"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
GALICIA
Médico, psiquiatra e escritor. Foi catedrático de Anatomía nas universidades de Granada (1893) e Santiago de Compostela (1895). Compaxinou o seu labor docente coa dirección do Hospital San Roque e do Manicomio de Conxo. Publicou Programa de Anatomía Práctica (1883, 1896) e Anatomía Práctica (1898) e, no eido da Psiquiatría, escribiu varios traballos en De re phrenopatica (1915) e leu numerosas conferencias. En canto á literatura, cultivou poesía, novela e ensaio, alternando galego e castelán. Iniciouse en 1883 coa obra bilingüe, en prosa e verso, Mesa revuelta. Ensayos literarios. En 1891 publicou o poemario Rimas, enteiramente en galego. Varios poemas recollidos na obra recibiron premios, entre eles o titulado “Brétemas”, galardoado nos Xogos Florais de Tui (1891) e “O arco da vella”, o máis divulgado do autor, premiado nun certame literario celebrado en Vigo en 1881. En colaboración co seu fillo Xoán Barcia Eleizegui escribiu as novelas Dos...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Está situada no concello do Covelo. Foi mandada edificar polo abade Alberto Barreyro Bello, conserva na fachada unha inscrición co ano 1752. A porta principal, adornada por grosas molduras con orelleiras e flanqueada por pilastras, queda acubillada baixo un remate composto por pináculos asentados sobre un frontón curvo e partido. Da decoración xeométrica e vexetal que ocupa o espazo dispoñible no entaboamento e o tímpano destacan as aguias coroadas que sobresaen deste último e o Atlas que, sostendo o globo terráqueo, culmina o conxunto.
-
-
GALICIA
Médico militar. Escribiu varios artigos relacionados coa Medicina en publicacións científicas. Colaborou co seu pai, Xoán Barcia Caballero, nas novelas Dos almas (1907) e El señor Nin (1922). Conseguiu mencións en varios certames poéticos, como o celebrado en Santiago de Compostela en 1909.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Diplomático e político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e en Economía pola Universidade de Cambridge. Foi profesor na escola de Guerra Naval e na escola de Finanzas Internacionais. Tras acceder á carreira diplomática participou nas negociacións entre España e a CEE como secretario xeral da Delegación Negociadora Española e como secretario da Comisión Interministerial de Relacións coa comunidade (1965-1970). Foi secretario da embaixada da Delegación española ante os Organismos Internacionais en Xenebra (1970) e director xeral de SODIGA. Escribiu El acuerdo de España en el Mercado Común.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Catedrático en Medicina. Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse coa tese Las variaciones atávicas y las detenciones en el desarrollo, en el maxilar superior de los locos. En 1927 acadou a cátedra de Anatomía da Universidad de Salamanca e posteriormente trasladouse á de València, universidade onde ocupou os cargos de decano da facultade de Medicina (1945-1964) e reitor (1966-1972). Pioneiro na especialidade de neurocirurxía en España, foi o primeiro presidente da Sociedad Luso-Española de Neurocirugía e membro da British Society of Neurological Surgeons, Société Française de Neurochirurgie e Societá Italiana de Neirochirurgia, entre outras institucións científicas. Descubriu e desenvolveu un método para rexistrar as modificacións circulatorias intercraneais a través do cranio intacto que recibiu o nome de palencefalografía....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Doutor en Medicina, fillo de Juan José Barcia Goyanes. Doutorouse na Universidade de València, acadou a cátedra de Psiquiatría da Universidade de Santiago de Compostela e dende 1975 ocupa a cátedra de Psiquiatría da Universidad de Murcia e o posto de xefe de servizo do Hospital General. Membro de numerosas sociedades científicas, foi presidente da Sociedad Española de Psiquiatría e do Grupo para el Progreso de la Psiquiatría. Entre os máis de douscentos traballos publicados, cómpre destacar Tratado de Siquiatría, obra que consta de tres volumes e que foi escrita en colaboración con C. Ruiz Ogarra e J. J. López Ibor. Foi o director de dúas revistas médicas sobre Psiquiatría: Anales de Siquiatría e Siquiatría Dinámica e Sicoterapia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Licenciado en Dereito polas universidades de Oviedo e Madrid, ampliou estudios económico-sociais en Berlín e Marburgo. En 1910 colaborou en Acción Gallega e ingresou na Liga Agrario Redencionista, que nese ano se constituíu en Madrid, onde tamén presidiu o Ateneo. En 1911 integrouse no Partido Republicano Reformista que encabezaba Melquíades Álvarez. Elixido deputado na Segunda República, foi xefe de Izquierda Republicana no Congreso. Nos gobernos de Azaña e de Casares Quiroga foi ministro de Estado e presidente do Consello de ministros. No 1936 foi ministro de Asuntos Exteriores e, rematada a Guerra Civil (1936-1939), refuxiouse en Francia e posteriormente en Arxentina, onde desempeñou o cargo de ministro de Facenda do Goberno da República no exilio. Escribiu, entre outras obras, El pangermanismo (1916), La codificación progresiva del Derecho Internacional (1921), El Tratado de Locarno (1925), San Martín en América e Francisco...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Colaborador do xornal de Castelar La Democracia e fundador en Cádiz de El Demócrata andaluz. Despois da Revolución de setembro do 1868 foi deputado. En 1870 foi detido, acusado de formar parte do complot contra o xeneral Prim. No 1873 constituíuse en xefe dos insurrectos cantonalistas de Cartagena, pero fracasou nas súas tentativas e refuxiouse en Francia. Volveu a España, onde se afastou da política e se dedicou á redacción do seu Dicionario Etimológico de la lengua española.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Barcia.
-
PERSOEIRO
Profesora de ensino primario e actriz. Iniciou a súa traxectoria no taller de interpretación creado pola Escola Dramática Galega en Vigo, baixo a dirección de João Guisan, para logo participar na posta en marcha do obraboiro que promoveron en Cangas o grupo Mua e a Escola Dramática Galega e no seu primeiro e único espectáculo E vostede, como se chama?, estreado en 1985. Posteriormente, participou na creación de Teatro de Ningures, grupo co que realizou os espectáculos Zeussión Continua (1986), María Soliña (1988), Crónica de Pantagruel (1992), O polbo (1993), Macbett (1994), Tic-tac (1995) ou Terra de Lobos (1996). Co Centro Dramático Galego traballou nos espectáculos Como en Irlanda (1996), Lisístrata, ou de cando as mulleres reviraron (1997), O peregrino errante que cansou ao demo (1997), O Bufón de El Rei (1997) ou Antígona (1998). Participou tamén en espectáculos de grupos...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidad Complutense de Madrid. Desde 1948 desenvolveu actividades industriais como promotor de empresas: Grúbar (Madrid, 1954), empresa matriz do seu grupo; Ponteareas, empresa construtora (Madrid, 1958); Granitos de Galicia (Ponteareas, 1958); Cerámica San Julián (Madrid, 1959) e Aceros del Tea (Ponteareas, 1960). En 1965 fundou en Madrid a sociedade Mindanao, propietaria do hotel do mesmo nome. En 1965 foi nomeado conselleiro delegado da Editorial Compostela, editora de El Correo Gallego e O Correo Galego. No mesmo ano fundou a empresa Saglas, que se dedica principalmente ás obras públicas, e Candea, Industrias Plásticas. En 1969 creou Lasagra, empresa promotora de polígonos industriais e obras públicas, e en 1970 adquiriu Mugardos, empresa valenciana dedicada á transformación de madeira en aglomerados. Foi fundador, promotor e primeiro presidente...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Principios nos que se centraron os obxectivos do rexionalismo galego. Foron elaboradas por Alfredo Brañas en 1892 coa axuda de Pereiro Romero, Cabeza de León e Álvarez Ínsua, conforme ao patrón das Bases de Manresa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partida carlista galega moi temida, que tiña por caudillo a frei Saturnino Enríquez, un franciscano que fuxira o 14 de maio de 1835 do convento da Vot da Mercede en Melide para pasar a integrar as filas das guerrillas que defendían o Absolutismo a carón de Antonio López, quen estaba ao mando da partida de Sobrado-Arzúa-Melide. Formado no ano 1836, trala morte de Antón López, por desmembración da partida que dirixía, tivo o seu lugar de actuación na área de Mesía, nas terras do interior de Betanzos. O Batallón da Constancia tiña como segundos a Fraga e Andrés Carril, e adquiriu unha nomeada reputación de partida sanguinaria polas súas medidas represivas e polas súas sentencias sumarísimas. A violencia e as extorsións veñen a confirmar a escasa atención que lle prestaba ás recomendacións de moderación dadas polo presidente da xunta carlista galega, Juan Martínez Villaverde. En 1840 frei Saturnino fuxiu a Portugal, onde morrería en 1845 ou 1846, logo da disolución do seu batallón.
-
-
Relativo ou pertencente aos anfibios.
-
Denominación que reciben os anfibios, especialmente as ras e os sapos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Baxociano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo piso do Dogger ou Xurásico medio, situado enriba do Aaleniano e por debaixo do Batoniense. Comprende catro zonas de amonitas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa que abrangue os concellos de Baralla, Becerreá, Cervantes, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro.
-
GALICIA
Médico oftalmólogo. Realizou o primeiro estudo médico da historia redactado en lingua galega e titulado Ensaios para mellorar os resultados terapéuticos no estrabismo, que expuxo en decembro de 1958 na Academia Médico-Cirúrxica de Vigo. Froito das súas investigacións sobre esta materia aparece a invención do sinoptóforo, aparello óptico que buscaba reducir a dificultade de percepción visual das persoas estrábicas. Trala súa morte constituíuse en Vigo a Asociación Estrabolóxica Instituto Beiras. Entre as súas obras cómpre destacar: Contribución al tratamiento quirúrgico de la obstrución de las vías lagrimales (1944), Nuevo procedimiento para la oclusión alternativa en el tratamiento del estrabismo (1959), Novas orientaciós na ciruxía da catarata (1964), Tiempo, espazo y esfuerzo en la práctica oftalmológica (1964) e État actuel du Synoptophore à Televisión (Estado actual do sinoptóforo na televisión, 1965).
VER O DETALLE DO TERMO