/l de lugar.
-
Liñaxe oriúnda de Santiago de Compostela. As súas armas levan, en campo de prata, unha borla. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Bolrón.
-
-
-
-
Saco de plástico, tea, papel ou doutro material flexible, formando unha cavidade, con abertura única por arriba, provisto ou non de asas para collelo, e que serve para gardar ou levar toda clase de obxectos.
-
Saquiño de tea ou de coiro no que se botan os cartos e que se pecha ou se ata para que non saian. OBS: Tamén se lle pode chamar bolsa dos cartos.
-
Peto na parte interior da faldra das mulleres, atado ou cosido, no que se gardaban os cartos.
-
-
Inflamación na pel provocada xeralmente por rozaduras ou queimaduras, que fai que esta se separe da carne e se encha de líquido.
-
Diñeiro ou riquezas que posúe unha persoa.
-
Calquera receptáculo do organismo que contén certo humor.
-
Cavidade ou estrutura anatómica que ten forma de saco, como a bolsa marsupial dos marsupiais ou a bolsa da tinta dos cefalópodos.
-
Cada unha das cavidades que conteñen os testículos.
-
Filón ou cavidade dunha mina onde abunda o mineral, un líquido ou calquera outro elemento.
-
...
-
-
-
-
bolsa de mercadorías
lonxa.
-
bolsa de traballo
Entidade de carácter público ou privado onde conflúen as ofertas e demandas de traballo. A súa misión é facilitar, cobrando ou de balde, traballo aos que o soliciten. Poden ter servicios de orientación e de selección.
-
bolsa de valores
Espacio público onde se realizan operacións sobre valores mobiliarios (públicos ou privados) a prezos determinados polas leis da oferta e da demanda. A bolsa de valores é o instrumento do financiamento a longo prazo da actividade económica dentro do sistema capitalista, mediante as transaccións de valores de renda variable (accións), fixa (obrigacións) ou pública (entre eles os da débeda pública) e dos dereitos de subscrición destes valores. Nas operacións de compra e venda actúan como intermediarios os axentes de cambio e bolsa, que son os únicos que poden realizar directamente esta negociación. Recollen todas as ordes de venda e compra dadas por particulares ou institucións respecto a un mesmo valor e confróntanas para determinar o cambio ou cotización do valor e poder efectuar así o maior número de ordes de compra e venda. A cotización dos valores efectúase en cada sesión de bolsa e adoita expresarse en porcentaxe sobre o valor nominal do título. Negócianse diversos tipos de títulos:...
-
Mercado organizado e abstracto, no que se reúnen profesionais, periodicamente, co fin de realizar compras e vendas de valores (públicos ou privados) ou produtos. Existen tres tipos que se dividen por causa das transaccións que se realizan nese mercado. A primeira delas é a bolsa de mercadorías na que se intercambian esencialmente produtos agrícolas, certos minerais, etc. Son bolsas deste tipo as lonxas tradicionais e os mercados internacionais de materias primas, como a de Chicago, onde se negocian os prezos do aceite de soia, o millo ou o trigo; Nova York, algodón, azucre ou café; ou Londres, ouro, prata, aluminio, cobre ou chumbo. Neste tipo de mercados as operacións baséanse nas expectativas sobre prezos, cantidades e épocas de entrega. As bolsas de valores son a base dos mercados de valores. Teñen un carácter máis amplo, posto que comprenden os mercados de emisión (de accións, obrigacións e valores públicos), as bolsas de valores propiamente ditas e os mercados...
-
subir/baixar a bolsa
Baixar ou subir os valores fiduciarios, especialmente os da débeda pública.
-
xogar á bolsa
Especular coa variación dos valores que se negocian.
-
bolsa de mercadorías
-
Edificio público, onde se realizan operacións comerciais de compra e venda de accións, valores financeiros, etc.
-
-
-
Contido dunha bolsa ou bolso.
-
Masa mineral ou rochosa que enche unha bolsa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dicionario enciclopédico ruso, destacado pola súa envergadura e o seu nivel científico. A primeira edición (1925-1947), dirixida por Otto Schmidt, consta de 65 volumes, ademais dun dedicado á URSS. A segunda edición (1950-1958), que tivo dous directores, Sergej Ivanovič Vavilov (1950-1951) e Boris Vvedenskij (1951-1958), consta de 50 volumes e un suplemento. No ano 1970 iniciouse a publicación da terceira edición, dirixida por Aleksandr Mikhajlovič, que consta de 30 volumes e da que existe unha edición en lingua inglesa.
-
-
Persoa que fai ou vende bolsas. Antigamente, os bolseiros eran mesterais que facían ou vendían bolsas de roupa ou pel.
-
Persoa a quen se lle concede unha axuda económica para realizar algunha actividade, principalmente de estudios.
-
Tesoureiro ou caixeiro encargado da custodia dos cabalos do común dun mosteiro ou dunha parroquia.
-
-
LAGOS
Lago de orixe volcánica do Lacio, Italia (114,5 Km2). Na súa ribeira atópanse as localidades de Bolsena, Marta e Capodimonte.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Recipiente de barro ou doutro material, cun buraco pequeno e estreito por onde se introducen as moedas que se queren aforrar.
-
Pequena bolsa de tea ou doutro material que vai cosida na roupa para levar cartos ou outras cousas.
-
Peza de roupa ou parte dunha peza de roupa que se coloca sobre o peito e que se suxeita con tirantes.
-
Peza dunha armadura que protexe o peito.
-
Construción de pequeno tamaño que representa as ánimas do purgatorio e que conta cun peto para recibir esmolas. Situados nas beiras dos camiños e nas encrucilladas, son unha mostra do culto popular aos mortos. A maioría deles están feitos de pedra, aínda que tamén se realizaron en madeira. A súa finalidade é a de recoller a esmola (pecuniarias ou produtos agrícolas) que se ofrece polas ánimas do purgatorio que non acadaron o descanso e que, unha vez liberadas, intercederán polo oferente. Estas representacións comezaron a estenderse no s XVII, pero o seu máximo esplendor alcanzárono no s XVIII; atópanse espalladas por todo o territorio galego e portugués, pero a súa influencia foi máxima no S de Galicia e N de Portugal. A tipoloxía é variada: hai petos de man, que se gardan no interior das igrexas, decorados coa representación das almas no Purgatorio e xeralmente de madeira policromada; e petos fixos, pétreos, que poden ser exentos, formar parte de cruceiros, ou estar anexados a muros particulares...
-
-
-
Ave da familia dos pícidos, da orde dos piciformes, que ten as temoneiras co extremo aguzado e a raque ríxida. Aliméntase de insectos e larvas que extraen das fendas da cortiza das árbores, cuxos troncos escala apoiándose no extremo do rabo.
-
Paxaro duns 16 cm de longo, con sexos iguais, que ten o rabo longo e redondeado, o bico curto, recto e agudo, as patas moi curtas con dous dedos diante e dous detrás, e a plumaxe gris con raias negras, amarelas e terrosas. Cando está en perigo reacciona torcendo o pescozo e levando o bico á cola. Atópase nos bosques de folla caduca, aniña nos ocos das árbores e aliméntase de formigas. É un paxaro migratorio que no verán habita no centro e S de Europa e no inverno emigra a África. En Galicia a súa presenza é estival, especialmente nas zonas do interior.
-
Ave de aproximadamente 21 cm e sen dimorfismo sexual, que ten a plumaxe negra e branca, pero co curuto vermello. Vive nas zonas altas dos bosques caducifolios e aliméntase de insectos, sementes, etc. Distribúese por Europa Central e Oriente Próximo, e a súa presenza en Galicia é rara.
-
Ave de 47 cm de lonxitude, de sexos iguais, que presenta plumaxe de cor negra, ollos amarelos e unha mancha vermella no curuto, que nos machos é máis longa ca nas femias. Habita faiais e bosques montañosos de coníferas dunha gran parte de Eurasia. En Galicia só aparece como visitante.
-
Ave de 14 cm de lonxitude, que presenta dimorfismo sexual. Ten a plumaxe negra e branca, pero mentres que o macho presenta unha mancha vermella no curuto, a femia tena de cor branca. Vive en bosques caducifolios, preto dos ríos, e distribúese por case toda Europa, aínda que en Galicia a súa presenza é moi pouco común.
-
Ave de 23 cm de lonxitude, que ten a plumaxe nas partes superiores negra manchada de branco e as inferiores abrancazadas, e as cobertoiras inferiores caudais vermellas. O macho ten unha mancha vermella na caluga, da que carece a femia. Habita nos bosques dunha gran parte de Eurasia e no NL de África, alimentándose de insectos, larvas, arácnidos, piñóns, etc. En Galicia está estendido por todo o territorio.
-
Ave de 31 cm de lonxitude, sen dimorfismo sexual, coa plumaxe verde, as partes inferiores máis claras e a rabadilla amarelada; as fazulas son cincentas e o curuto vermello. Habita en bosques e cultivos de Europa, Asia Menor e Irán, ata India, a partir dos 63°N. En Galicia é moi común en todo o territorio, agás en alta montaña.
-
-
-
Reunión dos bolsistas fóra das horas e sitio de regulamento.
-
Lugar onde esta reunión se realiza.
-
Centro de contratación oficial de valores, nas prazas onde non hai unha bolsa ou o seu carácter é restrinxido.
-
-
-
Relativo ás operacións de bolsa e aos valores que se cotizan.
-
Persoa física ou xurídica que exerce a súa profesión na bolsa e que realiza actividades bolsistas.
-
-
-
Bolsa pequena, cosida á roupa que serve para meter ou gardar obxectos pequenos ou as mans.
-
Bolsa pequena, de coiro ou calquera outro material, que serve para transportar obxectos de uso habitual.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cubeta endorreica característica de certas zonas áridas (Nuevo México, Arizona, etc).
-
PERSOEIRO
Dramaturgo e guionista cinematográfico. Acadou importantes éxitos teatrais con Flowering Cherry (Cariño florecente, 1957) e A Man For All Seasons (Un home para todas as estacións, 1960). Como guionista de cine destacou co seu traballo en Lawrence of Arabia (Lawrence de Arabia), Doctor Zhivago (Doutor Zhivago) e Ryan’s Daughter (A filla de Ryan).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista. Inicialmente se dedicou á pintura, derivando despois cara ás instalacións, nas que utilizaba a fotografía como soporte. Produciu historias humorísticas e tratou o tema da morte e o carácter sagrado da arte nas súas Composicións. Tamén é o autor de composicións teatrais e de representacións bidimensionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do condado de Lancashire, no NO de Inglaterra, Reino Unido (265.449 h [1996]). A súa economía está baseada esencialmente na industria, especialmente nos sectores téxtil (algodón), químico e eléctrico. O seu desenvolvemento económico veu propiciado pola súa condición de centro mineiro e por ser encrucillada de comunicacións ferroviarias. De gran tradición téxtil, Samuel Crompton construíu na cidade, en 1779, a mule-jenny para fiar algodón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de Leonardo da Vinci, posuía un notable vigor expresivo. As súas obras están debuxadas e modeladas cunha enorme precisión. É autor da Madonna Casio (1500), A nai de Deus e o neno e Narciso na fonte. Destacou tamén como un bo retratista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘peto’.