"ECA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 560.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pel interior da castaña.
-
-
Relativo ou pertencente aos pelecánidos.
-
Ave da familia dos pelecánidos.
-
Familia de aves, da orde dos pelecaniformes, que miden entre 120 e 175 cm, e que se caracterizan por seren palmípedes, coas patas curtas, o pescozo longo e o peteiro grande, alongado e cunha bolsa amarela membranosa moi desenvolvida.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos pelecaniformes.
-
Ave da orde dos pelecaniformes.
-
Orde de aves palmípedes, caracterizadas por presentar patas curtas, cos dedos das patas unidos mediante unha membrana interdixital, e ventas pouco desenvolvidas ou ausentes. Son aves piscívoras e boas voadoras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos pelecánidos, que carecen de dimorfismo sexual, agás polo tamaño. Teñen a plumaxe de cor branca, coas ás moi desenvolvidas, longas e anchas, e flexibles nos extremos, e mantéñenas impermeables grazas ao aceite da glándula do uropixio situada preto da cola. Tamén posúen unha bolsa flexible no peteiro onde depositan os peixes que pescan, e as patas curtas e fortes. Son voadoras e boas nadadoras. Existen especies sedentarias, e outras migratorias, en función das chuvias e da abundancia de alimento. Das principais especies deste xénero destaca P onocrotalus, que habita nas marismas, nos lagos e nas ribeiras mariñas do SL de Europa ata China e África oriental. P. rufescens e P. roseus habitan en África, e P. erythorhynvhos e. P occidentalis en América.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polígono de quince ángulos e quince lados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca Penzol.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parroquia do concello de Barro baixo a advocación de santa María, onde está situada a capital municipal.
-
PERSOEIRO
Trobador portugués. Membro dunha familia da pequena nobreza da Beira Alta, no centro de Portugal, estivo activo no derradeiro cuarto do s XIII na corte de Afonso III, e probablemente tamén na de don. Denís. Apareceu no Livro de Linhagens do conde Pedro como fillo de Mem Gonçalves da Fonseca e hai referencias nun documento do mosteiro de Pendorada (1275) e da súa relación coa liñaxe dos Aboim e dos Portel. Consérvanse seis composicións da súa autoría, recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: cinco cantigas de amor (con xogos de repetición nos versos anteriores ao refrán) e unha de escarnio (“Chegou Paio de maas artes”).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Edificio destinado a conservar ou expoñer coleccións de pintura. Na Grecia antiga, era o lugar onde se atesouraban as ðἱíáêåò ou táboas pintadas de carácter votivo. En época helenística e romana comezaron a atesourarse coleccións de carácter máis artístico.
-
Colección de cadros.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e gravador. Iniciou a súa formación con Eduardo Rojas e con Carlos Sobrino Buhigas e Castelao, quen estimulou o seu interese polo gravado. Colaborou como debuxante na Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra (1923-1926), e en 1924 ilustrou Seara, o poemario de Herminia Fariña, empregando o procedemento da xilografía, ao igual que a novela Os Nenos (1925), de X. Filgueira Valverde. Nas súas ilustracións para os xornais Galicia. Diario de Vigo e Faro de Vigo empregou unha nova técnica: a linoleografía, iniciada por Castelao. Desde 1926 foi bolseiro da Deputación de Pontevedra e formouse durante tres na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Inscribiuse no ámbito da pintura paisaxística de tradición romántica (Mariña 1928; Luz de lúa e efecto de sol, 1929; Trebón, 1931), onde plasmou as que se ían converter en características esenciais da súa obra, como a preocupación polos efectos lumínicos e atmosféricos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben os individuos antropoides do xénero Pithecanthropus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de homínidos primitivos, englobado actualmente dentro das subespecies Homo erectus erectus e Homo erectus pekinensis. Viviu hai aproximadamente un millón de anos, na primeira metade do Plistoceno, ten caracteres propios dos simios, como cranio estreito, fronte moi inclinada cara a atrás, mandíbula robusta, queixo dirixido cara a atrás e diastema entre incisivos e caninos da mandíbula superior, pouca capacidade cranial e arcadas supraorbitais prominentes. Foron atopados restos en Xava e en China. OBS: Tamén se denomina home de Pequín.
-
-
Relativo ou pertencente a Ponte Caldelas ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Ponte Caldelas.
-
-
PERSOEIRO
Compositor. Actuou en Madrid e París, onde a súa ópera Non irritar le donne inaugurou (1801) o Théâtre des Italiens. Máis tarde residiu en Italia, onde estreou máis de vinte óperas e música relixiosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo que se refire aos tempos xeolóxicos anteriores ao Fanerozoico e, por conseguinte, inmediatamente anteriores ao sistema ou período Cámbrico, que se caracteriza pola ausencia case absoluta de fósiles. Abrangue desde a orixe da Terra, hai uns 4.500 millóns de anos, ata -570 millóns de anos, que é o comezo do Fanerozoico. Poderíase aceptarse unha división ampla en tres grandes intervalos xeolóxicos de tempo (do máis moderno ao máis antigo): Proterozoico (-570 a -2.500 millóns de anos), Arqueano (-2.500 a -3.800 millóns de anos), e os tempos anteriores, denominados Priscoanos ou Catarqueanos, que chegan á orixe da Terra (-4.500 millóns de anos). OBS: Tamén se denomina Criptozoico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Precámbrico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á célula ou á lesión que co tempo pode converterse nun cancro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lesión nun tecido que se pode transformar en cancro.