"Bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Danza de orixe francesa, de ritmo binario ou ternario, caracterizada por un desprazamento lateral dos pés. Estivo moi de moda desde principios do s XVI ata finais do s XVII. Supuxo a orixe das formas vivas na música clásica.
-
PERSOEIRO
Físico e médico francés. Interesado nas transmisións dos impulsos nerviosos na sinapse, dedicouse ao estudo dos contactos eléctricos imperfectos. Inventou o cohesor (1890), que Lodge (1894) e Marconi (1899) usaron nas primeiras transmisións radiotelegráficas. Intuíu a base física das antenas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de titanio e uranio, con outros catións que dan unha composición moi complicada e variable. Forma cristais prismáticos rómbicos ou tetragonais. É negro e localízase nas areas auríferas.
-
PERSOEIRO
Poeta salvadoreña. Empregou nalgunhas obras o pseudónimo de Claudia Lars. Foi directora da revista Cultura. Destacan, entre as súas obras, Romances de norte y sur (1946), Donde llegan los pasos (1953) e Girasol (1962). En 1975 publicouse postumamente Poesía última.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode branquear.
-
-
Que branquea.
-
Substancia co poder de branquear que actúa oxidando ou reducindo os materiais tratados con formas incoloras, formen ou non compostos solubles, e que son eliminados por lavado. Algúns deles, os branqueadores ópticos, branquean directamente por un efecto óptico. Xa na Antigüidade se coñecían as propiedades branqueadoras de certas substancias. Na Idade Media, o proceso de branqueo consistía en sucesivas inmersións dos tecidos en lixivias feitas con cinsas de diversas plantas e posterior exposición ao sol sobre a herba. Este procedemento perdurou ata o s XIX. Tralo descubrimento do cloro no s XVIII, este converteuse na base de moitos branqueadores industriais. Cara ao 1920 introduciuse como branqueador o peróxido de hidróxeno. Actualmente o branqueador máis usado é o hipoclorito de sodio (NaClO), que é a base das lixivias modernas. Outros branqueadores oxidantes son o clorito de sodio, empregado para o algodón e o papel; o cloro, usado para o papel, para a fariña e para os tecidos de orixe...
-
Substancia incolora dotada de intensa fluorescencia que absorbe radiación na rexión ultravioleta e visible do espectro e que é fluorescente principalmente na rexión correspondente á cor azul. Aumenta a sensación de brancura nos obxectos amarelecidos aos que se aplica. Actualmente se utiliza para case todos os materiais téxtiles e os papeis brancos.
-
-
-
olver de cor branca ou máis branca algunha cousa.
-
Aplicar xeso ou cal a unha superficie para deixala branca.
-
Limpar algunha cousa para que mostre a súa brancura. Úsase xeralmente referido aos metais.
-
Someter un produto hortícola á operación do branqueo.
-
Dar un lixeiro fervor a determinados alimentos, co fin de suprimir o forte cheiro e sabor de artigos como a coliflor, o repolo ou os riles, entre outros. Emprégase tamén este procedemento para suprimir impurezas, pór máis brancas algunhas carnes, avivar a cor dalgúns vexetais, diminuír o tempo de cocción de hortalizas que se rematan no forno ou facilitar o pelado dalgunhas froitas e verduras.
-
Converter en diñeiro legal o que se obtivo ilegalmente.
-
olverse algunha cousa branca ou clara.
-
Amosar algunha cousa a súa brancura.
-
-
-
Acción e efecto de branquear.
-
Práctica agrícola encamiñada a acadar que os órganos (follas, talos, etc) de certas especies hortícolas (leituga, escarola, apio, etc) queden tenros e sen pigmentación. Con este fin protéxense da luz as partes destinadas ao branqueo.
-
Tratamento con auga quente, vapor a presión ou presión atmosférica ao que se someten os alimentos, polo xeral produtos vexetais, antes da deshidratación, da conxelación ou do envasado. Axuda a preservar as vitaminas e a apariencia externa do alimento, incrementa a velocidade de secado e axuda a unha rápida reconstitución do produto seco. Presenta algunhas desvantaxes, como a perda de sabor picante e de sólidos solubles, azucres, sales e proteínas, ou dunha certa cantidade de vitaminas.
-
Baño químico empregado para eliminar a totalidade ou unha parte dunha imaxe. Emprégase no revelado de películas e na preparación de copias para darlles tons axeitados.
-
Operación de branquear a moeda de billón, unha vez fabricada, para darlle mellor aspecto.
-
Baño químico no que se combinan branqueador e fixador. Emprégase no procesado en cor e coñéceselle tamén co nome de blix.
-
Acción de branquear diñeiro. Trátase, normalmente, dunha entrada clandestina de diñeiro negro no circuíto monetario, sobre todo procedente do tráfico de drogas e doutras actividades ilícitas, para legalizalo.
-
-
-
Comezar a volverse branca algunha cousa.
-
Mostrar algunha cousa a súa brancura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras científicas indicando relación ou conexión coas branquias.
-
-
Cada un dos elementos en forma de lámina, de filamento, etc, que constitúen o órgano respiratorio dos animais acuáticos ou de respiración acuática. As branquias están formadas por evaxinacións cutáneas de tegumento moi fino e vascularizado, coa superficie normalmente aumentada por repetidas subdivisións (branquias dendriformes, plumoides, laminares, etc), para ter unha gran superficie de contacto co medio. Nas branquias ten lugar o intercambio de gases a favor de gradiente; o osíxeno disolto na auga pasa ao sangue e o CO 2 pasa do sangue á auga. As branquias son diferentes segundo os grupos. Poden estar dentro do corpo (branquias internas), como as dos peixes, ou non (branquias externas), como as das larvas dos anfibios. Aínda que en xeral as branquias son perennes, as que teñen as larvas dos peixes e anfibios raramente perduran máis alá do estado larval.
-
Sistema de respiración propio de certas larvas e certos adultos de insectos acuáticos, cuns pelos hidrófugos na cutícula que reteñen unha película incompresible de aire. A propia respiración traqueal do animal provoca a diminución da tensión de osíxeno dentro da película, que se restitúe coa entrada de osíxeno disolto na auga, mediante un sistema de equilibrio entre este e o nitróxeno. Permite ao animal unha inmersión prolongada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten branquias.
-
-
Relativo ou pertencente ás branquias.
-
Aparello respiratorio formado por branquias.
-
Arco óseo ou cartilaxinoso que soporta as láminas branquiais dos agnatos e peixes.
-
Cámara que contén as branquias nos peixes óseos.
-
Cavidade formada por unha pregadura cutánea que recobre as branquias das larvas acuáticas dos anfibios.
-
Cada unha das aberturas (de cinco a sete parellas) que aparecen nos dous lados da cabeza dos condritios. As fendas branquiais poñen en circulación a farinxe co exterior, e sobre elas se sitúan, pola parte de dentro, as láminas branquiais.
-
Cada unha das láminas dos arcos branquiais, irrigadas polas arterias branquiais, onde ten lugar a respiración branquial.
-
Respiración acuática realizada por medio das branquias. Teñen este tipo de respiración os animais acuáticos que respiran o osíxeno disolto na auga, como moitos moluscos, crustáceos acuáticos, larvas de anfibios e peixes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se caracteriza por ser azul e branco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten branquias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor derivado do epitelio dos arcos branquiais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das masas musculares embrionarias dos arcos branquiais. Aparecen normalmente no crecemento de todos os vertebrados nun número de seis pares.
-
-
Que pertence á clase dos branquiópodos.
-
Crustáceo da clase dos branquiópodos.
-
Clase de crustáceos de tegumento moi pouco calcificado, que presenta as primeiras antenas e as segundas maxilas reducidas, e as patas aplanadas como filopodios; estas constitúen o órgano respiratorio e son empregadas tamén para filtrar o alimento e para o desprazamento (agás nos cladóceros, que empregan as antenas). Son fundamentalmente propios das augas continentais e representan unha parte esencial do plancto das augas doces. Durante a época cálida, a poboación aumenta coa produción de femias por partenoxénese; sen embargo, en condicións desfavorables aparecen por meiose machos, de xeito que os ovos poden ser fecundados. Isto é moi importante para a súa supervivencia, xa que estes ovos fecundados teñen gran capacidade de resistencia ao medio adverso. Distínguense catro ordes: os anostráceos, que non presentan cuncha; os notostráceos, nos que a cuncha forma un ancho escudo dorsal; os concostráceos, cunha cuncha bivalva que agocha o resto do corpo; e os cladóceros, cunha cuncha da que sobresae...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das protuberancias dalgúns peixes formadas pola mucosa farínxea, situadas na beira interna dos arcos branquiais. A súa función é a de filtrar a auga respiratoria e reter as partículas de area e lama que poden obstruír as branquias, mantendo na farinxe as partículas alimentarias.
-
-
Que pertence á subclase dos branquiúros.
-
Crustáceo da subclase dos branquiúros.
-
Subclase de crustáceos da clase dos maxilópodos que engloba individuos de entre 5 e 10 mm de lonxitude que parasitan peixes mariños e de auga doce. Teñen o corpo aplanado, cunha cuncha cefalotorácica en forma de escudo que protexe a cabeza e os tres últimos segmentos torácicos, catro apéndices torácicos birrameados para a natación e un abdome curto sen segmentar. As maxilas están transformadas nun par de ventosas que aseguran a adhesión ao hóspede.
-